Archive for the Uncategorized Category

Posted in anarquismo, audiovisual, convocatorias, entrevistas, galiza, historia, internacional, noticias, opinión, península, publicacións, Uncategorized on Xaneiro 3, 2018 by abordaxe

PODES ATOPARNOS EN ABORDAXE.ORG

Contacta connosco en abordaxe@bastardi.net

As razóns da mudanza neste noso comunicado: COMUNICADO DE REFORMULACIÓN DE ABORDAXE!

COMUNICADO DE REFORMULACIÓN DE ABORDAXE!

Posted in anarquismo, audiovisual, convocatorias, entrevistas, galiza, historia, internacional, noticias, opinión, península, publicacións, Uncategorized on Setembro 26, 2017 by abordaxe

img130

“(…) Que é unha opinión? É unha idea alisada, unha idea que foi uniformizada de modo a tornarse aceptable para o maior número de persoas. As opinións son ideas masificadas. É importante para o Poder que estas opinións se manteñan, pois é a través da opinión e do seu control como consegue determinados resultados (…) Que significa entón opoñerse á fabricación de opinións? Significa adquirir máis información? Opoñer contra-información a información? Non, iso non é posible, pois non interesa como ollamos para ela. Non é posible opoñerte á enorme cantidade de información coa cal somos bombardeadas diariamente con contra-información capaz de desmascarar, a través dun proceso de investigación de causas escondidas, a realidade que foi coberta por todo aquel palabreado informativo. Non, nós non podemos operar nesa dirección. Cando tentamos facelo, decatámonos de que iso non ten sentido, de que nós non queremos nin somos capazes de convencer ás persoas. (…) Ese non é o tipo de traballo que precisamos facer, e en calquera caso non contén elementos de contra-información, ou se os contén é puramente accidental. Este traballo ten esencialmente o obxectivo, ou deberia ter, de construír unha idea ou un certo número de ideas-chave, un certo número de ideas fortes.”

A.M. BONANNO

—————————————————————————————————————————————–

No ano 2008 un feixe de individualidades anarquistas de distintos puntos da Galiza, xa ligadas por anteriores proxectos, relacións de afinidade e por unha coordinación informal, sentimos a necesidade de dotarnos de órganos de expresión e tamén de xerar un espazo de referencia para a comunicación no que as distintas sensibilidades antiautoritarias puidesen construír, desenvolver o seu discurso e confrontar ideas, ademais de facilitar a súa coordinación mediante un labor informativo e visibilizar a nivel internacional tanto as loitas antagonistas que se desenvolven na Galiza, como dar a coñecer nestas latitudes distintas realidades e contextos de loita contra a dominación noutros territorios do mundo. Deste modo levamos a cabo a creación dunha revista en papel, complementada por un blogue de carácter máis dinámico e periódico que axudasen a encher ese baleiro. A estas ferramentas sumamos no ano 2015 un boletín mensual en formato impreso co que plasmar de forma máis eficiente nas rúas a nosa actividade, distribuído en distintos centros de estudo e traballo e porsuposto tamén nos distintos espazos libertarios do terruño. Este boletín publicaría a súa última edición en maio de 2017, tras 19 números.

Hoxe, despois de 9 anos de comunicación virtual e impresa ininterrompida, cos seus acertos e erros, tomamos a decisión de virar o noso temón cara outros horizontes, se cadra máis ambiciosos, e desde logo máis enriquecedores para as persoas que facemos parte de Abordaxe!. Así é como tomamos a decisión de salientar nosa faceta editorial (que xa viñamos exercendo coa publicación da compilación dos textos “Arredismo e Anarquia” e a primeira edición en galego de “Memorias de Liberdade”) e suspender o traballo contrainformativo do blogue e do boletín. Neste punto, nun clima de mudanzas e debates internos no seo do colectivo, sentimos a necesidade de deternos e de reformular o proxecto como editorial, mantendo tamén a nosa revista como pedra angular na que como xa dixemos noutras ocasións, é onde mellor e con máis saña destripamos o cadáver desta sociedade autoritaria e onde máis alegremente pasamos pola quilla os principios que a sustentan.

O certo é que este xiro responde a novos desafíos. Á vontade de continúar aprendendo e fornecéndonos de ferramentas teórico-prácticas que axuden a poñer en evidencia as distintas operacións especiais dos sistemas autoritarios, á necesidade de confrontar e xerar ideas e debates-chave nunha realidade na que somos presas da democraticidade e o mercado das opinións, e porsuposto á intención de investigar e recuperar a memoria respecto da loita contra a dominación e dos tecidos comunitarios e autoxestionarios que ligaron este e outros territorios durante longo tempo asegurando a súa supervivencia. Porque ao igual que a Orde da dominación ten unha historia que consideramos importante examinar co fin de obter unha maior comprensión de como enfrontala, tamén a loita contra esta Orde ten unha traxectoria que representa un arsenal do que non estamos dispostas a renunciar e que consideramos moi útil no contexto da guerra social aquí e agora.

Somos conscientes e estamos seguras das virtudes e as dificultades de todo este apaixonante reto que pretendemos levar a cabo a través do noso traballo editorial e das ferramentas que este pode achegar. Tamén somos conscientes e valoramos o baleiro que pode deixar a falta dunha ferramenta informativa específicamente anarquista a nivel galego, especialmente no aspecto da coordinación e da difusión das accións, comunicados e convocatorias. Pero tamén é certo que os tempos que vivimos non son os mesmos que cando Abordaxe! naceu para encher ese baleiro. Temos claro que afortunadamente hoxe en día hai máis xente e máis vontade para realizar este tipo de traballo que cando nós comezamos, e intuímos que a curto ou medio prazo haberá compañeiras con intención e disposición de afrontar esta tarefa. Ademais, sendo honestas, consideramos que a deriva das “redes sociais” e a lóxica de determinados comportamentos propios da sociedade do espectáculo, invaden aos colectivos anticapitalistas e parte dos libertarios, e isto non facilita moito a tarefa de desenvolver un proxecto de comunicación desde a nosa perspectiva, e esta batalla, nestes momentos, non queremos librala desde unha barricada “contrainformativa”, á marxe do necesaria, válida e respectable que nos poida parecer esa formulación, que é a que nos trouxo ata aquí tras case unha década de existencia.

Aproveitamos tamén para anunciar que xa estamos argallando novas edicións e o número 7 da nosa revista, así como distintas actividades para financialas, e que estamos abertas a toda achega económica e solidaria, tendo en conta que partimos de cero € nas nosas arcas. Comezamos unha nova etapa embarcándonos nesta travesía coa convicción de transitar unha ruta que nos permita vivir contra vento e mareas, asaltando os buques dos poderosos, e convidamos a tódolos espíritos aventureiros, rebeldes e subversivos a navegar connosco.

Vémonos nos mares revoltos!

Abordaxe!

Agora podes atoparnos en abordaxe.org

Contacta connosco en abordaxe@bastardi.net

Pequeno manual para recuperar textos de webs vellas

Posted in Uncategorized on Febreiro 19, 2017 by abordaxe

depositphotos_30757767-stock-illustration-my-computer-makes-me-crazyBoas a todes, piratillas! Aquí Disnomia.

Seguro que moites de vós, en máis dunha ocasión, quixéchedes ler de novo, ou ter a man para unha palestra que estivésedes argallando, ou simplemente pasarlle a alguén nun momento concreto, textos que lembrábades e que pensábades que molaba espallar de novo, pero cando fúchedes na procura deses textos víchedes que as páxinas web que os aloxaban xa non existían, e con elas desaparecen os devanditos escritos. Isto é unha mágoa, pois había páxinas que no seu día albergaban unha boa cantidade de material interesante, que ao pechar eses dominios web, perdeuse. Pero como din por ahí, todo ten remedio menos a morte, e velaquí veño eu presentarvos unha ferramenta que, para quenes non a coñezades, seguro que vos axuda. Fálovos de Wayback Machine.

Wayback Machine é unha páxina web que permite recuperar as Seguir lendo

(Barcelona) Esnaquizadas as vidreiras dunha sucursal de La Caixa en solidariedade coa loita do pobo kurdo.

Posted in anarquismo, noticias, península, Uncategorized on Novembro 8, 2016 by abordaxe

Tiramos de La Rebelión de las Palabras, traducimos e espallamos este comunicado asumindo a responsabilidade polos danos causados a unha sucursal de La Caixa en Barcelona, en solidariedade coa loita do pobo kurdo.

Traducido para Abordaxe por Disnomia.

A noite do 5 de novembro de 2016 esnaquizáronse a marteladas os cristais dunha sucursal bancaria de La Caixa no barrio de Horta de Barcelona, en solidariedade coa loita que está a levar a cabo a poboación kurda, en Irán, Iraq, pero especialmente en Rojava e en Bakur (dentro do territorio turco), e contra a brutal represión que están a sufrir tanto organizacións políticas pro-kurdas como o HDP, como quen se enfronta ao terror do Daesh e do fascismo turco.

Durante a primeira semana de novembro de 2016, no estado de Turquía, puidemos ver imaxes tan bárbaras como a uns militares turcos Seguir lendo

Filhos da Quintã

Posted in Uncategorized on Xullo 22, 2016 by abordaxe

A começos do século XX, uma tribo de miúdos, esfarrapados e descalços, mas espelidos como os dos quadrinhos de Castelão, povoavam a zona velha de Compostela. Chamavam-lhes os “pilhos”, da “Internacional” dos malandros da casbá de Argel e os capitães da areia da Bahía. Nos dias de festa, na Ascensão e no Apóstolo, remoinhavam-se entre romeiros e cabeçudos á procura de senhoritos com que exercerem a redistribuição da riqueza. Com o decorrer dos anos e o acelerado processo de turistificação da cidade, foram expulsos do centro. Seres anfíbios por natureza, voltavam ao seu habitat natural: a periferia rururbana. Como na retomada duma longa noite passavam da regueifa ao hip-hop e do fiadeiro ao after. Caçadores-recoletores na pós-modernidade, assaltam regularmente a vila empunhando bilitroques. Nos petos, sprays e cornos de vaca-loura; nas sapatilhas, esterco, terra. No peito, aturujos de liberdade. E assim enchem as paredes de petróglifos indecifráveis e levam as cacharelas de São João ao centro, ao coração dos desertores do arado. E que-não-nos-morda-cadela-nem-cão.

Seguir lendo

[México] Apesar da repressão seguiremos indo às ruas. Texto sobre os acontecimentos do dia 20 de junho

Posted in internacional, Uncategorized on Xuño 23, 2016 by abordaxe

nochixtlan-police-barricadeAnte a repressão que existe no estado de Oaxaca pelo assassinato de pelo menos sete companheiros, e ante o exemplo da digna resistência do povo insurreto; coletivo e individualidades anarquistas decidimos fazer uma ação solidária em frente a casa que representa o governo de Oaxaca na Cidade do México. Seguir lendo

Repressão policial deixa ao menos seis mortos e 94 feridos no México

Posted in internacional, Uncategorized on Xuño 22, 2016 by abordaxe

Tirado de Diário Liberdade

oaxaca1

Forças policiais atacaram docentes em manifestações no sul do México, durante protestos contra a reforma educacional que se prolongam há 35 dias.

Não menos de seis trabalhadores/as morreram e 94 ficaram feridas na sequência da brutal repressão dirigida pelo governo burguês mexicano contra professores e professoras neste domingo (19/06) em Asunción Nochixtlán, Oaxaca, sul do México. Seguir lendo

[A Coruña] Concentración contra as multas por impedir desafiuzamento en Elviña

Posted in Uncategorized on Xuño 21, 2016 by abordaxe

Deixamos aquí o panfleto e o cartaz da concentración de hoxe martes, ás 20:30h, diante da subdelegación do goberno da Coruña, en protesta polas cuantiosas multas relativas ás movilizacións para impedir desafiuzamentos no barrio de Elviña:
policiaelviña3_1MÚLTANOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI

Xa pasou máis de ano e medio daquel 27 de novembro de 2014, no que a veciñanza de Elviña co apoio dos movementos sociais da cidade, pelexamos para evitar a barbarie do desafiuzamento de Varo e Isa; e a Subdelegación acaba de ratificar as 17 multas que nos puxeran por un total de máis de 7000€, polo que nos vemos na obriga de pagalas se non queremos ser embargadas. Seguir lendo

[A Coruña] Prescrito e arquivado o caso do C.S.O. A Casa das Atochas

Posted in Uncategorized on Xuño 20, 2016 by abordaxe

DESALOJO DE LA CASA OCUPA DE LAS ATOCHAS EN A CORU„A

Nada que non imaxinásemos xa desde hai tempo. O que ata agora era unha firme suposición acabábase de converter en puritita realidade: o xuízo contra os okupantes do Centro Social Okupado A Casa dás Atochas queda definitivamente arquivado por prescrición.

Así que xa é un feito: os activistas procesados por esta mítica okupación coruñesa, pioneira e precursora da consecuente ondanada de okupacions en Galiza, saen de rositas de todo o proceso. Boa noticia por partida dobre, pois deste xeito a avultada caixa de resistencia daquel proxecto usurpador poderá destinarse a outros nobles fins solidarios e antirrepresivos.

C.R. para Abordaxe!

Proposta para o debate: Se tocan a unha… tócannos a todas?

Posted in Uncategorized on Xuño 19, 2016 by abordaxe

1-300x200

Onte, sábado 18 de junho tivo lugar o debate «Se tocan a unha… tócannos a todas?. A proposta xurde do Colectivo Anarquista Nudo en base a este texto do que recomendamos a súa lectura. O principal eixo sobre o que se traballa é  o desenvolvimento de estratexias colectivas de cara á represión, un debate máis que necesario. O programa de radio madrileño «Cabezas de Tormenta», a raiz de esta iniciativa, entrevistou a varios compoñentes do colectivo, deixamos o enlace do programa aqui.