Pequeno manual para recuperar textos de webs vellas

depositphotos_30757767-stock-illustration-my-computer-makes-me-crazyBoas a todes, piratillas! Aquí Disnomia.

Seguro que moites de vós, en máis dunha ocasión, quixéchedes ler de novo, ou ter a man para unha palestra que estivésedes argallando, ou simplemente pasarlle a alguén nun momento concreto, textos que lembrábades e que pensábades que molaba espallar de novo, pero cando fúchedes na procura deses textos víchedes que as páxinas web que os aloxaban xa non existían, e con elas desaparecen os devanditos escritos. Isto é unha mágoa, pois había páxinas que no seu día albergaban unha boa cantidade de material interesante, que ao pechar eses dominios web, perdeuse. Pero como din por ahí, todo ten remedio menos a morte, e velaquí veño eu presentarvos unha ferramenta que, para quenes non a coñezades, seguro que vos axuda. Fálovos de Wayback Machine.

Wayback Machine é unha páxina web que permite recuperar as versións caché gardadas de páxinas antigas que xa pecharon, pero das que se conserva memoria. Dese xeito, permite volver a exploralas e mesmo descargar datos. Non permite unha navegación aberta e hai algúns contidos que non están dispoñibles por moito que usemos isto, pero eu xa logrei recuperar varios textos que no seu día estaban subidos en páxinas como Acción Vegana (unha páxina adicada á acción directa ilegal pola liberación animal, que contiña relatos de accións, comunicados, manuais prácticos…) ou Caosmosis (unha moi valiosa biblioweb antiautoritaria cunha chea de material escrito de moi diversa temática).

Convídovos a botarlle unha ollada. Explícovos como vai o trebello, é moi sinxelo ata para aquelas persoas sen moita habilidade coas novas tecnoloxías.

  1. Entrades na páxina (click aquí)
  2. Escribides no recadriño a URL completa da web que queirades visitar (por exemplo, a de Caosmosis sería http://caosmosis.acracia.net e a de Acción Vegana sería http://www.accionvegana.org ; non intentedes introducir esa URL no voso navegador sen máis porque non vai funcionar).
  3. Pulsades a tecla “Enter” ou pinchades onde di “Browse History”.
  4. Vaivos saír unha especie de almanaque con algunhas datas marcadas en azul. Pinchade sobre calquera delas. Son os rexistros de memoria da páxina. Tede en conta ao escoller que pode haber rexistros coa páxina xa pechada (unha vez o dominio web se volve poñer á venta ou se suspende). Fixádevos no ano e se vedes que non vai, botade uns anos para atrás.
  5. E voilá! Viaxe no tempo!

Agardo que esta pequena ferramenta vos permita atopar materiais que vos sirvan e manter vivos os proxectos de edición e reflexión antiautoritarios na Galiza e alén.

Vémonos nos mares revoltos…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: