[A Coruña] Concentración contra as multas por impedir desafiuzamento en Elviña

Deixamos aquí o panfleto e o cartaz da concentración de hoxe martes, ás 20:30h, diante da subdelegación do goberno da Coruña, en protesta polas cuantiosas multas relativas ás movilizacións para impedir desafiuzamentos no barrio de Elviña:
policiaelviña3_1MÚLTANOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI

Xa pasou máis de ano e medio daquel 27 de novembro de 2014, no que a veciñanza de Elviña co apoio dos movementos sociais da cidade, pelexamos para evitar a barbarie do desafiuzamento de Varo e Isa; e a Subdelegación acaba de ratificar as 17 multas que nos puxeran por un total de máis de 7000€, polo que nos vemos na obriga de pagalas se non queremos ser embargadas.

Pero hoxe non estamos aquí só para denunciar o absurdo e a desproporción de tales sancións, senón que tamén queremos aproveitar para seguir reivindicando o barrio de Elviña e advertir que, a pesares das súas ameazas e multas, seguiremos loitando.

Ese 27 de novembro, centos de veciñas enfrontáronse a un auténtico batallón de policía nacional UIP e policía local con material antidisturbios, nun despregamento sen precedentes nesta cidade. Resistiuse  desde o amencer ata a tarde, loita que xa comezara con concentracións e cortes durante os días antes do espolio  e que se mantivo tamén con posterioridade ó mesmo.

Finalmente fomos derrotadas, desafiuzaron a Álvaro Corral, á súa nai e aos seus dous fillos. Todos eles naceran e creceran nesa casa que construíu o  avó e tiña alí,  ademais, a súa horta e o seu negocio familiar, un taller de motos. Esa casa viu nacer e crecer a tres xeracións.

O caso de Varo ilustra á perfección o drama que viven as veciñas de Elviña con varias vivendas aínda en risco de desafiuzamento (desaloxo), máis as multimillonarias sumas que han de pagar de cotas as moitas compañeiras xa desafiuzadas, ao ser convertidas en promotoras forzosas.

Pero non todo balance é negativo,  en contraposición temos un barrio máis forte que nunca que non cala cando saquean as súas casa, a súa vila e a súa xente.

As multas perseguen un só obxectivo, desmobilizar. Non son sancións administrativas, se non intentos de cortar unha loita, castigala e reprimila.

Pero isto é xa imparable, canto máis forte sexa a súa represión, xa sexa por medio de Mordazas, golpes, porradas ou multas, máis forte alzaremos as nosas voces.

 

ELVIÑA NON SE VENDE, ELVIÑA SE DEFENDE

A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: