Abordaxe! presenta… Xornada pola autoxestión da nosa revista

Cartel Abordaxe 5 abril

O próximo mércores 5 de abril a partir das 20:30H, o noso coletivo de piratería informativa convoca unha xornada no CSOA Escárnio e Maldizer, en Compostela(r/ Algalia de Arriba 11, Zona Vella).

A actividade comezará cunha palestra na que se presentará a publicación “Reflexións para un mundo sen policía” (a cargo da Distribuidora Anarquista Polaris), unha publicación da que xa falamos no noso blogue e que foi traducida desde un fanzine publicado por compañeiras do colectivo World Without Police (Mundo Sen Policía), o cal nace nos EUA ao calor do movemento Black Lives Matter e as revoltas do ano pasado en Ferguson e noutras cidades e suburbios estadounidenses contra a brutalidade dos madeiros e os asasinatos policiais racistas. A publicación ten como obxectivo ser un aporte na reflexión e a creación de estratexias propias que permitan prescindir da policía construíndo espazos para a autodefensa colectiva e individual e unhas relacións baseadas no apoio mutuo e a solidariedade interseccional.

Ao rematar a palestra, ás 22:00, daremos paso aos concertos nunha noite de berros e amizade amenizada polos grupos Tenue (emo-crust chorón desde Compostela e o rural guardés) e Fuerzas Libres del Interior (emo-crust zapatillero de visita desde Valladolor), que comezan a súa xira conxunta polo norte da Península Ibérica.

Todo o diñeiro recadado na xornada irá destinado á autoxestión do novo número da nosa revista anual, que sairá pronto!

Velaquí vos deixamos unhas mostras musicais para ir abrindo boca.

Advertisements

Unha resposta to “Abordaxe! presenta… Xornada pola autoxestión da nosa revista”

  1. […] revista em papel, que fará o nº 6. Colo acá o cartaz e o programa desta jornada que recolho do blogue de Abordaxe e publico parea ajudar a dar-lhe pulo: O próximo mércores 5 de abril a partir das 20:30H, o […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: