Primeiro caso de obxección electoral aceptado no Estado español

Hoxe soubemos do primeiro caso de obxección electoral aceptado no Estado español. Trátase de Amparo Rodríguez, unha veciña do Barco de Valdeorras que a xunta electoral de zona admitiu como eximinte. Amparo púxose en contacto con este medio para remitirnos o contido da súa alegación e un comunicado:

O domingo 4 de setembro de 2016 cando cheguei a miña casa no Barco de Valdeorras (Ourense), despois dunha fin de semana na praia, atopeime unha carta enriba da mesa na que puña que estaba obrigada a presentarme na mesa electoral como primeira suplente de vocal para as eleccións de Galiza do 25 de setembro de 2016, baixo a ameaza de “pena de prisión de tres meses a un ano ou multa de seis a vintecatro meses” por cometer un delito.

Ademais tamén dicían que tiña 7 días para presentar alegacións. O máis curioso é que a notificación tiña data de 29 de agosto de 2016 aínda que fora entregada ao meu compañeiro de piso o día 1 de setembreo de 2016. Por tanto, tiña soamente un día para presentar alegacións xa que o día 5 remataba o prazo.

Así que púxenme a iso: metínme en internet e atopei dúas plataformas (Des-censo electoral e o Grupo Antimilitarista Tortuga) que aportan moita información relacionada con a obxección de conciencia no ámbito electoral. Procurei na súa web información e atopei cartas de persoas que xa tiñan sido obxectoras en eleccións pasadas, ademais púxenme en contacto con eles para que me asesorasen e comunicarlles a miña decisión. Recibín resposta inmediata  e estiveron  super-pendentes de todo o proceso durante estes días.

De todas as cartas que atopei elexín unha coa que me sentía máis identificada, e fixen unhas pequenas modificacións e o luns a entreguei na xunta electoral de zona.

A miña sorpresa foi ao día seguinte, cando me chamaron para dicirme que pasara pola xunta electoral a recoller a resposta. E nela dicíanme que decidiran aceptar a miña “escusa” por estar debidamente xustificada.

Eu tiven a sorte de que a miña alegación foi aceptada e, por tanto, non estou cometendo un delito, pero outras moitas persoas, que o fixeron antes que eu e aos que non lles aceptaron a alegación presentada, sí que o están a cometer. E non podo entendélo. Non podo comprender que nunha democracia, como din que é, supoña un delito non participar nas eleccións. Porque hai que deixar claro que o feito de que eu non participe non afecta a que o fagan os demais. Por iso, reclamo que se permita que unha persoa que non cre neste sistema e que non quere participar nel poida facelo e non signifique un delito.

Por todo isto, animo a todas as persoas que están en desacordo con este sistema, que loitan día a día contra o capital, contra esta falsa democracia, que non queren participar do sistema nin votando nin sentándose nunha mesa electoral, a que fagan o mesmo, que se declaren obxectores de conciencia, que loiten, porque paso a paso facemos o camiño.

Por outro lado, gustaríame recoñecer o traballo da persoa da xunta electoral de O Barco que entende,  ao igual que eu e outras moitas persoas, que a obxección electoral é unha causa totalmente xustificada para non ter que formar parte dunha mesa electoral.  E, ademais, quero agradecerllo.

Un Saúdo

Advertisements

Unha resposta to “Primeiro caso de obxección electoral aceptado no Estado español”

  1. […] 4ª Primeiro caso de obxección electoral aceptado no Estado español […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: