[Radio] Transitando polo xénero

Novo programa de radio de «Cabezas de tormenta», desde Madrid.

cropped-cabecera
Antes de comezar coa nosa nova entrega, mandámoslle un forte abrazo e un agradecemento sentido, a todas as radios libres que nos reemiten nas súas grellas ou que están en proceso de facelo. Ademais das que podedes ver no apartado «Escóitanos desde», empezáronnos a reemitir: Radio QK, Zintzilik irratia, Ràdio RSK e Radio Bronka. En breve engadirémosvos á lista! Grazas e moitos anos máis emitindo ondas de liberdade!

A construción da identidade permítenos ser unha/un mesma/o e ser vista/o polas/os demais como se decide ser. É un dereito. Nunha sociedade onde saírse da norma perséguese, criminaliza, estigmatiza e en moitas ocasións relaciónase coa enfermidade, faise complicado exercer este dereito. Construír a identidade saíndose do establecido convértese nun acto revolucionario.

Por mor do noso programa 109 quedáronnos moitas dúbidas ao redor da realidade trans*. Para romper coa ignorancia ao redor deste tema aprendendo en colectivo, convidamos a Leo Mulió, psicólogo e persoa trans* que xunto a Fundación Daniela realizan un labor de acollida e apoio ás familias con peques trans*. Resolveremos dúbidas e coñeceremos o traballo deste grupo de apoio e divulgación desta realidade.

Para seguir coñecendo esta diversidade dentro do xénero, Leo deixounos unha serie de materiais. Enlazámosvos un par:

O sexo sentido
Trans*exualidades de Raquel (Lucas) Platero Méndez

Para finalizar teremos unha entrevista coas compas do Mad Grrrl Fest, unha iniciativa levada a cabo por mulleres, bolleras e/ou trans* que apostan polo empoderamento a través da música e a autoxestión de espazos musicais, un campo que a día de hoxe segue principalmente encabezado por homes cis.

Saúde e que o gocen!

Aquí o programa: https://www.cabezasdetormenta.org/?powerpress_pinw=2133-podcast

Deixar un comentario