[A Coruña] Pintadas nazis no Ateneo Libertario Xosé Tarrío

ateneo lxt pintadas nazis3A fachada e a porta do Ateno Libertario Xosé Tarrío da Coruña amaneceron hoxe cubertas de pintadas fascistas. O nome do Ateneo tachado, duas esvasticas, vivas a Franco, a españa e a Jose Antonio (Primo de Ribera supoñemos, ainda que con estes mendrugos vai ti a saber a que estúpido tarado fan referencia), todo pintado con spray vermello nos dous muros que dan a rúa, foi o patético xeito que atoparon  xs fascistas para tentar atacar o Ateneo Libertario coruñés, pois a luz do día son absolutamente incapaces de facer nada en absoluto. Xa non é a primeira vez que algún elemento de extrema dereita asoma tímidamente as orellas na cidade herculina, xa sexa con pintadas, cartaces ou pegatinas, pero sempre foron decididamente combatidos nas rúas polxs antifascistas coruñesxs, infinitamente máis numerosos e activos. Pero en espera de que xs culpables reciban o seu merecido, haberá que estar atentos para que as ideoloxías autoritarias do odio, a discriminación  e a xenofobia non cobren forza por estes lares expoleadas pola crise, a precariedade e as irresponsables mensaxes racistas e eurocéntricas auspiciados dende o poder.


ateneo lxt pintadas nazis1

ateneo lxt pintadas nazis2

C.R. para Abordaxe!

5 Respostas to “[A Coruña] Pintadas nazis no Ateneo Libertario Xosé Tarrío”

  1. Mimá… Esvásticas por aquí, Franco por alá, Jose Antonio por acolá… Só lles faltou Serrano Suñer!! jajajaja

    Pero a esta xente quen lles explicou o conto? Porque máis alá da pose diplomática, o certo é que as relacións entre Hitler e Franco non eran precisamente amigables, e o mesmo pasaba con Franco e o falanxismo…

    Ai… Penso que a próxima vez que fagamos unha pintada deberíamos escribir algo así como:

    “Viva Durruti – Viva Stalin – Viva er Betih manque pierda! – Vendo Ford Fiesta”

    Patético.

    Iso por non falar do de “Jose Antonio Presesente” (¿?). Que significa “presesente”? É un novo vocablo resultante da mestura dos termos “presidente” e “presente” ou é que os nosos amigos nazis estaban moi nerviosos por se os cachaban “y les pudo la presión”? xD

  2. […] colo acá a reflexom feita sobre este sucesso por C.R. para Abordaxe: A fachada e a porta do Ateno Libertario Xosé Tarrío da Coruña amaneceron hoxe cubertas de […]

  3. Pardiez! Says:

    Las exclamaciones invertidas, así como el uso de cultismos del estilo de “presesente”, demuestran a todas luces una inteligencia superior y su pertenencia inequívoca a la raza aria.

  4. […] que uns descerebrados garabatearon hai pouco máis dunha semana sobre as fachadas e porta do local (aquí a noticia en Abordaxe!). A pesar de que a decisión da asemblea foi a de non darlle bombo á patética gamberrada dalgún […]

  5. […] 9ª [A Coruña] Pintadas nazis no Ateneo Libertario Xosé Tarrío […]

Deixar un comentario