Archive for the convocatorias Category

[Compostela] Sábado 17 FESTA HORTERA da Rádio Kalimera

Posted in convocatorias, galiza on Xuño 10, 2017 by abordaxe

Tras o despejo do CSOA Escárnio, lugar onde tinhamos prevista realizar nossa Festa Hortera deste ano, nom iamos arredar-nos e como nom estamos quedas, falamos coa gente do CS do Sar (“Nós tamém somo do CS do Sar”, dado que lá temos nosso estúdio) e dito e feito nossa XXII FESTA HORTERA mantém a data anunciada, Sábado 17 de junho e o tema da problemática do turismo invasivo que padecemos as residentes nesta cidade como leitmotiv da festa. Seguir lendo

[Urxente] Cancelada a “Xornada Antiautoritaria pola Guerra Social” do sábado 10 de xuño no CSA do Sar (Compostela)

Posted in anarquismo, convocatorias, galiza, noticias on Xuño 6, 2017 by abordaxe

Recibimos na nosa caixa de correo e espallamos esta nota:

Boas, compañeiras!

Debido aos últimos acontecementos que tiveron lugar na cidade de Compostela e ás circunstancias que tales acontecementos foron creando nestes días, as individualidades anarquistas que organizabamos a actividade “Xornada Antiautoritaria pola Guerra Social” no CSA do Sar para o vindeiro sabado 10 de xuño sentimos ter que comunicar que decidimos desconvocar. Con todo, ficamos coas ganas, e agardamos sacala adiante nun futuro próximo.

Vémonos nas rúas!

Uns gatos pretos…

Manifestaçom em solidariedade co CSOA Escárnio e Maldizer · 10 de junho ás 21h na Alameda (Compostela)

Posted in convocatorias, galiza on Xuño 4, 2017 by abordaxe

DEFENDAMOS OS CENTROS SOCIAIS
DEFENDAMOS O ESCÁRNIO E MALDIZER

Bloco a bloco desfam-se os muros
Se nos tiram os espaços, multiplicamos a solidariedade

No ano 2014, um grupo de vizinhas de Compostela okupamos o antigo local da agrupaçom de baile e canto tradicional Cantigas e Agarimos fechado desde o 2011. O C.S.O.A Escárnio e Maldizer aparecia assi como um espaço para a gente no casco velho da cidade desenhado hoje para o turismo maciço e afastado das necessidades da vizinhanza. Durante três anos trabalhamos intensamente neste projeto; reabilitamos o edifício; enchemo-lo de ideias, diversas, que procediam de diferentes tradiçons políticas e sociais. Co passo do tempo, esse frio edifício em ruinas convertiria-se efetivamente no Escárnio e Maldizer erguido em contra das mais profundas raizes que sustentam o hetero-patriarcado capitalista; dizemos solidariedade, apoio mutuo, autonomia, horizontalidade, autogestom.

Neste 30 de maio de 2017 despejavam o Escárnio e Maldizer: cubriam as suas portas cum muro de cemento que ficará na memória coletiva como o irónico símbolo da injustiza e do insoportável; do que o Estado fai co que nom pode suportar. Mas os muros estam feitos para conter o que em princípio nom pode ser contido. Novamente, confirmava-se a engranagem sistémica: desde o Estado e a sua polícia, até os governos vários, até a específica Constructora La Rosaleda e a sua Empresa Alpanide, responsável da execuçom da obra. Por dinheiro aceitamos e por medo esquecemos. Seguir lendo

“Os bancos son unha basura!” · Campaña de solidariedade simbólica coas anarquistas acusadas de expropiar un banco en Aachen

Posted in anarquismo, convocatorias, internacional, península on Xuño 3, 2017 by abordaxe

Recibido por correo electrónico.

Lanzamos esta campaña contra os bancos para apoiar ás compañeiras acusadas dos atracos en Alemaña. Querémosvos convidar con ela a colar estes cartaces nos bancos do voso barrio o 6 de xuño e a enchelos de lixo.

Man aberta ás compañeiras, puño pechado ao inimigo.

[Ourense] Obradoiro de seguridade informática na Kasa Negra

Posted in convocatorias, galiza on Xuño 2, 2017 by abordaxe

Cartel Informatica OU

O vindeiro domingo 4 de xuño ás 17:00h en Ourense, a Kasa Negra (rúa Ponferrada nº26) acollerá un obradoiro de seguridade informática ao cargo da Asociación de Informáticas “Deconstruyendo”. A actividade está organizada por CNT-Vigo, Unión Anarcosindicalista da Coruña e a mesma Kasa Negra.

[Compostela] Xornada Antiautoritaria pola Guerra Social o vindeiro 10 de xuño no CSA do Sar

Posted in anarquismo, convocatorias, galiza, internacional on Xuño 1, 2017 by abordaxe

Recibimos e espallamos!

O vindeiro 10 de xuño no CSA do Sar teremos unha Xornada Antiautoritaria que comezará ás 18:30h e na que contaremos cunha presentación do fanzine “Réquiem por unha viaxe sen retorno” (a cargo do editor) que contén un texto do compañeiro Nikos Romanós (anarquista grego preso por participar na expropiación de bancos). De seguido, ás 20:00h pasaremos á palestra “O anarquismo fronte ao contexto represivo peninsular e internacional”, a cargo das compas Gabriel Pombo e Elisa di Bernardo, ambas anarquistas que sufriron a represión máis dura nas súas carnes, a compañeira Elisa na Italia e o compañeiro Gabriel no Estado español e na Alemaña (e, no caso de Gabriel, durante varias décadas). As compas farán achegas sobre a represión e o seu contexto duns anos a esta parte tanto a nivel peninsular como a nivel internacional, e sobre a nosa postura como anarquistas perante esa cuestión. Seguir lendo

[Lugo] Proxección do documental “Yes, we fuck!”

Posted in convocatorias, galiza on Maio 27, 2017 by abordaxe
yeswefuck
O colectivo transfeminista Translurpies organiza en Lugo a proxección do documental “Yes, we fuck!”. O evento terá lugar no salón de actos da facultade de maxisterio o próximo luns 29 ás 11:30 da mañáDespois da proxección realizaráse un debate. Contarán con interprete de lingua de signos. Seguir lendo