(Barcelona) Esnaquizadas as vidreiras dunha sucursal de La Caixa en solidariedade coa loita do pobo kurdo.

Tiramos de La Rebelión de las Palabras, traducimos e espallamos este comunicado asumindo a responsabilidade polos danos causados a unha sucursal de La Caixa en Barcelona, en solidariedade coa loita do pobo kurdo.

Traducido para Abordaxe por Disnomia.

A noite do 5 de novembro de 2016 esnaquizáronse a marteladas os cristais dunha sucursal bancaria de La Caixa no barrio de Horta de Barcelona, en solidariedade coa loita que está a levar a cabo a poboación kurda, en Irán, Iraq, pero especialmente en Rojava e en Bakur (dentro do territorio turco), e contra a brutal represión que están a sufrir tanto organizacións políticas pro-kurdas como o HDP, como quen se enfronta ao terror do Daesh e do fascismo turco.

Durante a primeira semana de novembro de 2016, no estado de Turquía, puidemos ver imaxes tan bárbaras como a uns militares turcos asasinando a sangue frío a dúas guerrilleiras dos batallóns de autodefensa das mulleres kurdas YJA-Star. Así como a detención de 12 deputadas do HDP, entre elas á co-presidenta do mesmo, Figen Yüksekda’ e ao co-presidente Selahattin Demirtas, acusando a todas elas de terrorismo.

A deriva fascista de Erdogan e a súa represión cara aos movementos pro-kurdos en Turquía e desde hai xa uns meses en Siria, favorecendo descaradamente ao Daesh, parece non ter fin a pesar de que cidadás de todo o planeta están a mobilizarse contra estas políticas de exterminio contra a poboación kurda.

Colectivos e individualidades anarquistas e libertarias de toda Europa actuaron de diversas maneiras para acabar con Erdogan e o seu Estado xenocida, con todo podemos observar como no Estado español o movemento libertario non tomou aínda unha parte dinámica nesta loita, a pesar de que a Revolución Social de Rojava e a súa defensa ante as agresións do ISIS e do Estado turco, está a ser ata o momento un exemplo na implementación de cuestións tan fundamentais como o empoderamento da muller e o seu papel na xestión da sociedade, así como a procura de múltiples vías de administración realmente democrática do territorio.

Esta opinión non é un chamado á acción, nin pretende ofender a aquelas anarquistas que ata o momento non expuxeron unha solidariedade activa coa loita do pobo kurdo. Senón que pretende contribuír á crítica e á análise sobre que actitude tomar nunha loita que ata agora está a ser efectiva contra unha realidade tan cruel como a que están a vivir miles de persoas en Siria e en Turquía, baixo o xugo do fascismo do Século XXI.

E por que atacar unha sucursal de La Caixa? Ademais de que os bancos son un dos puntais do capitalismo, La Caixa xunto a BBVA, Banco Popular e Santander son unha parte esencial das relacións internacionais entre o Estado español (lembremos que asinou con gusto o acordo Europeo con Turquía sobre a “crise” de refuxiadxs e a súa condena a unha vida de miseria) e o Estado turco, así como da crecente consolidación das políticas capitalistas en materia económica, inmobiliaria e militar. O Estado español, soamente en 2014 ingresou 243.673 millóns de euros da venda de armas a Turquía. La Caixa segue financiando empresas como Maxam, fabricante de armamento que se destinou a Siria, curiosamente a través da súa filial turca, o cal a fai máis que sospeitosa de estar a armar aos grupos das FSA apoiados por Turquía, e dado que Turquía está a financiar ao Daesh, non sería de estrañar que parte dese material financiado por La Caixa acabe nas mans do Estado Islámico.

Non podemos quedarnos impasibles fronte ao xenocidio que está a cometer Erdogan e o seu Estado fascista contra o pobo kurdo.

Ataquemos a quen se está lucrando e está a financiar este xenocidio.

Se Turquía é culpable da morte de miles de civís e guerrilleiras kurdas, o son tamén todos aqueles Estados, como o español, e todas as empresas que tratan con ela.

Biji berxwedana Rojava!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: