CoLaBoRa!!!!–CrOwFuNdInG: ReCuPeRaR sObErAnÍa, DeSaRmAr O TTIP

Recibimos de ECOAR))) esta petición de colabouración para organizar as Xornadas “RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP” das que xa vos informaramos en Abordaxe, e que van ter lugar entre finais de marzo e mediados de abril por diversas localidades galegas. Colamos o seu correo:
11001874_880784151973042_2465615323396893287_n
Estamos chegando ao ecuador da campaña de Crowdfunding que puxemos en marcha fai un par de semanas para financiar as Xornadas “RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP”, nas que participarán, entre outrxs, Susan George, Arcadi Oliveres ou Florent Marcellesi, e xa levamos recadados o 44% dos fondos necesarios para poder levalas ao cabo!!

banner1
Quéndannos 24 días para converter ese 44% nun 100%!!!
ApOia!!! ParTiCIpA!!!
Contribúe a facer posibles estas xornadas coa campaña de microfinanciamento de Goteo.​​
DiFúNdEa!!!
​​


Infórmate!!! de Todo sobre o TTIP e as xornadas na web de ECOAR))) (Espazo de
(Contra)discurso, Coordinación e Construción de Alternativas e Resposta Social)

​​Grazas por construír connosco!

Deixar un comentario