Archive for the galiza Category

Três independentistas detidos na Galiza sob acusaçom de “enaltecimento do terrorismo”

Posted in galiza, noticias on Xuño 22, 2017 by abordaxe

c28244152e7bf09f4211196c14ce7790_XL

O Ministério do Interior repreme novamente a loita independentista na Galiza. Três persoas de Compostela, Vila Boa e Ourense, forom detidas sob acusaçom de “enaltecimento do terrorismo”, por participarem no passado dia 14 de maio, num ato público de recebimento do independentista galego Antom Santos, preso mais de cinco anos. As detidas saiam hoje da esquadra da Guarda civil de Compostela após o registro e requisamento de pertenças nas suas moradas, e sem terem passado polos julgados.

Seguir lendo

“Eucalyptus globulus” ou “Gasoline Tree” causa do “ecocídio” galego-português

Posted in galiza, internacional, opinión, península on Xuño 22, 2017 by abordaxe

Por O gajeiro na gávea

Seguem os média pretendendo criar um debate sobre como se originou esse fogo. Levam com essa teima desde o início da tragédia como se isso fosse de vital importância quando a cifra de pessoas mortas já atingiu as 64 e há mais de 200 feridas.

Começaram assegurando que nom houvera intervençom humana, que tudo fora causado por umha trovoada seca e que já atoparam o foco inicial numha árvore fendida por um raio como o “Olmo Seco” de Antonio Machado, mas depois, dada a vorágine destruitiva e a amplitude da extensom afeitada, já se falava de mais raios e mais árvores fendidas para explicar a existência de vários focos diferentes; entretanto tirarom de razons atmosféricas e do câmbio climático, das terríveis secas e de ventos extranhos que, numha coincidência espácio-temporal case paranormal, deu pê a enormes “bolas de lume” que avançavam a grande velocidade e mudavam de rumo sorpresivamente e que dariam para vários programas de Iker Jiménez; agora o presidente da Liga dos Bombeiros portugueses lembra que o fogo estava ativo duas horas denantes da trovoada e que tudo aponta a que “o incêndio teve origem em mão criminosa”. Seria fantástico para os governantes que tudo fosse por obra de um grupo de terroristas do lume que permitiram desviar a atençom das verdadeiras causas da tragédia. Seguir lendo

Rock, anarquia e drogas: assim foi o melhor e mais efêmero time de futebol galego

Posted in anarquismo, galiza, historia on Xuño 21, 2017 by abordaxe

Por Pau Riera

espanha-rock-anarquia-e-drogas-assim-foi-o-melho-1

Dejadnos Vivir” (Deixe-nos Viver) ganhou o único torneio que jogou. Hoje, quase todos os membros estão mortos por causa das drogas, mas a sua memória continua viva em um povo condenado pelo tráfico de drogas.

Em abril de 2011 Pacheco morreu queimado após suas roupas pegarem fogo ao tentar acender um cigarro. Foi a sétima morte do “Dejadnos Vivir”, uma equipe de dez jovens que arrasaram no único torneio que jogou. Seguir lendo

Un pequeno xesto de solidariedade desde Pontevedra para as 9 persoas detidas hoxe

Posted in galiza, noticias on Xuño 21, 2017 by abordaxe

Desde Pontevedra compartimos estas fotos dunha faixa que foi colocada esta noite nunha ponte da zona da Xunqueira, nun dos accesos principais á cidade. A nosa pequena contribución a seguir espallando na rúa a solidariedade coas 9 persoas que foron detidas hoxe, martes 20 de xuño, en Compostela, Ourense e A Coruña.

Porque nós tamén somos o Escárnio e Maldizer, porque sentímonos orgulloses do camiño andado e da integridade coa que moites compañeires están a afrontar este camiño de rebeldía difícil e cheo de obstáculos, pero tamén digno e fermoso. Porque para nós, o Escárnio non morreu neses catro muros de Algalia de Arriba. Botaremos de menos aquel lugar, sí, por suposto, e aínda sentimos a raiba e a tristeza mordéndonos a tripa ao pasar por diante e ver tapiadas portas e fiestras, pero o que alí se construiu e medrou segue connosco, levámolo dentro, nos recordos e en todas as cousas que aprendimos e que axudáronnos a medrar coma persoas e coma inimigas deste mundo, e iso non nolo quitarán nin as súas ostias, nin os seus gases, nin as súas multas, nin o seu medo.

Tócannos a unha, tócannos a todes!
Quitade as vosas noxentas mans dos nosos espazos e das nosas compas!

Solidaries

Pancarta Escárnio 1

Pancarta Escárnio 2

Alerta!! Detencións en Compostela, A Coruña e Ourense en relación aos incidentes polo desaloxo do Escárnio o 30 de maio.

Posted in galiza, noticias on Xuño 20, 2017 by abordaxe

18951318_780548715449554_1872572989155089909_n

Informa o infame Disnomia para Abordaxe!

Actualización 15:40 · URXENTE!: CONVOCATORIAS PARA ESTA TARDE EN SOLIDARIEDADE COAS DETIDAS.

Recibimos e espallamos  varios chamados a concentracións en apoio ás compañeiras detidas hoxe polos sucesos acontecidos en relación ao desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer o pasado 30 de maio.

En Compostela convocan ás 20:30 da tarde na Praza do Pan [Aprázase a hora ás 20:30 para non cadrar coa concentración polas persoas refuxiadas no Toural ás 20:00]

En Vigo convocan ás 20:30 na Praza da Princesa

En Lugo convocan ás 20:30 na Praza Maior.

En A Coruña convocan ás 16:30 nos Xulgados (Rúa Monforte, S/N)

En Ourense convocan ás 20:30 na Praza do Ferro.

En A Guarda convocan ás 20:30 na Praza do Reló.

En Ferrol convocan ás 20:30 diante da Fundaçom Artábria (Travesía Batallons, 7)

Actualización 15:30 · Os falsimedios sobre a represión de hoxe.

Segundo comezaron a informar xa os falsimedios da prensa do poder (eu atopei a nova na Coz, que a estas alturas xa terán recibido a información dos seus amiguiños policías), as 9 detencións realizadas hoxe (2 en Ourense, 2 en A Coruña e 5 en Compostela) terían que ver cos disturbios que tiveron lugar na tarde do 30 de maio nas rúas do casco vello de Compostela, tras o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer.

Polo que dixo a prensa, Seguir lendo

[A Coruña] Sobreseída a denuncia contra o CSO A Insumisa

Posted in anarquismo, galiza, noticias on Xuño 18, 2017 by abordaxe

Deixamos aquí esta información tirada do blogue anarquista coruñés “A Irmandade da Costa” que ven de actualizar a situación do CSO A Insumisa, despois de que se arquivase a denuncia interposta polo Ministerio de Defensa.

Vimos de saber, pola prensa comercial,  que o xulgado de instrución número 2 da Coruña arquivou a denuncia contra o Centro Social Okupado A Insumisa. Bueno, iso lendo entre liñas, posto que o panfleto pseudo-xornalístico La Voz de Galicia, nun alarde desinformativo moi típico deste voceiro do P.P., preferiu titular a noticia: “O concello consentiu a okupación da Comandancia segundo un auto xudicial”. Na súa cruzada particular contra as Mareas son capaces de converter o sobresemento dunha causa contra os okupas nunha condena ao concello. Polo que a nós respecta poden matarse entre eles, pero non deixa de sorprender o cariz goebbelsiano que está a asumir esta folla parroquial coruñesa. Seguir lendo

Un poema adicado ao CSOA Escárnio e Maldizer

Posted in galiza, opinión on Xuño 17, 2017 by abordaxe

Unha das moitas pintadas en solidariedade co Escárnio aparecidas en Pontevedra na noite do 9 de xuño.

Publica o infame Disnomia para Abordaxe!

Unha rapaza escribiu e publicou nos seus perfís en redes sociais este poema de seu que dedica ao CSOA Escárnio e Maldizer tras o desaloxo. Eu non vos teño redes sociais, danme arrepíos e noxo os ritmos e dinámicas que impoñen e ese sucedáneo de comunicación frívolo e mecánico que producen, pero ás veces recoñezo que atópanse cousas interesantes e que pagan a pena. Por iso, aínda que xa van dúas semanas tras o desaloxo e pasaron moitas cousas, despois de recibilo por parte doutra compañeira que mo enviou polo correo electrónico para que botase unha ollada, velaquí vos vai, coa introducción que publicou xunto co poema.

Nin xente sen casa nin casas sen xente.

É moi tarde pero non podo durmir porque estou triste. Estou triste porque fecharon un centro social okupado onde facíamos actividades tan extremistas como talleres de boxeo ou charlas sobre música. Estou triste porque os xornais din que as okupas eran violentas e a xente das manis di que a policía bateu contra nenos, porque hai un vídeo que no que agarran contra o chan a unha persoa inconsciente, porque hai un detido. Porque nas noticias non grabaron da porta para dentro para que non vírades as cores das paredes e o limpo que estaba todo, e as cortinas que facían de portas porque non había diñeiro pero si ilusión. Onte tampouco durmín polo mesmo motivo, e escribín un poema.

Para que non entremos
tapian portas e fiestras,
sen ver que se non entramos
tampouco entra a luz.

Non queren vivir esa casa,
non se vive nas casas tapiadas,
só queren que non entremos,
sen ver que tampouco entra a luz. Seguir lendo