Archive for the entrevistas Category

Entrevista realizada por Abordaxe! ás compas de Rojava Azadi, colectivo antiautoritario de Madrid para a solidariedade internacionalista co Kurdistán

Posted in anarquismo, entrevistas, internacional, península on Xuño 17, 2017 by abordaxe

Como moitas de vós xa saberedes e leríades, para o último número da nosa revista, aínda relativamente recente, decidimos facerlle unha entrevista ás compas do colectivo Rojava Azadi, un colectivo antiautoritario afincado na cidade de Madrid e que dedica a súa labor á solidariedade coa revolución kurda e coa loita das compañeiras kurdas pola súa emancipación e pola súa liberdade, contra o Capitalismo, o Patriarcado e o asedio imperialista que sofren por varios flancos distintos, destacando a xeopolítica xenocida de Occidente, de Turquía e do terrorismo do ISIS.

Agora decidimos transcribila para publicala no noso blogue, facilitando tamén a súa difusión. Queremos reiterar os nosos agradecementos ás compañeiras de Rojava Azadi pola súa colaboración nesta entrevista.

Ola, compañeiras. Gustaríanos antes de nada agradecervos o voso tempo e enerxía ao contestarnos a estas preguntas e permitirnos coñecer un pouco mellor vosa labor e o voso colectivo. Para empezar, podedes falarnos de Rojava Azadi? Cando xorde o colectivo? Que vos levou a un grupo de persoas de Madrid a organizarvos para comezar a poñer en marcha a solidariedade co pobo kurdo e o seu proceso revolucionario?

O proxecto ten as súas raices na manifestación que se organizou en Madrid en novembro de 2014 en solidariedade coa resistencia da cidade de Kobanê, que estaba a sufrir o asedio do Daesh (ISIS). Seguir lendo

Umha conversa entre o preso independentista Carlos Calvo Varela e as presas anarquistas Mónica e Francisco (atualmente em liberdade)

Posted in anarquismo, entrevistas, galiza, península on Maio 16, 2017 by abordaxe

mailA continuaçom, espalhamos, transcrita da ediçom impresa do jornal Novas da Galiza do passado mes de abril, umha entrevista realizada pelo preso independentista Carlos Calvo ás companheiras Mónica e Francisco, quando as compas encontravam-se na cadea con ele.

As companheiras Mónica e Francisco já nom se encontram, afortunadamente, nas cadeas espanholas, e foram expulsas a Chile onde estam livres na rúa, após que o Tribunal Supremo fixara sua condenaçom definitiva en 4 anos e 6 meses (tendo por tanto as compas ja mais da metade da condenaçom cumprida e podendo optar ao beneficio de mudar o que restaba de condena pela expulsom e a proibiçom temporal de entrar em territorio espanhol). Pensamos que esta é umha entrevista moi interessante e que permite conhecer melhor e comparar o contexto chileno co contexto espanhol en xeral e o galego em particular.

Desde Abordaxe! parabenizamos ao preso independentista Carlos Calvo e a equipa de redacçom do Novas da Galiza pola laboura realizada con esta entrevista.

En novembro de 2013 a polícia detivo em Barcelona as anarquistas chilenas Mónica Caballero e Francisco Solar. Eram as primeiras presas dumha vaga repressiva do Estado contra o movimento anarquista e, até o de agora, as únicas que resultárom condenadas. Enquanto mantínhamos esta conversa o Tribunal Supremo fixou a condena em quatro anos e meio de prisom para cada umha (Nota de Abordaxe!: A condena inicialmente dictada pola Audiencia Nacional contra as compañeiras ao rematar o seu xuízo en marzo do 2016 foi de 12 anos e medio para cada unha, dos 45 anos que solicitaba por cabeza a fiscalía). Compartimos aquí agora, mais ou menos ordenadas, as ideias que fomos enfiando enquanto corríamos no pátio ou através do “correio intermodular”. [Nota: As dúas anarquistas nom estám atualmente em prisom após comutar-se a sua pena por umha expulsom do estado espanhol]. Seguir lendo

Entrevista ás compas de Fraguas, proxecto de okupación rural en Guadalajara en risco de desaloxo

Posted in anarquismo, entrevistas, península on Abril 24, 2017 by abordaxe

Tiramos e traducimos de Regeneración Libertaria esta entrevista realizada ás compas que se atopan habitando en Fraguas, un pobo okupado nesta pedanía castelá, perto de Guadalajara, e que agora atópase en risco de desaloxo, o que tamén supón un perigo extra para algunhas das persoas que alí viven, imputadas e ás que piden 4 anos de cárcere (a cada unha) máis o pago de cuantiosas multas.


Desde o mesmo instante que nos decatamos da ameaza de desaloxo deste proxecto de okupación rural na pequena pedanía de Fraguas (Guadalajara), puxémonos en contacto co grupo de xestión desta iniciativa porque criamos que a mellor maneira de difundir o seu proxecto e amosarlles a nosa solidariedade, era precisamente realizando unha entrevista onde nos respondesen en primeira persoa a todas as nosas preguntas e ganas de saber, que non foron poucas.
Seguir lendo

“A era dos grandes propagandistas”-entrevista con Dolors Marín-

Posted in anarquismo, entrevistas, historia on Febreiro 16, 2017 by abordaxe

Das distintas entrevistas realizadas pola comisión de radio do XIV Encontro do Libro Anarquista de Madrid (celebrado en decembro do pasado ano), a realizada por Dolors Marín sobre a súa ponencia “A era dos grandes propagandistas”, é unha a destacar. A historiadora mergulla nos alicerces históricos da teoría e a práctica anarquistas analizando a algúns dos seus protagonistas e a súa proxección contemporánea.

[Audio] Entrevista axs compañeirxs Elisa Di Bernardo e Gabriel Pombo da Silva no programa antirrepresivo e anticarcelario Anarkustika (Radio RSK, Barcelona)

Posted in anarquismo, audiovisual, entrevistas, internacional, península on Novembro 11, 2016 by abordaxe

As compas de Radio RSK (Nou Barris, Barcelona) veñen de publicar na rede a entrevista que fixeron no seu programa anticarcelario e antirrepresivo Anarkustika o 1 de novembro ás compas Gabriel Pombo da Silva (anarquista galego que pasou máis de 30 anos no cárcere, incluíndo 8 anos na prisión de Aachen, en Alemaña) e Elisa di Bernardo (anarquista italiana que participaba no blogue anarquista de contrainformación Culmine e que foi represaliada durante a Operación Ousadía anos atrás xunto a outrxs compañeirxs), aproveitando a palestra que ambxs compañeirxs deron dentro do Tattoo Circus de Barcelona (realizado no CSO L’ Astilla entre o 28 e o 30 de outubro).

Velaquí vos deixamos o arquivo para escoitalo. Para descargar, clickade aquí e a continuación, premede o botón dereito do rato e seleccionade “Gardar como”.

Sivan Zerdesti, delegado do Congreso Nacional Kurdo: “O Estado-nación é a orixe dos problemas de Oriente medio”

Posted in entrevistas, internacional on Xullo 16, 2016 by abordaxe

2015-09-13-kurdistan-01

Sivan Zerdesti, delegado do Congreso Nacional Kurdo, leva meses percorrendo América Latina e a Península Ibérica presentando o “Manifesto por unha civilización democrática”, obra do encarcerado líder kurdo Abdullah Öcallan. O libro, composto de cinco tomos, é indispensable para coñecer a realidade do pobo kurdo. A fins de xuño, no seu paso por Euskal Herria convidado pola Asociación vasco-kurda Newroz, foi entrevistado por Alvaro Hilario. Desde Abordaxe! difundimos e traducimos. Seguir lendo

Entrevista a Pastora ante o juízo a “Nais contra a Impunidade”: “O que estám a fazer é castigar a dor”

Posted in entrevistas, Uncategorized on Maio 11, 2016 by abordaxe

Fonte: O gajeiro na gavea.

naisQuando começei a tratar a Pastora, recém deixaram morrer por falha de coidado médico ao seu filho Xosé Tarrío no CHUAC, se bem “in illo tempore” (finais de 2004-primeiros de 2005) o maldito hospital corunhês ainda mantinha o nome do assassino fundador da Falange em A Corunha: “Juan Canalejo”, um nome moito mais apropriado ás torturas que tivera que suportar o Xosé algemado aos barrotes da sua cama quando estava paralisado. Seguir lendo