Archive for the anarquismo Category

DEICA OUTRA! UNHA NOTA SOBRE O PARÓN EN ABORDAXE!

Posted in anarquismo, galiza, noticias on Xullo 2, 2017 by abordaxe

010

Ola a todes, querides compañeires de travesía!

Tras varias xuntanzas e despois de meditar e debater seriamente sobre a situación actual do noso colectivo, pensamos que tras case 9 anos de actividade ininterrompida chegou o momento de facer un parón temporal. Isto non é un adeus, non desaparecemos, simplemente sentimos a necesidade de reformular este proxecto e pensamos que levamos demasiado tempo sen pararnos a facer unha reflexión en profundidade sobre os seus horizontes e sobre as pretensións e traxectorias individuais que nos levaron a confluír dentro do mesmo. Por iso, para continuar coñecéndonos, compartir momentos alén do ámbito estrictamente militante e para pensar ben cara onde queremos dirixir o noso barco, facemos unha pausa estival coa intención de regresar con máis forzas e aires renovados dentro duns meses, para seguir conspirando contra o monopolio ideolóxico da autoridade.

Ata ese momento, o blogue permanecerá inactivo.

Vémonos nas rúas e nos mares revoltos!

CNA italiana solicita apoio ao fundo solidário

Posted in anarquismo, internacional, noticias on Xuño 28, 2017 by abordaxe

italia-cna-solicita-apoio-ao-fundo-solidario-1

Como há necessidade constante de dinheiro para apoiar aos companheiros.as encarcerados.as e temos tantos gastos, voltamos a chamar às individualidades e espaços anarquistas que possam/queiram contribuir ao Fundo do Projeto Croce Nera Anarchica [Cruz Negra Anarquista].

Aqui estão os detalhes: Seguir lendo

[Pontevedra] Cartaz pola defensa da terra e en solidariedade coas presas anarquistas de longa condena

Posted in anarquismo, galiza, internacional on Xuño 25, 2017 by abordaxe

Recibimos este cartaz dun compañeiro de Pontevedra que, segundo nos informa, “estivo a ser espallado pola cidade últimamente e pretende ser unha contribución (tardía) á solidariedade coas presas anarquistas de longa condena, tras un novo 11 de xuño”.

Para descargar en PDF para imprimir facede click aquí. O tamaño axeitado é A-3.

ECOTERRORISTA É QUEN DEVASTA A NATUREZA E A VIDA SALVAXE!

Eucaliptización dos montes, causa da desaparición de especies autóctonas, e incendios forestais provocados para especular cos terreos…

Minas a ceo aberto e pozos de Fractura Hidráulica, matando o chan fértil e envelenando ou esnaquizando cada acuífero… Seguir lendo

[A Guarda ] CS O Fuscalho e Mërda Criu organizan presentación do libro “Diario e Ideario de un delincuente… y otros textos”, de Gabriel Pombo da Silva (a cargo do seu autor)

Posted in anarquismo, convocatorias, galiza on Xuño 25, 2017 by abordaxe

Recibimos e espallamos esta convocatoria das nosas queridas salvaxes do Baixo Miño.

Venres 30 de Xuño ás 20.00 horas.

Presentación do libro “Diario e Ideario de un delincuente… y otros textos”, de Gabriel Pombo da Silva.

Gabriel pasou case 30 anos da súa vida en prisión, vinte deles en cárceres españolas, afrontando un amplo abanico de castigos por non dobregarse ás esixencias do Estado. Guerreiro infatigable dentro e fora dos muros, nunca abandonou a loita anarquista. Seguir lendo

[Audio+Video] Materiais da actividade “Experiencias e expresións de solidariedade cxs presxs da guerra social” realizada recentemente en Recoleta, Chile.

Posted in anarquismo, audiovisual, internacional on Xuño 25, 2017 by abordaxe

Tiramos de La Rebelión de las Palabras (que recibiu na súa caixa de correo) e espallamos estes materiais de audio e vídeo que recollen a actividade “Experiencias e expresións de solidariedade cxs presxs da guerra social” realizada recentemente en Recoleta, Chile.

Facendo click aquí podedes acceder á publicación distribuída durante o devandito evento.

Primer bloque de exposicións:

1 – Inicio Foro .

2 – Exposición sobre a Experiencia Kamina Libre ( Rodolfo e Pablo).

3.-Exposición sobre as Redes de apoio (Neuquen).


4 – Solidariedade con Freddy, Marcelo e Juan.


5 – Preguntas do Primeiro Bloque

Seguir lendo

A Distribuidora Anarquista Polaris edita “¿Por qué los misóginos son tan buenos informantes?: Cómo la violencia de género en la izquierda facilita la violencia del Estado en los movimientos radicales” de Courtney Desiree Morris

Posted in anarquismo, galiza, publicacións on Xuño 23, 2017 by abordaxe

Recibimos e espallamos da Distribuidora Anarquista Polaris esta nova publicación cun texto que veñen de traducir e editar.  Para ler online ou descargar:

“Quixera dicir algo, pero quizais sexa inútil. Volvéronnos a enganar, unha vez máis de xeito sutil, como o adoitan facer. Fomos xenerosas, acolledoras, maternais. Falamos, discutimos, cantamos, exhibimos ata os máis inxenuos dos nosos berros, sen comedimiento, sen pudor feminino, coa absurda esperanza de facer comprender a quen non pode comprender, nin quere comprender, canta liberdade, canta autenticidade, canto amor, canta vida quitóusenos. Todo foi inútil, irmás. Os ollos dese home que circula entre nós, coa súa cara falsamente respectuosa e que di que quere informarse, coñecernos mellor, porque só coñecéndonos mellor poderá cambiar a súa relación connosco, de todas as súas falsas e hipócritas xustificacións, esta é a máis sucia. Como vos ía dicindo, os ollos deste home son os ollos do sempiterno macho que o deforma todo porque todo veo no espello do ridículo e a burla. O senvergoña é sempre o mesmo…”

– W.I.T.C.H. (Women´s International Terrorist Conspiracy from Hell).

O presente texto, titulado orixinalmente “Why Misogynists Make Great Informants: How Gender Violence on the Left Enables State Violence in Radical Movements” foi escrito por Courtney Desiree Morris, activista feminista negra que vive nos EUA, e publicado no número de Primavera/Verán de 2010 da revista feminista Make/Shift. Eu traducino a castelán (ata onde eu sei é a primeira tradución dispoñible) tamén coa intención de tentar dar difusión a unha voz feminista e negra sobre este asunto, en lugar de seguir reproducindo ideas de homes brancos cargados de privilexios (a pesar de que eu mesmo sexa un home branco cis que vive en Europa). Seguir lendo

Rock, anarquia e drogas: assim foi o melhor e mais efêmero time de futebol galego

Posted in anarquismo, galiza, historia on Xuño 21, 2017 by abordaxe

Por Pau Riera

espanha-rock-anarquia-e-drogas-assim-foi-o-melho-1

Dejadnos Vivir” (Deixe-nos Viver) ganhou o único torneio que jogou. Hoje, quase todos os membros estão mortos por causa das drogas, mas a sua memória continua viva em um povo condenado pelo tráfico de drogas.

Em abril de 2011 Pacheco morreu queimado após suas roupas pegarem fogo ao tentar acender um cigarro. Foi a sétima morte do “Dejadnos Vivir”, uma equipe de dez jovens que arrasaram no único torneio que jogou. Seguir lendo