“Algumas verdades sobre o Individualismo Libertário”, por Júlio Carrapato

Posted in anarquismo, opinión on Febreiro 19, 2017 by abordaxe

caballo-individualismo-anarquismo-individualista-anarcoindividualismoDeixo a continuación este texto de Júlio Carrapato, prominente figura do anarquismo portugués das últimas décadas do século pasado co cal, alén de diversas diferencias e distancias que poidamos coller en certos termos e cuestións, recoñezo e valoro. Neste texto vémolo reflexionando sobre o anarquismo individualista e a súa validez, fronte ás calumnias e enganos dalgunhas correntes do marxismo (e mesmo do “anarquismo oficial”!) que condenaron estas formulacións dende a falacia, sen sequera comprender (ou se cadra, comprendendo moi ben, e sendo ese o motivo do seu empeño en destruir as propostas do anarcoindividualismo).

Publicado orixinalmente no número 1 do xornal “O Meridional” (abril 1978), tirado do blogue do Colectivo Libertario Evora e publicado na Abordaxe! por Disnomia.

Introdución do Colectivo Libertario Evora

Numa altura em que muitos, ainda inebriados pela teologia marxista-leninista, põem em oposição o individualismo ao associativismo ou o individuo ao colectivo, convém recordar aquilo que sempre distinguiu os anarquistas das Seguir lendo

Pequeno manual para recuperar textos de webs vellas

Posted in Uncategorized on Febreiro 19, 2017 by abordaxe

depositphotos_30757767-stock-illustration-my-computer-makes-me-crazyBoas a todes, piratillas! Aquí Disnomia.

Seguro que moites de vós, en máis dunha ocasión, quixéchedes ler de novo, ou ter a man para unha palestra que estivésedes argallando, ou simplemente pasarlle a alguén nun momento concreto, textos que lembrábades e que pensábades que molaba espallar de novo, pero cando fúchedes na procura deses textos víchedes que as páxinas web que os aloxaban xa non existían, e con elas desaparecen os devanditos escritos. Isto é unha mágoa, pois había páxinas que no seu día albergaban unha boa cantidade de material interesante, que ao pechar eses dominios web, perdeuse. Pero como din por ahí, todo ten remedio menos a morte, e velaquí veño eu presentarvos unha ferramenta que, para quenes non a coñezades, seguro que vos axuda. Fálovos de Wayback Machine.

Wayback Machine é unha páxina web que permite recuperar as Seguir lendo

Xira galega do colectivo Rojava Azadî

Posted in convocatorias, galiza on Febreiro 17, 2017 by abordaxe

cartel1O colectivo de solidariedade coas loitas emancipadoras do Kurdistán Rojava Azadî (Madrid), realiza unha xira pola Galiza coas charlas “A revolución de Rojava” e “A loita das mulleres kurdas” os vindeiros 22, 23, 24 e 26 de febreiro en Ourense, Compostela, A Guarda e A Coruña respectivamente. A seguir deixamos a programación: Seguir lendo

[Grecia] Sabotaxe a unha máquina de billetes de tranvía en Atenas por Grupo de Estudantes Indisciplinados

Posted in internacional, noticias on Febreiro 16, 2017 by abordaxe

En relación á nova que xa publicamos en Abordaxe sobre a sabotaxe de máquinas de billetes no transporte público grego (unha práctica xa desenvolta con anterioridade de xeito coordinado, obtendo como resultado decenas cando non centos de máquinas escaralladas en Atenas e noutras cidades), desta volta en resposta ao aumento do control, a vixilancia e a represión relacionados co seu uso, tiramos agora de La Rebelión de las Palabras (que traduce ao castelán desde a versión en inglés) e traducimos ao galego este comunicado asinado por “Grupo de estudantes indisciplinados” reclamando a responsabilidade pola sabotaxe dunha desas máquinas nunha estación do tranvía en Praza Vergioti, en Atenas.

Na noite do luns 6/2 destruímos a dianteira dunha nova máquina de tíquets na estación do tranvía “Praza Vergioti”. Esta máquina tería impreso os novos tíquets electrónicos, os cales son tamén unha parte da represión estatal xeneralizada da nosa liberdade de movemento. Non deberiamos aceptar pagar polo noso transporte diario, non deberiamos tolerar os torniquetes nas estacións de Metro, os revisores nin os novos tíquets-chivatos.

Chamamos Seguir lendo

“A era dos grandes propagandistas”-entrevista con Dolors Marín-

Posted in anarquismo, historia on Febreiro 16, 2017 by abordaxe

Das distintas entrevistas realizadas pola comisión de radio do XIV Encontro do Libro Anarquista de Madrid (celebrado en decembro do pasado ano), a realizada por Dolors Marín sobre a súa ponencia “A era dos grandes propagandistas”, é unha a destacar. A historiadora mergulla nos alicerces históricos da teoría e a práctica anarquistas analizando a algúns dos seus protagonistas e a súa proxección contemporánea.

Comunicado de Stop Desafiuzamentos A Coruña sobre a política habitacional do Concello

Posted in galiza, noticias on Febreiro 16, 2017 by abordaxe

Nos últimos meses Stop Desafiuzamentos A Coruña analizou nas súas asembleas a política de vivenda, de servizos sociais e de rescate cidadán do Concello da Coruña, observando numerosas e inadmisibles deficiencias: Seguir lendo

[Grécia] Sabotagem massiva a máquinas de bilhetes em resposta às novas medidas de vigilância e controle dos transportes de massas

Posted in internacional, noticias on Febreiro 16, 2017 by abordaxe

grecia-atenas-sabotagem-massiva-a-maquinas-de-bi-1O texto a seguir foi publicado por um grupo que realizou uma ação de sabotagem massiva às máquinas de bilhetes, velhas e novas (foto), em várias linhas de ônibus de Atenas. Esta ação foi uma resposta às novas medidas aplicada aos meios de transporte de massa (forma de controle e vigilância estritas; barras de intervenção nos ônibus e no metrô; câmeras de vigilância no interior dos vagões; vigilantes especiais para os meios d e transporte, em colaboração com a Policia; aplicação da medida do bilhete eletrônico (registrando os dados pessoais do passageiro e excluindo pessoas do uso dos meios de transportes). Seguir lendo