3 persoas detidas en Cangas por “incitar ao odio e á violencia contra os corpos de seguridade” nas redes sociais

Informa Disnomia para Abordaxe.

A represión do Estado español continúa batendo contra aquelas persoas que cometen a ousadía de inxuriar ás súas preciadas forzas de “seguridade” nas redes sociais. Despois das sucesivas operacións policiais contra persoas na Galiza (e no resto do Estado español) nas que decenas de persoas foron arrestadas por expresar comentarios enaltecendo a actividade armada de determinadas organizacións políticas, insultando á policía ou á garda civil ou desexándolle a morte a cargos políticos do goberno, desta volta 3 persoas, veciñas de Cangas do Morrazo (Pontevedra), foron detidas nun operativo da Garda Civil, acusadas de publicar comentarios e opinións nos seus perfiles das redes sociais Facebook e Twitter ás que eu non tiven acceso pero nas que, segundo a prensa burguesa e os informes policiais, “incitaban ao odio e á violencia contra políticos, víctimas do terrorismo e corpos de seguridade do Estado”.

As persoas detidas, A.G.B., de 23 anos; B.L.P., de 26; e A.C.R., de 26, serán postas a disposición do xulgado de instrucción número 3 do municipio, que se atopa ao cargo das dilixencias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: