[A Coruña] Presentación do documental “Ingovernables”
Hoxe, luns 15 de febreiro, ás 20h no Ateneo Libertario Xosé Tarrío da Coruña, presentación do documental “Ingovernables, un recorregut per la Catalunya anarquista del segle XXI” a cargo do seu director Gonzalo Mateos Benito.
Ingobernables tenta achegarse á realidade do movemento anarquista ou antiautoritario en Cataluña. O documental aborda a conflitividade social dos últimos anos: folgas xerais, bloqueo ao “parlament”, o movemento das indignadas, os procesos de autoorganización en barrios e centros de traballo, a revolta de Can Vies. Así como tamén a visión das clases dirixentes e dos medios de comunicación sobre o que eles mesmos denominaron os “antisistema”.
A resposta do Estado á loita, centrouse na represión e o endurecemento penal como demostran a aprobación da “lei mordaza” ou a aplicación da lei antiterrorista cara ao anarquismo en diferentes casos e na denominada “Operación Pandora”.
A través de entrevistas a diversos colectivos e individualidades, da propaganda nas rúas, de actos realizados por colectivos libertarios; o documental amosa aspectos como; a vixencia das ideas anarquistas, a importancia de recuperar a memoria histórica desde unha perspectiva revolucionaria, a necesidade de acabar co capitalismo, o perigo da vía institucional para cambiar a sociedade e sobre todo a posibilidade de pensar noutras formas de organización social non baseadas no Estado e o capitalismo.
https://ingobernablesdocumental.wordpress.com/www.logofobia.wordpress.com
Febreiro 15, 2016 ás 3:19 pm
Zona norte de onde???