Archive for the publicacións Category

COMUNICADO DE REFORMULACIÓN DE ABORDAXE!

Posted in anarquismo, audiovisual, convocatorias, entrevistas, galiza, historia, internacional, noticias, opinión, península, publicacións, Uncategorized on Setembro 26, 2017 by abordaxe

img130

“(…) Que é unha opinión? É unha idea alisada, unha idea que foi uniformizada de modo a tornarse aceptable para o maior número de persoas. As opinións son ideas masificadas. É importante para o Poder que estas opinións se manteñan, pois é a través da opinión e do seu control como consegue determinados resultados (…) Que significa entón opoñerse á fabricación de opinións? Significa adquirir máis información? Opoñer contra-información a información? Non, iso non é posible, pois non interesa como ollamos para ela. Non é posible opoñerte á enorme cantidade de información coa cal somos bombardeadas diariamente con contra-información capaz de desmascarar, a través dun proceso de investigación de causas escondidas, a realidade que foi coberta por todo aquel palabreado informativo. Non, nós non podemos operar nesa dirección. Cando tentamos facelo, decatámonos de que iso non ten sentido, de que nós non queremos nin somos capazes de convencer ás persoas. (…) Ese non é o tipo de traballo que precisamos facer, e en calquera caso non contén elementos de contra-información, ou se os contén é puramente accidental. Este traballo ten esencialmente o obxectivo, ou deberia ter, de construír unha idea ou un certo número de ideas-chave, un certo número de ideas fortes.”

A.M. BONANNO

—————————————————————————————————————————————–

No ano 2008 un feixe de individualidades anarquistas de distintos puntos da Galiza, xa ligadas por anteriores proxectos, relacións de afinidade e por unha coordinación informal, sentimos a necesidade de dotarnos de órganos de expresión e tamén de xerar un espazo de referencia para a comunicación no que as distintas sensibilidades antiautoritarias puidesen construír, desenvolver o seu discurso e confrontar ideas, ademais de facilitar a súa coordinación mediante un labor informativo e visibilizar a nivel internacional tanto as loitas antagonistas que se desenvolven na Galiza, como dar a coñecer nestas latitudes distintas realidades e contextos de loita contra a dominación noutros territorios do mundo. Deste modo levamos a cabo a creación dunha revista en papel, complementada por un blogue de carácter máis dinámico e periódico que axudasen a encher ese baleiro. A estas ferramentas sumamos no ano 2015 un boletín mensual en formato impreso co que plasmar de forma máis eficiente nas rúas a nosa actividade, distribuído en distintos centros de estudo e traballo e porsuposto tamén nos distintos espazos libertarios do terruño. Este boletín publicaría a súa última edición en maio de 2017, tras 19 números.

Hoxe, despois de 9 anos de comunicación virtual e impresa ininterrompida, cos seus acertos e erros, tomamos a decisión de virar o noso temón cara outros horizontes, se cadra máis ambiciosos, e desde logo máis enriquecedores para as persoas que facemos parte de Abordaxe!. Así é como tomamos a decisión de salientar nosa faceta editorial (que xa viñamos exercendo coa publicación da compilación dos textos “Arredismo e Anarquia” e a primeira edición en galego de “Memorias de Liberdade”) e suspender o traballo contrainformativo do blogue e do boletín. Neste punto, nun clima de mudanzas e debates internos no seo do colectivo, sentimos a necesidade de deternos e de reformular o proxecto como editorial, mantendo tamén a nosa revista como pedra angular na que como xa dixemos noutras ocasións, é onde mellor e con máis saña destripamos o cadáver desta sociedade autoritaria e onde máis alegremente pasamos pola quilla os principios que a sustentan.

O certo é que este xiro responde a novos desafíos. Á vontade de continúar aprendendo e fornecéndonos de ferramentas teórico-prácticas que axuden a poñer en evidencia as distintas operacións especiais dos sistemas autoritarios, á necesidade de confrontar e xerar ideas e debates-chave nunha realidade na que somos presas da democraticidade e o mercado das opinións, e porsuposto á intención de investigar e recuperar a memoria respecto da loita contra a dominación e dos tecidos comunitarios e autoxestionarios que ligaron este e outros territorios durante longo tempo asegurando a súa supervivencia. Porque ao igual que a Orde da dominación ten unha historia que consideramos importante examinar co fin de obter unha maior comprensión de como enfrontala, tamén a loita contra esta Orde ten unha traxectoria que representa un arsenal do que non estamos dispostas a renunciar e que consideramos moi útil no contexto da guerra social aquí e agora.

Somos conscientes e estamos seguras das virtudes e as dificultades de todo este apaixonante reto que pretendemos levar a cabo a través do noso traballo editorial e das ferramentas que este pode achegar. Tamén somos conscientes e valoramos o baleiro que pode deixar a falta dunha ferramenta informativa específicamente anarquista a nivel galego, especialmente no aspecto da coordinación e da difusión das accións, comunicados e convocatorias. Pero tamén é certo que os tempos que vivimos non son os mesmos que cando Abordaxe! naceu para encher ese baleiro. Temos claro que afortunadamente hoxe en día hai máis xente e máis vontade para realizar este tipo de traballo que cando nós comezamos, e intuímos que a curto ou medio prazo haberá compañeiras con intención e disposición de afrontar esta tarefa. Ademais, sendo honestas, consideramos que a deriva das “redes sociais” e a lóxica de determinados comportamentos propios da sociedade do espectáculo, invaden aos colectivos anticapitalistas e parte dos libertarios, e isto non facilita moito a tarefa de desenvolver un proxecto de comunicación desde a nosa perspectiva, e esta batalla, nestes momentos, non queremos librala desde unha barricada “contrainformativa”, á marxe do necesaria, válida e respectable que nos poida parecer esa formulación, que é a que nos trouxo ata aquí tras case unha década de existencia.

Nas vindeiras datas o noso blogue mudará o seu aspecto e prestacións para facilitar unha experiencia de navegación máis axeitada ás características da súa nova función. Aproveitamos tamén para anunciar que xa estamos argallando novas edicións e o número 7 da nosa revista, así como distintas actividades para financialas, e que estamos abertas a toda achega económica e solidaria, tendo en conta que partimos de cero € nas nosas arcas. Comezamos unha nova etapa embarcándonos nesta travesía coa convicción de transitar unha ruta que nos permita vivir contra vento e mareas, asaltando os buques dos poderosos, e convidamos a tódolos espíritos aventureiros, rebeldes e subversivos a navegar connosco.

Vémonos nos mares revoltos!

Abordaxe!

Contacta connosco en abordaxe@bastardi.net

Advertisements

A Distribuidora Anarquista Polaris edita “¿Por qué los misóginos son tan buenos informantes?: Cómo la violencia de género en la izquierda facilita la violencia del Estado en los movimientos radicales” de Courtney Desiree Morris

Posted in anarquismo, galiza, publicacións on Xuño 23, 2017 by abordaxe

Recibimos e espallamos da Distribuidora Anarquista Polaris esta nova publicación cun texto que veñen de traducir e editar.  Para ler online ou descargar:

“Quixera dicir algo, pero quizais sexa inútil. Volvéronnos a enganar, unha vez máis de xeito sutil, como o adoitan facer. Fomos xenerosas, acolledoras, maternais. Falamos, discutimos, cantamos, exhibimos ata os máis inxenuos dos nosos berros, sen comedimiento, sen pudor feminino, coa absurda esperanza de facer comprender a quen non pode comprender, nin quere comprender, canta liberdade, canta autenticidade, canto amor, canta vida quitóusenos. Todo foi inútil, irmás. Os ollos dese home que circula entre nós, coa súa cara falsamente respectuosa e que di que quere informarse, coñecernos mellor, porque só coñecéndonos mellor poderá cambiar a súa relación connosco, de todas as súas falsas e hipócritas xustificacións, esta é a máis sucia. Como vos ía dicindo, os ollos deste home son os ollos do sempiterno macho que o deforma todo porque todo veo no espello do ridículo e a burla. O senvergoña é sempre o mesmo…”

– W.I.T.C.H. (Women´s International Terrorist Conspiracy from Hell).

O presente texto, titulado orixinalmente “Why Misogynists Make Great Informants: How Gender Violence on the Left Enables State Violence in Radical Movements” foi escrito por Courtney Desiree Morris, activista feminista negra que vive nos EUA, e publicado no número de Primavera/Verán de 2010 da revista feminista Make/Shift. Eu traducino a castelán (ata onde eu sei é a primeira tradución dispoñible) tamén coa intención de tentar dar difusión a unha voz feminista e negra sobre este asunto, en lugar de seguir reproducindo ideas de homes brancos cargados de privilexios (a pesar de que eu mesmo sexa un home branco cis que vive en Europa). Seguir lendo

[Portugal] Nova editora libertária publica livro sobre o anarquismo ilegalista

Posted in anarquismo, publicacións on Xuño 5, 2017 by abordaxe
  • Preferi roubar a ser roubado”
  • vários autores / Barricada de Livros / Lisboa 2017
  • 8 Euros

Um novo livro de uma nova editora libertária que agora inicia o seu labor em consonância com o aumento da influência que o anarquismo está a ter, mais uma vez, em todo o mundo e, também, na Península Ibérica.

Trata-se do primeiro livro de uma nova editora chamada Barricada de Livros e nele estão incluídos textos, nunca editados em português, de anarquistas ilegalistas sobre o roubo revolucionário. Seguir lendo

A Distribuidora Anarquista Polaris edita “Hasta que todes seamos libres… Una mirada crítica antiautoritaria a los vicios de la lucha contra el especismo”

Posted in anarquismo, galiza, publicacións on Maio 29, 2017 by abordaxe

As compañeiras da Distribuidora Anarquista Polaris de Pontevedra veñen de escribir e editar esta publicación de crítica e autocrítica do movemento animalista/antiespecista que comparten e presentan do seguinte xeito:

Presentámosvos a nosa nova públicación, titulada “Hasta que todes seamos libres… Una mirada crítica antiautoritaria a los vicios de la lucha contra el especismo” e que podedes descargar de balde facendo click nos enlaces a continuación ou conseguir copias físicas escribíndonos ao noso correo electrónico: distripolaris@riseup.net

Para descargar ou ler online a publicación:

Que nos leva a escribir e editar unha publicación como esta? Pois principalmente, a sensación de estar cada vez menos identificades coa forma e o contido que está a adoptar o veganismo e algunhas loitas contra o especismo. Seguir lendo

Revista Abordaxe nº6 xa na rúa!

Posted in anarquismo, galiza, publicacións on Maio 23, 2017 by abordaxe

img82

Ollo ao parche! A nosa revista acaba de saír do prelo!

Neste número 6 falamos de Ciencia, destrución, capitalismo baboso, picoletos coas cousas claras, distopías, terrorismo, revoltas compostelás… e aínda temos tempo de visitar Cuba e Kurdistán, e desfrutar da banda deseñada. Podes ler ou descargar a revista premendo [AQUÍ], ou a través da nosa sección na columna dereita (por cuestións técnicas, non aparece a ligazón de descarga, así que fai click dereito en “ver” e logo selecciona “guardar enlace como”).

Se alguén quere conseguir copias en formato físico pode poñerse en contacto con nós a través de abordaxe@bastardi.net. A seguir adxuntamos o texto editorial, o índice de contidos e os puntos de distribución. Seguir lendo

“Posesións e transo: Invocando aos espíritos para a revolución” por Layla Martínez

Posted in historia, internacional, opinión, publicacións on Maio 10, 2017 by abordaxe

edeline-st-armand-1413261802957

Texto escrito por Layla Martínez para o nº 5 da revista “Agente Provocador”, publicada por La Felguera Editores, e traducido ao galego por Disnomia para a súa difusión nesta nosa bitácora pirata.

O día en que Chantul atopouse raro. Posesións colectivas e loitas laborais.

Chantul empezou a sentir algo estraño unha hora despois de empezar a súa xornada laboral. As emanacións tóxicas das tinguiduras facían que se marease con frecuencia, pero aquela vez era distinto. Podía escoitar un murmurio no interior da súa cabeza, un rumoreo constante que falaba nunha lingua descoñecida. Chantul non era capaz de descifrar as palabras, pero aquel son resultáballe familiar. Lembráballe ás cancións que se escoitaban nos pozos os días de tormenta, ao castañear de dentes dos defuntos durante as incineracións. O son continuou estendéndose polo seu corpo, cavando pozos no interior dos seus pulmóns e o seu estómago. Uns minutos despois, Chantul perdeu a conciencia e entrou en transo. Xunto a el, outros douscentos cincuenta traballadores da Anful Garments Factory, unha fábrica téxtil situada ao sur de Cambodia, tamén foron posuídos por espíritos que se fixeron co control dos seus corpos. A hospitalización dos afectados fixo que a liña de produción tivese que deterse.

Con todo, os espíritos non abandonaran aínda as instalacións da fábrica. Dous días máis tarde, Seguir lendo

Xa se pode descargar e atopar nas rúas o nº 19 do noso boletín! (mes de maio)

Posted in anarquismo, galiza, publicacións on Maio 10, 2017 by abordaxe

Ola, compas!

Un mes máis velaquí deixamos o noso boletín, que agardamos se espalle por todos os rincóns dos sete mares. A continuación, deixamos a lista de contidos xunto coa ligazón para súa letura online e/ou descarga. Que o disfrutedes!

Para ler online/descargar, preme aquí.

PORTADA:

O fim do Apartheid contra o reintegracionismo galego – manifesto cidadán

HISTORIA:

  • Lembrando aos destrutores de máquinas – (Cristóbal Cornejo)
  • Manuel Antonio e o anarquismo – (Xoán Abeleira)
  • O desaloxo do CSO Minuesa. Cando os telexornais descubriron aos okupas – (Revista Contrahistoria)

Seguir lendo