[A Coruña] Crónica da concentración pola liberdade de expresión

IMG_20160214_121920282

Ás 12 a.m. de onte, durante unha pequena tregua que o temporal concedeu aos solidarios, ao rededor de 70 persoas desafiaron os ventos tempestuosos que azoutaban A Coruña para protestar contra as detencións dos titiriteros en Madrid, a identificación dun mozo en Ourense por disfrazarse aludindo ao mesmo tema e pola falta de liberdade de expresión.

No Obelisco os congregados despregaron unha pancarta co lema “Contra a represión a nosa rebelión” asinada pola “Plataforma contra a represión” e reciclada doutras convocatorias anteriores (desgraciadamente é case seguro que se seguirá reciclando con asiduidade no futuro). Tamén se exhibiron carteis con mensaxes como “Gora Zala-ETA”, “Gora alka-ETA” ou “liberdade alkaetarras presxs”.

Por primeira vez desde fai xa bastante tempo volveronse ver na protesta a importantes capitostes da “Marea Atlantica”, con dous concelleiros incluídos. Tan destacada concorrencia non pareceu sentirse demasiado cómoda cando a multitude coreou consignas como “Manuela Carmena métenos na trena”. Aínda que en menor medida, tampouco parecían gritar moito cando se cantou “o único terrorista é o estado capitalista”, “contra o estado e contra o capital: guerra! guerra! guerra social!” ou “abaixo os muros das prisións”. Maior consenso alcanzaron “A loita é o único camiño”, “terrorista quen? democracia onde?”, “Audiencia Nacional tribunal fascista” ou “non pode ser, non pode ser, artistas nas cadeas e corruptos no poder”.

A pesar de que a protesta estivo controlada por dúas “lecheras” dos antidisturbios, a súa presenza apenas si se apreciou no transcurso da mesma, limitándose a aburrirse na distancia mentres xogaban cos seus teléfonos móbiles. Quizá devido ao distinguido da concorrencia? Non o sei. Con todo non aproveitamos este feito para saír en manifestación, como algunhxs suxeriron, e finalmente decidiuse terminar co acto sen maior incidencia… polo de agora, pois non sería a primeira vez en que as “receitas” da subdelegación do goberno prodíganse a traizón e xa pasados varios meses. De feito ,e segundo a prensa empresarial da cidade, varias pintadas con lemas similares aos exhibidos na protesta  (gora alka-ETA e cousas así) foron investigadas e fotografadas pola policía cientifica durante a semana anterior ao evento. Así que vai ti a saber, os camiños da represión son inescrutables.

 

Jack Esparrago para Abordaxe!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: