Sobre as pintadas no Ateneo Libertario Xosé Tarrío

Ateneo Libertario
Xs compañeirxs do Ateneo Libertario Xosé Tarrío dá Coruña xa limparon as pintadas fascistas que uns descerebrados garabatearon hai pouco máis dunha semana sobre as fachadas e porta do local (aquí a noticia en Abordaxe!). A pesar de que a decisión da asemblea foi a de non darlle bombo á patética gamberrada dalgún tarado iletrado, polo que optaron por non escribir ningún comunicado nin respostar as preguntas da prensa burguesa, quen isto escribe, próximo á contorna do Ateneo pero de xeito totalmente individual, si querería facer un par de pequenas reflexións e aclaracións:
Para empezar, a decisión da asemblea de non dar máis importancia da que ten a un par de pintadas mal escritas responde o feito de que este Centro Social anarquista coruñés non se sente en absoluto “vítima dunha covarde agresión fascista”, como moita xente benintencionada manifestou solidariamente a través das redes (cousa moi de agradecer, por certo). Senten, máis ben, que a repulsa destes lunáticos tiranofílicos ó que significa un Ateneo Libertario evidencia que se camiña pola boa dirección. Que se están a facer ben as cousas. Por outra banda, o feito de que os liberticidas apologetas da autoridade non atopen outro medio para facer dano que o de garabatear absurdas consignas contraditorias, tan aberrantes no seu contido como na súa ortografía, e que o fagan protexidos pola noite do sábado, aparentemente baixo os efectos do alcol para esconder o seu medo cerval a ser descubertos, evidencia o grao de impotencia e incapacidade do fascismo troglodita e cavernario na cidade da Coruña (o do fascismo sutil e sibilino xa é fariña doutro costal).
Por certo que a pretendida superioridade da raza aria quedou plenamente retratada na pintada “Jose Antonio presesente¡¡¡”, con dobre “se” e os símbolos de exclamación invertidos, mostra evidente e inequívoca da supremacía intelectual da raza superior. Quizá estes mozos non deberían pintar mamarrachadas polas noites nos muros dos ateneos e farían mellor en pasar de día por algún deles a coller algún que outro libro para instruírse un pouco; os seus profesores de cuarto da E.S.O. agradeceríanllo sen dúbida.
Por último, pero non menos importante, querería recalar que mentres se realizaron os labores de limpeza das pintadas, gran cantidade de xente do barrio achegouse a mostrar a súa solidariedade, de xeito que era raro aquel que pasaba e non facía algún comentario, xa fose de ánimo cara ao Ateneo ou de repulsa cara ao fascismo. De modo que nunca antes, nun ano de vida, este Centro Social había conseguido conectar tanto coa veciñanza como neste momento. Un par de pintadas duns descerebrados conseguiron que se fixese máis “barrio” que 14 meses de actividades ininterrompidas. E iso por non falar de que o Ateneo levaba tempo querendo repintar esas paredes debido a unha obra na fachada que deixou unha pequena porción da mesma co cemento á vista, agora por fin conseguiuse acometer os labores de restauración que tanta preguiza daban ata o momento. Como nota curiosa e divertida comentar tamén que unha vez empezouse a repintar a parede de verde, bordeando as letras do rotulo do local, os activistas do Centro Social descubriron con grata sorpresa e evidente satisfacción que os restos da pintada sobre as palabras “Ateneo libertario” conferían uns estéticos brillos avermellados ao diseño que melloraban o orixinal, polo que unánime e alegremente decidiuse deixalos así. Se algún día se coñece a identidade dos “artistas” xa se lles agradecerá como é debido, que non caiba dúbida.
Así que aínda que é unha pena a preseSEncia de residuos fascistas nos nosos barrios, afortunadamente son moitas as veces que os seus actos conseguen un efecto adverso ao que eles quererían. De todos os xeitos aos anarquistas sempre nos atoparán en fronte, combaténdoos nas ideas e nos feitos ata erradicalos das nosas rúas.
Athene Noctua para Abordaxe!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: