Comunicado dos titiriteiros Raúl García e Alfonso Lázaro

Titeres-desde-abajo-1

En primeiro lugar queremos agradecer inmensamente todo o apoio que recibimos, tanto dos nosos familiares e amigos, como de toda a xente que se organizou para axudarnos dun ou outro xeito, tanto na rúa, como nos medios de comunicación, de xeito individual e de xeito colectivo. Énchenos de emoción e é o que nos fai manternos fortes. De verdade, grazas.

Queremos dicir que estes días supuxeron unha experiencia difícil; fomos detidos e posteriormente encarcerados por realizar o noso oficio, por representar a obra que, con tanta ilusión e traballo, creáramos. fomos difamados por algúns medios de comunicación mentres permaneciamos en prisión e agora estamos sentindo as feridas que abriron nos nosos seres queridos.

Coa nosa obra non pretendiamos aleccionar a ninguén e moitos menos aos nenos e nenas, senón tan só contar unha historia de ficción que por desgraza ten moitas similitudes coa realidade que nos tocou vivir estes días. Nós non somos todo o que cada títere poida dicir ou lle poida ocorrer en cada escena. É importante subliñar que a obra de títeres que representamos o pasado venres era unha sátira. Con ela pretendiamos reflexionar sobre algunhas situacións, ao noso xuízo inxustas e inmorais, que se dan hoxe en día na nosa sociedade. E queriámolo facer, ademais, recuperando a don Cristóbal, esa escura personaxe tradicional que roldou os teatrillos populares deste país ata que chegou a guerra civil, esa que acabou con moitas cousas, como co propio don Cristóbal, ou coa liberdade de expresión.

Esa liberdade de expresión que pensabamos que era un dereito fundamental, a mesma que permite dicir as cousas que ao do lado non lle gustan, ou non lle apetece ouvir, ou ata lle arrepía escoitar. Porque a liberdade de expresión non é o dereito de dicir só o que un quere escoitar. Quen a entenda así, en realidade non cre nela.

Non pretendiamos ofender a ninguén co noso espectáculo e por iso advertimos ao público antes de comezar de que as personaxes realizaban actos atroces e violentos. Ás persoas que decidiron quedarse e se sentiron ofendidas pedímoslles desculpas pois esta nunca foi a nosa intención, como tampouco o foi enaltecer o terrorismo, nin incitar á violencia ou ao odio.

Tan só quédanos destacar a preocupación que sentimos agora. Que sentimos nós, Alfonso e Raúl, pero tamén todos e todas as que inventamos historias, as que lles damos forma, e as que as interpretamos. A preocupación de que un día chegue don Cristóbal coa súa cachiporra e bata en nós , como fixo o outro día, porque non lle gustou a función.

Raúl García e Alfonso Lázaro

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: