Archive for the noticias Category

COMUNICADO DE REFORMULACIÓN DE ABORDAXE!

Posted in anarquismo, audiovisual, convocatorias, entrevistas, galiza, historia, internacional, noticias, opinión, península, publicacións, Uncategorized on Setembro 26, 2017 by abordaxe

img130

“(…) Que é unha opinión? É unha idea alisada, unha idea que foi uniformizada de modo a tornarse aceptable para o maior número de persoas. As opinións son ideas masificadas. É importante para o Poder que estas opinións se manteñan, pois é a través da opinión e do seu control como consegue determinados resultados (…) Que significa entón opoñerse á fabricación de opinións? Significa adquirir máis información? Opoñer contra-información a información? Non, iso non é posible, pois non interesa como ollamos para ela. Non é posible opoñerte á enorme cantidade de información coa cal somos bombardeadas diariamente con contra-información capaz de desmascarar, a través dun proceso de investigación de causas escondidas, a realidade que foi coberta por todo aquel palabreado informativo. Non, nós non podemos operar nesa dirección. Cando tentamos facelo, decatámonos de que iso non ten sentido, de que nós non queremos nin somos capazes de convencer ás persoas. (…) Ese non é o tipo de traballo que precisamos facer, e en calquera caso non contén elementos de contra-información, ou se os contén é puramente accidental. Este traballo ten esencialmente o obxectivo, ou deberia ter, de construír unha idea ou un certo número de ideas-chave, un certo número de ideas fortes.”

A.M. BONANNO

—————————————————————————————————————————————–

No ano 2008 un feixe de individualidades anarquistas de distintos puntos da Galiza, xa ligadas por anteriores proxectos, relacións de afinidade e por unha coordinación informal, sentimos a necesidade de dotarnos de órganos de expresión e tamén de xerar un espazo de referencia para a comunicación no que as distintas sensibilidades antiautoritarias puidesen construír, desenvolver o seu discurso e confrontar ideas, ademais de facilitar a súa coordinación mediante un labor informativo e visibilizar a nivel internacional tanto as loitas antagonistas que se desenvolven na Galiza, como dar a coñecer nestas latitudes distintas realidades e contextos de loita contra a dominación noutros territorios do mundo. Deste modo levamos a cabo a creación dunha revista en papel, complementada por un blogue de carácter máis dinámico e periódico que axudasen a encher ese baleiro. A estas ferramentas sumamos no ano 2015 un boletín mensual en formato impreso co que plasmar de forma máis eficiente nas rúas a nosa actividade, distribuído en distintos centros de estudo e traballo e porsuposto tamén nos distintos espazos libertarios do terruño. Este boletín publicaría a súa última edición en maio de 2017, tras 19 números.

Hoxe, despois de 9 anos de comunicación virtual e impresa ininterrompida, cos seus acertos e erros, tomamos a decisión de virar o noso temón cara outros horizontes, se cadra máis ambiciosos, e desde logo máis enriquecedores para as persoas que facemos parte de Abordaxe!. Así é como tomamos a decisión de salientar nosa faceta editorial (que xa viñamos exercendo coa publicación da compilación dos textos “Arredismo e Anarquia” e a primeira edición en galego de “Memorias de Liberdade”) e suspender o traballo contrainformativo do blogue e do boletín. Neste punto, nun clima de mudanzas e debates internos no seo do colectivo, sentimos a necesidade de deternos e de reformular o proxecto como editorial, mantendo tamén a nosa revista como pedra angular na que como xa dixemos noutras ocasións, é onde mellor e con máis saña destripamos o cadáver desta sociedade autoritaria e onde máis alegremente pasamos pola quilla os principios que a sustentan.

O certo é que este xiro responde a novos desafíos. Á vontade de continúar aprendendo e fornecéndonos de ferramentas teórico-prácticas que axuden a poñer en evidencia as distintas operacións especiais dos sistemas autoritarios, á necesidade de confrontar e xerar ideas e debates-chave nunha realidade na que somos presas da democraticidade e o mercado das opinións, e porsuposto á intención de investigar e recuperar a memoria respecto da loita contra a dominación e dos tecidos comunitarios e autoxestionarios que ligaron este e outros territorios durante longo tempo asegurando a súa supervivencia. Porque ao igual que a Orde da dominación ten unha historia que consideramos importante examinar co fin de obter unha maior comprensión de como enfrontala, tamén a loita contra esta Orde ten unha traxectoria que representa un arsenal do que non estamos dispostas a renunciar e que consideramos moi útil no contexto da guerra social aquí e agora.

Somos conscientes e estamos seguras das virtudes e as dificultades de todo este apaixonante reto que pretendemos levar a cabo a través do noso traballo editorial e das ferramentas que este pode achegar. Tamén somos conscientes e valoramos o baleiro que pode deixar a falta dunha ferramenta informativa específicamente anarquista a nivel galego, especialmente no aspecto da coordinación e da difusión das accións, comunicados e convocatorias. Pero tamén é certo que os tempos que vivimos non son os mesmos que cando Abordaxe! naceu para encher ese baleiro. Temos claro que afortunadamente hoxe en día hai máis xente e máis vontade para realizar este tipo de traballo que cando nós comezamos, e intuímos que a curto ou medio prazo haberá compañeiras con intención e disposición de afrontar esta tarefa. Ademais, sendo honestas, consideramos que a deriva das “redes sociais” e a lóxica de determinados comportamentos propios da sociedade do espectáculo, invaden aos colectivos anticapitalistas e parte dos libertarios, e isto non facilita moito a tarefa de desenvolver un proxecto de comunicación desde a nosa perspectiva, e esta batalla, nestes momentos, non queremos librala desde unha barricada “contrainformativa”, á marxe do necesaria, válida e respectable que nos poida parecer esa formulación, que é a que nos trouxo ata aquí tras case unha década de existencia.

Nas vindeiras datas o noso blogue mudará o seu aspecto e prestacións para facilitar unha experiencia de navegación máis axeitada ás características da súa nova función. Aproveitamos tamén para anunciar que xa estamos argallando novas edicións e o número 7 da nosa revista, así como distintas actividades para financialas, e que estamos abertas a toda achega económica e solidaria, tendo en conta que partimos de cero € nas nosas arcas. Comezamos unha nova etapa embarcándonos nesta travesía coa convicción de transitar unha ruta que nos permita vivir contra vento e mareas, asaltando os buques dos poderosos, e convidamos a tódolos espíritos aventureiros, rebeldes e subversivos a navegar connosco.

Vémonos nos mares revoltos!

Abordaxe!

Contacta connosco en abordaxe@bastardi.net

Advertisements

DEICA OUTRA! UNHA NOTA SOBRE O PARÓN EN ABORDAXE!

Posted in anarquismo, galiza, noticias on Xullo 2, 2017 by abordaxe

010

Ola a todes, querides compañeires de travesía!

Tras varias xuntanzas e despois de meditar e debater seriamente sobre a situación actual do noso colectivo, pensamos que tras case 9 anos de actividade ininterrompida chegou o momento de facer un parón temporal. Isto non é un adeus, non desaparecemos, simplemente sentimos a necesidade de reformular este proxecto e pensamos que levamos demasiado tempo sen pararnos a facer unha reflexión en profundidade sobre os seus horizontes e sobre as pretensións e traxectorias individuais que nos levaron a confluír dentro do mesmo. Por iso, para continuar coñecéndonos, compartir momentos alén do ámbito estrictamente militante e para pensar ben cara onde queremos dirixir o noso barco, facemos unha pausa estival coa intención de regresar con máis forzas e aires renovados dentro duns meses, para seguir conspirando contra o monopolio ideolóxico da autoridade.

Ata ese momento, o blogue permanecerá inactivo.

Vémonos nas rúas e nos mares revoltos!

[Portugal] Enquanto os políticos procuram bodes expiatórios, Ferraria de São João planta árvores contra fogos

Posted in internacional, noticias, península on Xuño 29, 2017 by abordaxe

sobreiros-da-ferraria-de-sao-joao-fotografia-diz-tudob6121113

Aldeia do xisto compromete-se em arrancar eucalipto e plantar vegetação natural de Portugal resistente aos incêndios. Uma faixa de sobreiros e outras árvores folhosas autóctones salvaram a aldeia de Ferraria de São João, há duas semanas. Seguir lendo

CNA italiana solicita apoio ao fundo solidário

Posted in anarquismo, internacional, noticias on Xuño 28, 2017 by abordaxe

italia-cna-solicita-apoio-ao-fundo-solidario-1

Como há necessidade constante de dinheiro para apoiar aos companheiros.as encarcerados.as e temos tantos gastos, voltamos a chamar às individualidades e espaços anarquistas que possam/queiram contribuir ao Fundo do Projeto Croce Nera Anarchica [Cruz Negra Anarquista].

Aqui estão os detalhes: Seguir lendo

Três independentistas detidos na Galiza sob acusaçom de “enaltecimento do terrorismo”

Posted in galiza, noticias on Xuño 22, 2017 by abordaxe

c28244152e7bf09f4211196c14ce7790_XL

O Ministério do Interior repreme novamente a loita independentista na Galiza. Três persoas de Compostela, Vila Boa e Ourense, forom detidas sob acusaçom de “enaltecimento do terrorismo”, por participarem no passado dia 14 de maio, num ato público de recebimento do independentista galego Antom Santos, preso mais de cinco anos. As detidas saiam hoje da esquadra da Guarda civil de Compostela após o registro e requisamento de pertenças nas suas moradas, e sem terem passado polos julgados.

Seguir lendo

Un pequeno xesto de solidariedade desde Pontevedra para as 9 persoas detidas hoxe

Posted in galiza, noticias on Xuño 21, 2017 by abordaxe

Desde Pontevedra compartimos estas fotos dunha faixa que foi colocada esta noite nunha ponte da zona da Xunqueira, nun dos accesos principais á cidade. A nosa pequena contribución a seguir espallando na rúa a solidariedade coas 9 persoas que foron detidas hoxe, martes 20 de xuño, en Compostela, Ourense e A Coruña.

Porque nós tamén somos o Escárnio e Maldizer, porque sentímonos orgulloses do camiño andado e da integridade coa que moites compañeires están a afrontar este camiño de rebeldía difícil e cheo de obstáculos, pero tamén digno e fermoso. Porque para nós, o Escárnio non morreu neses catro muros de Algalia de Arriba. Botaremos de menos aquel lugar, sí, por suposto, e aínda sentimos a raiba e a tristeza mordéndonos a tripa ao pasar por diante e ver tapiadas portas e fiestras, pero o que alí se construiu e medrou segue connosco, levámolo dentro, nos recordos e en todas as cousas que aprendimos e que axudáronnos a medrar coma persoas e coma inimigas deste mundo, e iso non nolo quitarán nin as súas ostias, nin os seus gases, nin as súas multas, nin o seu medo.

Tócannos a unha, tócannos a todes!
Quitade as vosas noxentas mans dos nosos espazos e das nosas compas!

Solidaries

Pancarta Escárnio 1

Pancarta Escárnio 2

Alerta!! Detencións en Compostela, A Coruña e Ourense en relación aos incidentes polo desaloxo do Escárnio o 30 de maio.

Posted in galiza, noticias on Xuño 20, 2017 by abordaxe

18951318_780548715449554_1872572989155089909_n

Informa o infame Disnomia para Abordaxe!

Actualización 15:40 · URXENTE!: CONVOCATORIAS PARA ESTA TARDE EN SOLIDARIEDADE COAS DETIDAS.

Recibimos e espallamos  varios chamados a concentracións en apoio ás compañeiras detidas hoxe polos sucesos acontecidos en relación ao desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer o pasado 30 de maio.

En Compostela convocan ás 20:30 da tarde na Praza do Pan [Aprázase a hora ás 20:30 para non cadrar coa concentración polas persoas refuxiadas no Toural ás 20:00]

En Vigo convocan ás 20:30 na Praza da Princesa

En Lugo convocan ás 20:30 na Praza Maior.

En A Coruña convocan ás 16:30 nos Xulgados (Rúa Monforte, S/N)

En Ourense convocan ás 20:30 na Praza do Ferro.

En A Guarda convocan ás 20:30 na Praza do Reló.

En Ferrol convocan ás 20:30 diante da Fundaçom Artábria (Travesía Batallons, 7)

Actualización 15:30 · Os falsimedios sobre a represión de hoxe.

Segundo comezaron a informar xa os falsimedios da prensa do poder (eu atopei a nova na Coz, que a estas alturas xa terán recibido a información dos seus amiguiños policías), as 9 detencións realizadas hoxe (2 en Ourense, 2 en A Coruña e 5 en Compostela) terían que ver cos disturbios que tiveron lugar na tarde do 30 de maio nas rúas do casco vello de Compostela, tras o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer.

Polo que dixo a prensa, Seguir lendo