Preparando as Xornadas Galegas “RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP”. Con Susan George, Arcadi Oliveres, Florent Marcellesi e outrxs

Colamos esta información que nos facilitaran dende Ecoar))), que están a quentar motores para estas xornadas que se realizarán entre o 23 de Marzo e o 16 de Abril en Galiza (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) no marco da campaña global STOP TTIP, con sesións abertas a toda a cidadanía e que terán como punto central a análise e difusión das nefastas consecuencias que teñen os tratados de libre comercio (TTIP, TISA, CETA…) sobre as persoas e a biodiversidade.

Entre as persoas que participarán como poñentes destacan grandes nomes como Susan George, Arcadi Oliveres ou Florent Marcellesi. Ademais das charlas, as xornadas contarán con diferentes eventos (videodebate, proxeccións,…) en diversas localizacións.

Por este motivo veñen de lanzar unha campaña de crowdfunding en Goteo, co obxectivo de contribuír ao financiamento de ditas xornadas. Asi mesmo, nos vindeiros días ECOAR))) activará un blog específico para que todos aqueles colectivos e asociacións que estean preparando algunha actividade relacionada co TTIP poidan compartir os seus eventos e propostas: https://recuperarsoberania.wordpress.com.

Estas xornadas enmárcanse dentro da campaña global que se desenvolverá a nivel mundial e que terá o seu peche o día 18 de abril co Global Action Day.

Adxuntan esta nota de prensa con toda a información sobre as xornadas:
1941496_870873346297456_3854105896202587292_o
As xornadas comprenden un ciclo de 4 conferencias e unha videoconferencia realizadas por especialistas de diversos eidos, así como actividades de diferente tipo (videodebate, charlas, proxeccións,…) levadas ao cabo por distintos colectivos e espazos.

O programa das xornadas é o seguinte:

Xoves 26 de Marzo (Vigo)
.- Conferenciante: Susan George (activista, escritora, científica socio-política e presidenta da Xunta do Transnational Institute (TNI)
Sábado 4 de Abril (Vigo)
.- Conferenciante: Albano Dante Fachín (activista e editor de Café amb Llet)
Xoves 9 de Abril (Santiago de Compostela).-Conferenciante: Ricardo García Zaldívar (activista, Doutor en Economía, profesor na Universidad Carlos III Economía e Presidente de Attac España)
Martes 14 de Abril (A Coruña).- Conferenciante: Arcadi Oliveres (activista, pacifista, Doutor en Ciencias Económicas e profesor na Universitat Autònoma de Barcelona).
– Data por confirmar.- Videoconferencia: Florent Marcellesi (investigador, político e activista ecoloxista, europarlamentario por EQUO)

“Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP” pretende, ao tempo, xerar un punto aberto onde, ademais de informarse, as persoas poidan participar e debater sobre os Tratados de Libre Comercio e todo o que os rodea, especialmente sobre o TTIP.

Máis información sobre o TTIP na web de ECOAR)))

2 Respostas to “Preparando as Xornadas Galegas “RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP”. Con Susan George, Arcadi Oliveres, Florent Marcellesi e outrxs”

  1. […] MAPA, que recolhemos agora da sua web. Além, aproveitando este artigo, fazemos acá lembraça das Jornadas que estám argalhando dende Ecoar))) e que se realizarám entre o 23 de Março e o 16 de Abril na Galiza (A Corunha, Santiago de […]

  2. […] as Xornadas “RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP” das que xa vos informaramos en Abordaxe, e que van ter lugar entre finais de marzo e mediados de abril por diversas localidades galegas. […]

Deixar un comentario