Descoñecidas lanzan cócteis molotov contra os xulgados de Betanzos

Foto coctelazos Betanzos (prensa burguesa)Informa Disnomia para Abordaxe.

Segundo información ata agora aparecida só na prensa burguesa (e isto é importante á hora de analizar a información e evaluar a súa “credibilidade” a priori), descoñecidas terían lanzado varios cócteles molotov contra o edificio dos xulgados de Betanzos a pasada madrugada. Dos catro artefactos só se terían activado dous, que causaron un incendio de escasa consideración pero que tería requerido da intervención dos bombeiros do parque da localidade. O fume tería entrado no interior do edificio pero sen causar danos serios. No lugar do ataque tamén se tería deixado unha pintada (ao parecer en galego reintegrado segundo algunha fonte) alusiva á falta de xustiza.

Na prensa burguesa xa apareceron datos de que as investigacións policiais apuntan á suposta organización “Resistência Galega”. Pola contra, o Delegado do Goberno, Santiago Villanueva, declarou que as súas conclusións apuntan máis cara grupos anarquistas, comparando este ataque con outro realizado en 2011 no que segundo él usáronse “artefactos de similares características”.

Se queredes podedes buscar a información vós mesmas na prensa burguesa. Eu non vou enlazar a eses vertedoiros des-informativos. A foto que acompaña o artigo foi tomada da nova na prensa burguesa, en concreto do medio La Voz de Galicia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: