Archive for the historia Category

COMUNICADO DE REFORMULACIÓN DE ABORDAXE!

Posted in anarquismo, audiovisual, convocatorias, entrevistas, galiza, historia, internacional, noticias, opinión, península, publicacións, Uncategorized on Setembro 26, 2017 by abordaxe

img130

“(…) Que é unha opinión? É unha idea alisada, unha idea que foi uniformizada de modo a tornarse aceptable para o maior número de persoas. As opinións son ideas masificadas. É importante para o Poder que estas opinións se manteñan, pois é a través da opinión e do seu control como consegue determinados resultados (…) Que significa entón opoñerse á fabricación de opinións? Significa adquirir máis información? Opoñer contra-información a información? Non, iso non é posible, pois non interesa como ollamos para ela. Non é posible opoñerte á enorme cantidade de información coa cal somos bombardeadas diariamente con contra-información capaz de desmascarar, a través dun proceso de investigación de causas escondidas, a realidade que foi coberta por todo aquel palabreado informativo. Non, nós non podemos operar nesa dirección. Cando tentamos facelo, decatámonos de que iso non ten sentido, de que nós non queremos nin somos capazes de convencer ás persoas. (…) Ese non é o tipo de traballo que precisamos facer, e en calquera caso non contén elementos de contra-información, ou se os contén é puramente accidental. Este traballo ten esencialmente o obxectivo, ou deberia ter, de construír unha idea ou un certo número de ideas-chave, un certo número de ideas fortes.”

A.M. BONANNO

—————————————————————————————————————————————–

No ano 2008 un feixe de individualidades anarquistas de distintos puntos da Galiza, xa ligadas por anteriores proxectos, relacións de afinidade e por unha coordinación informal, sentimos a necesidade de dotarnos de órganos de expresión e tamén de xerar un espazo de referencia para a comunicación no que as distintas sensibilidades antiautoritarias puidesen construír, desenvolver o seu discurso e confrontar ideas, ademais de facilitar a súa coordinación mediante un labor informativo e visibilizar a nivel internacional tanto as loitas antagonistas que se desenvolven na Galiza, como dar a coñecer nestas latitudes distintas realidades e contextos de loita contra a dominación noutros territorios do mundo. Deste modo levamos a cabo a creación dunha revista en papel, complementada por un blogue de carácter máis dinámico e periódico que axudasen a encher ese baleiro. A estas ferramentas sumamos no ano 2015 un boletín mensual en formato impreso co que plasmar de forma máis eficiente nas rúas a nosa actividade, distribuído en distintos centros de estudo e traballo e porsuposto tamén nos distintos espazos libertarios do terruño. Este boletín publicaría a súa última edición en maio de 2017, tras 19 números.

Hoxe, despois de 9 anos de comunicación virtual e impresa ininterrompida, cos seus acertos e erros, tomamos a decisión de virar o noso temón cara outros horizontes, se cadra máis ambiciosos, e desde logo máis enriquecedores para as persoas que facemos parte de Abordaxe!. Así é como tomamos a decisión de salientar nosa faceta editorial (que xa viñamos exercendo coa publicación da compilación dos textos “Arredismo e Anarquia” e a primeira edición en galego de “Memorias de Liberdade”) e suspender o traballo contrainformativo do blogue e do boletín. Neste punto, nun clima de mudanzas e debates internos no seo do colectivo, sentimos a necesidade de deternos e de reformular o proxecto como editorial, mantendo tamén a nosa revista como pedra angular na que como xa dixemos noutras ocasións, é onde mellor e con máis saña destripamos o cadáver desta sociedade autoritaria e onde máis alegremente pasamos pola quilla os principios que a sustentan.

O certo é que este xiro responde a novos desafíos. Á vontade de continúar aprendendo e fornecéndonos de ferramentas teórico-prácticas que axuden a poñer en evidencia as distintas operacións especiais dos sistemas autoritarios, á necesidade de confrontar e xerar ideas e debates-chave nunha realidade na que somos presas da democraticidade e o mercado das opinións, e porsuposto á intención de investigar e recuperar a memoria respecto da loita contra a dominación e dos tecidos comunitarios e autoxestionarios que ligaron este e outros territorios durante longo tempo asegurando a súa supervivencia. Porque ao igual que a Orde da dominación ten unha historia que consideramos importante examinar co fin de obter unha maior comprensión de como enfrontala, tamén a loita contra esta Orde ten unha traxectoria que representa un arsenal do que non estamos dispostas a renunciar e que consideramos moi útil no contexto da guerra social aquí e agora.

Somos conscientes e estamos seguras das virtudes e as dificultades de todo este apaixonante reto que pretendemos levar a cabo a través do noso traballo editorial e das ferramentas que este pode achegar. Tamén somos conscientes e valoramos o baleiro que pode deixar a falta dunha ferramenta informativa específicamente anarquista a nivel galego, especialmente no aspecto da coordinación e da difusión das accións, comunicados e convocatorias. Pero tamén é certo que os tempos que vivimos non son os mesmos que cando Abordaxe! naceu para encher ese baleiro. Temos claro que afortunadamente hoxe en día hai máis xente e máis vontade para realizar este tipo de traballo que cando nós comezamos, e intuímos que a curto ou medio prazo haberá compañeiras con intención e disposición de afrontar esta tarefa. Ademais, sendo honestas, consideramos que a deriva das “redes sociais” e a lóxica de determinados comportamentos propios da sociedade do espectáculo, invaden aos colectivos anticapitalistas e parte dos libertarios, e isto non facilita moito a tarefa de desenvolver un proxecto de comunicación desde a nosa perspectiva, e esta batalla, nestes momentos, non queremos librala desde unha barricada “contrainformativa”, á marxe do necesaria, válida e respectable que nos poida parecer esa formulación, que é a que nos trouxo ata aquí tras case unha década de existencia.

Nas vindeiras datas o noso blogue mudará o seu aspecto e prestacións para facilitar unha experiencia de navegación máis axeitada ás características da súa nova función. Aproveitamos tamén para anunciar que xa estamos argallando novas edicións e o número 7 da nosa revista, así como distintas actividades para financialas, e que estamos abertas a toda achega económica e solidaria, tendo en conta que partimos de cero € nas nosas arcas. Comezamos unha nova etapa embarcándonos nesta travesía coa convicción de transitar unha ruta que nos permita vivir contra vento e mareas, asaltando os buques dos poderosos, e convidamos a tódolos espíritos aventureiros, rebeldes e subversivos a navegar connosco.

Vémonos nos mares revoltos!

Abordaxe!

Contacta connosco en abordaxe@bastardi.net

Advertisements

Rock, anarquia e drogas: assim foi o melhor e mais efêmero time de futebol galego

Posted in anarquismo, galiza, historia on Xuño 21, 2017 by abordaxe

Por Pau Riera

espanha-rock-anarquia-e-drogas-assim-foi-o-melho-1

Dejadnos Vivir” (Deixe-nos Viver) ganhou o único torneio que jogou. Hoje, quase todos os membros estão mortos por causa das drogas, mas a sua memória continua viva em um povo condenado pelo tráfico de drogas.

Em abril de 2011 Pacheco morreu queimado após suas roupas pegarem fogo ao tentar acender um cigarro. Foi a sétima morte do “Dejadnos Vivir”, uma equipe de dez jovens que arrasaram no único torneio que jogou. Seguir lendo

Breve Viaxe hemerotérica ás profundidades da Escola de Náutica de Vigo

Posted in anarquismo, galiza, historia on Xuño 15, 2017 by abordaxe

carte-dela-bahie-de-vigo

Segunda achega de Epifanías Libertarias, magnífico exercicio no ámbito da investigación histórica, que consta de dous suculentos apéndices. O primeiro deles formado por:

Unha leconía: 1915-1923, creación e desenvolvemento.

1924: Desaparición e ludibrio.

Epílogo: 1925-1943.

E por último un segundo apéndice que leva por título:

José Pérez González.

Inclue un adianto de Epifanías Libertarias Vol. 2, en forma de descarga do exemplar de Solidaridad Obrera de Vigo, adicado ao 1º Congreso Regional Galaico de 192 Seguir lendo

A Coruña Libertaria: Os Ateneos Libertarios na Coruña

Posted in anarquismo, audiovisual, galiza, historia on Xuño 15, 2017 by abordaxe

Vídeo realizado por GalizaContrainfo con motivo da charla do historiador ferrolán Eliseo Fernández no Ateneo Libertario Xosé Tarrío.

A Coruña Libertaria: Anarquista ou nada. Mulleres libres e casas libertarias

Posted in anarquismo, audiovisual, galiza, historia on Xuño 14, 2017 by abordaxe

No marco das “xornadas pola memoria libertaria da Coruña”, tiveron lugar as intervencións de Carmen Blanco, autora do ensaio “Casas anarquistas de mulleres libertarias”, e Claudio Rodríguez Fer, autor do poemario “Ámote vermella”. Poesía e pingas de historia no CSO A Insumisa, en lembraza daquelas mulleres sen deus nin amo. Seguir lendo

A Coruña Libertaria: A libre xeografía da cidade

Posted in anarquismo, audiovisual, galiza, historia on Xuño 12, 2017 by abordaxe

Roteiro de recuperación da memoria libertaria da cidade, percorrendo as rúas con Manuel Rivas na procura das pegadas do movemento anarquista, vidas e obras de homes e mulleres loitadoras. Vidas e loitas truncadas polo alzamento fascista de 1936. Esta viaxe pola historia comezou na Dársena, onde se levou a cabo a queima de libros despois do golpe, fixo paradas en lugares de gran valor simbólico, como a rúa onde estaba o centros de estudos Germinal, e houbo tamén unha pequena homenaxe, no cemiterio de San Amaro, ás vítimas da represión na folga de 1901. Seguir lendo

Epifanías Libertarias Vol.1: Da descuberta en Bilbao do expediente de Manoel Antonio na “Escuela de Náutica de Vigo”

Posted in anarquismo, galiza, historia on Xuño 9, 2017 by abordaxe

Por Iria Presa

9145be_d6340df364a24c0393ad28cfd31f9d1e-mv2_d_3264_1904_s_2 (1)“Hay que sembrar la verdad a los cuatro vientos y que la recoja quien pueda”

-Ricardo Mella

Hai algúns anos que un traballo para Manuel Forcadela me fixo preguntarme onde estaba a “Escuela de Náutica de Vigo” en que estudara Manoel Antonio dado que a bibliografía non mencionaba nada sobre esta. Asemade, por ese traballo, souben da misiva dende a que Manoel Antonio (M. A.) aconsellaba ao pintor Álvaro Cebreiro “estudar o anarquismo, e sobre todo a sua forma mais práitica que é o sindicalismo” e comecei a visualizar a relación entre Manoel Antonio, José Villaverde Velo e Ricardo Mella. Mais foi no 2012 cando, impactada coa publicación do inédito pasquín anarquista “O Estado” dentro das Prosas de M. A., embarquei na realización do estudo esbozado en Gallaecia Liberta: un seguimento da vida e obra destes autores que chega a Lois Pereiro e visibiliza algúns dos lazos existentes entre eles. Seguir lendo