Archive for the opinión Category

“Eucalyptus globulus” ou “Gasoline Tree” causa do “ecocídio” galego-português

Posted in galiza, internacional, opinión, península on Xuño 22, 2017 by abordaxe

Por O gajeiro na gávea

Seguem os média pretendendo criar um debate sobre como se originou esse fogo. Levam com essa teima desde o início da tragédia como se isso fosse de vital importância quando a cifra de pessoas mortas já atingiu as 64 e há mais de 200 feridas.

Começaram assegurando que nom houvera intervençom humana, que tudo fora causado por umha trovoada seca e que já atoparam o foco inicial numha árvore fendida por um raio como o “Olmo Seco” de Antonio Machado, mas depois, dada a vorágine destruitiva e a amplitude da extensom afeitada, já se falava de mais raios e mais árvores fendidas para explicar a existência de vários focos diferentes; entretanto tirarom de razons atmosféricas e do câmbio climático, das terríveis secas e de ventos extranhos que, numha coincidência espácio-temporal case paranormal, deu pê a enormes “bolas de lume” que avançavam a grande velocidade e mudavam de rumo sorpresivamente e que dariam para vários programas de Iker Jiménez; agora o presidente da Liga dos Bombeiros portugueses lembra que o fogo estava ativo duas horas denantes da trovoada e que tudo aponta a que “o incêndio teve origem em mão criminosa”. Seria fantástico para os governantes que tudo fosse por obra de um grupo de terroristas do lume que permitiram desviar a atençom das verdadeiras causas da tragédia. Seguir lendo

Un poema adicado ao CSOA Escárnio e Maldizer

Posted in galiza, opinión on Xuño 17, 2017 by abordaxe

Unha das moitas pintadas en solidariedade co Escárnio aparecidas en Pontevedra na noite do 9 de xuño.

Publica o infame Disnomia para Abordaxe!

Unha rapaza escribiu e publicou nos seus perfís en redes sociais este poema de seu que dedica ao CSOA Escárnio e Maldizer tras o desaloxo. Eu non vos teño redes sociais, danme arrepíos e noxo os ritmos e dinámicas que impoñen e ese sucedáneo de comunicación frívolo e mecánico que producen, pero ás veces recoñezo que atópanse cousas interesantes e que pagan a pena. Por iso, aínda que xa van dúas semanas tras o desaloxo e pasaron moitas cousas, despois de recibilo por parte doutra compañeira que mo enviou polo correo electrónico para que botase unha ollada, velaquí vos vai, coa introducción que publicou xunto co poema.

Nin xente sen casa nin casas sen xente.

É moi tarde pero non podo durmir porque estou triste. Estou triste porque fecharon un centro social okupado onde facíamos actividades tan extremistas como talleres de boxeo ou charlas sobre música. Estou triste porque os xornais din que as okupas eran violentas e a xente das manis di que a policía bateu contra nenos, porque hai un vídeo que no que agarran contra o chan a unha persoa inconsciente, porque hai un detido. Porque nas noticias non grabaron da porta para dentro para que non vírades as cores das paredes e o limpo que estaba todo, e as cortinas que facían de portas porque non había diñeiro pero si ilusión. Onte tampouco durmín polo mesmo motivo, e escribín un poema.

Para que non entremos
tapian portas e fiestras,
sen ver que se non entramos
tampouco entra a luz.

Non queren vivir esa casa,
non se vive nas casas tapiadas,
só queren que non entremos,
sen ver que tampouco entra a luz. Seguir lendo

Pouco tardaron… Os corpos represivos preparan xa as multas contra as persoas identificadas/detidas durante a terceira manifestación contra o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer (Compostela)

Posted in galiza, noticias, opinión on Xuño 14, 2017 by abordaxe

Para ler unha crónica detallada e pormenorizada dos feitos do pasado día 10 de xuño, premede aquí.

Informa o infame Disnomia para Abordaxe!

Segundo informaba hoxe a prensa burguesa (eu tirei a nova de Europa Press), a DGP (Dirección Xeral da Policía) estaría a tramitar 400 propostas de sanción administrativa para as 116 persoas identificadas durante a terceira e maior manifestación contra o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer de Compostela, realizada o pasado día 10 de xuño na cidade do apóstolo.

Ademais da represión máis bruta, en forma de malleiras, pelotazos de goma e botes de fume que caeron sobre manifestantes pacíficas e que en ningún momento entraran nunha actitude de ataque ou de resistencia violenta contra a policía, agora chega a quenda da represión administrativa. Nada, doutra banda, que polo menos quen isto escribe non estivese a agardar. Seguir lendo

Sobre madeiros e parásitos do pensamento único…

Posted in galiza, opinión on Xuño 12, 2017 by abordaxe

As compas de Punkostela colgaron onte, domingo 11, no seu perfil do Feisbuk este texto ao respecto da represión vivida o día anterior contra os protestos contra o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer en Compostela. O título escollido para este post é noso.

Existe un fungo chamado Cordyceps unilateralis, un parásito que é capaz de modificar a conducta da formiga á que infecta convertíndoa nunha especie de zombi. Unha vez infectada, a formiga entra nun estado de confusión que a leva a subir á parte superior dunha pranta onde se anclan ao nervio dunha folla coas súas mandíbulas. Alí, como se tivera sido mentalmente controlada, morre para servir de maceta ao parásito e asegurarlle a súa máxima distribución noutras víctimas.

Onte, gritabamos aos antidisturbios “para que levades casco, se non tedes cabeza?”. Teñen cabeza, unha da que sae o longo talo dun fungo alienante que non lles deixa ver máis aló, nen pensar individualmente, nen ter ideais… Só parálise do xuízo. Son escravos da máquina, do fungo, do Estado. Seguir lendo

Crónica da terceira manifestación en solidariedade co CSOA Escárnio e Maldizer (Compostela, sábado 10 de xuño)

Posted in galiza, noticias, opinión on Xuño 12, 2017 by abordaxe

Tras as mobilizacións anteriores, onte, sábado 10 de xuño, o colectivo do CSOA Escárnio e Maldizer convocara unha nova manifestación para responder o seu desaloxo o pasado martes 30 de maio. A semana anterior estivera marcada polas novas alarmistas e sensacionalistas ao redor da mobilización, resaltando o seu carácter ilegal e non comunicado á Subdelegación do Goberno, así como tamén por toda a manipulación dos distintos medios de prensa de maior tirada con respecto á actividade do centro social desaloxado, inventándose numerosas mentiras coas que encher as páxinas dos seus noxentos xornais, criminalizando todo o tecido social e o movemento de solidariedade que se estivo creando durante eses 3 anos de loita, autoxestión e actividade política e cultural antagonista e que tanto o día do desaloxo como en días seguintes estivo moi presente, de distintas formas e con distintas vías para expresar a súa raiba e o seu apoio ao Escárnio e a calquera outro proxecto autoxestionado de loita ameazado no Estado (por certo, forza para o CSOA La Redonda de Granada tamén baixo ameaza de desaloxo, ánimo, compas!). Seguir lendo

[Brasilia] Crónica dos disturbios do 24 de maio, por “Donxs de nós mesmxs”

Posted in anarquismo, internacional, opinión on Xuño 9, 2017 by abordaxe

Recibimos e espallamos!

“Uma manifestação que estava prevista como pacífica degringolou para a violência, vandalismo e desrespeito, agressão ao patrimônio público,  ameaça às pessoas, muitas delas servidores que se encontram aterrorizados, que nós estamos garantindo sua evacuação”

– Ministro da Defesa

Ocupa Brasília: movimento nacional, um chamado de críticos ao governo do presidente Michel Temer, críticos as reformas trabalhista e da previdência. Ao menos estas foram as reivindicações oficiais. Organizado por reformistas e esquerdistas de todas as laias.

É notório que nos protestos, nas broncas generalizadas na rua contra todas as faces da dominação e suas mazelas, a resistência de baderneirxs, a ofensiva de vândalxs tem se tornado realidade aguerrida, presente, preparada. Aos seres que abandonaram o papel de cidadãos e se articulam como inimigo da autoridade, do estado, do capital e seu ritmo suicida de progresso as cenas e vivências de desafio ao poder nestas jornadas são entusiasmantes, simbólicas, desordenadas, caóticas, inesperadas, e tão belas … como ver o ministério da agricultura, aquele antro do agronegócio, saudado com as chamas da revolta envolto na fumaça negra do incêndio.

A deriva na crise política total reformistas insistem em defender as instituições, o poder e a própria forma de domínio atual a democracia! Garantias de privilégios ou migalhas, medo do desconhecido… Seguir lendo

“Paz…” · Texto anónimo atopado nas rúas de Compostela

Posted in anarquismo, opinión on Xuño 3, 2017 by abordaxe

Hai uns días, unha digna e fermosa aínda que breve mostra de dignidade e raiba suspendía durante aproximadamente dúas horas a paz social compostelana, para dar paso aos enfrontamentos e á loita na rúa contra a policía mercenaria dos especuladores. Moitas foron as voces que alzaron durante e despois dos incidentes a súa hipócrita censura moral contra as accións das “violentas”, mentras aplaudían, como aplauden día tras día, a violencia atroz da propiedade e a orde mercantil, da policía e a lei.

Agora, colamos este texto anónimo que recibimos no noso correo electrónico e que segundo dicía a mensaxe, foi atopado nas rúas compostelanas.

Barricadas Escárnio

“PAZ…
É nacer por protocolo administrativo,
Sentir demasiado cedo o perigo de supervivencia,
Ser obrigadx a sentar, calar, acatar…
Paz é interiorizar a represión dos refluxos de vida autónoma
Ata facerte intolerante ao mínimo risco, dependente do confort
E así poder ser maleadx según os caprichos do diñeiro
Paz é moralización e persecución se pos un pé fóra do rego
Paz é invertir horas e horas da túa vida en actividades que só teñen
sentido para a economía Seguir lendo