[A Coruña] 6 de abril · Presentación do zine “Reflexións para un mundo sen policía” + Concertos no CSO A Insumisa

O próximo xoves 6 de abril no CSO A Insumisa da Coruña terá lugar unha xornada antiautoritaria que contará coas seguintes actividades:

Ás 20:00 terá lugar a presentación da publicación “Reflexións para un mundo sen policía”, ao cargo do compañeiro editor, e a continuación terá lugar un coloquio aberto onde se tentará reflexionar sobre alternativas á policía e sobre a posibilidade real de prescindir dela, creando ferramentas propias para a autodefensa e para a auto-organización e xestión propia dos nosos conflictos, sen continuar delegando a nosa seguridade en ninguén que non sexa as persoas coas que compartimos espazos, amizades e vivencias, e non permitindo que ninguén nos impoña a súa mediación.

Ao rematar, haberá un ceador vegano que dará paso a unha noite de concertos coas bandas Tenue (emo-crust chorón desde A Guarda e Compostela) e Fuerzas Libres del Interior (emo-crust zapatillero desde Valladolid), que continúan a súa xira na súa segunda e última data en Galiza tras pasar o día anterior por Compostela.

Deixar un comentario