[Madrid] Compilación de números do boletín “La hoja áKRAta”

Informa editorialimperdible.wordpress.com

La hoja ákrata

La hoja áKRAta”, era o órgano de expresión e difusión do “Kolectivo de Resistencia Antiautoritaria”, máis tarde “Kolectivo Revolucionario Anarquista”. O K.R.A. foi un colectivo anarquista e autónomo de Madrid que se movía polos barrios de Campamento, Paseo de Extremadura, Lucero, Batán e Aluche, integrado desde o principio da súa formación na Coordinadora de colectivos “Loita autónoma”. Do boletín “La hoja áKRAta” saíron 19 números, sacados desde outubro do 1996 a xaneiro-febreiro do 2000, empezando cunha tirada de 1.500 exemplares para rematar tirando 5.000 no seu último número. Desde a distancia entre barrios recibíase cada vez que saía á luz con complicidade co que alí se expoñía, e con alegría ao ver que outros compañeiros seguían cunha labor tan importante e necesaria. Non tiñan pelos na lingua, eran anarquistas e autónomas, non debían nada a ninguén. Escribían coa linguaxe da rúa: claro, sinxelo, directo e con contundencia. Nestas páxinas recóllense non toda, debido á súa periodicidade e o seu número de páxinas, unha parte importante dos acontecementos deses case catro anos que durou a súa andaina, así como numerosos artigos de opinión, críticos e combativos. Recomendamos abertamente a súa lectura para coñecer a época na que transcorre a súa traxectoria, e sobre todo para darnos conta que o que expoñen segue igual de vixente hoxe, como hai máis de 15 anos. O colectivo “Contrahistoria” sitúanos na súa introdución no contexto dunha época onde a rúa era o eixo principal da loita contra o estado e todas as súas estruturas dominantes, nas que nos barrios das cidades a contrainformación e a acción directa, a reapropiación das nosas vidas, eran armas básicas da resistencia antiautoritaria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: