[Vigo] Mañán Xoves 26 ás 19:30h Susan George comeza as Xornadas contra o TTIP organizadas por ECOAR)))

Reproducimos nota de Ecoar))):
1941496_870873346297456_3854105896202587292_o
Dende ECOAR))) quixéramos convidarvos a participar na primeira das sesións que terán lugar no marco das xornadas “Recuperar soberanía, desarmar o TTIP”, este xoves, 26 de marzo, ás 19:30h., no Audiotrio do centro Municipal de Teis (Camino Maceiras s/n, 36207, Vigo). Nesta ocasión, a sesión estará protagonizada pola célebre activista Susan George, escritora, científica socio-política e presidenta da Xunta do Transnational Institute, que visita Vigo para participar nestas xornadas. Adxuntamos nota de prensa con toda a información:

ARRINCAN AS XORNADAS
“RECUPERAR A SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP”

Este xoves 26 darán comezo as xornadas contra o TTIP organizadas por ECOAR))) en Galicia.

O xoves 26 de marzo, ás 19:30h., terá lugar, no Auditorio do centro Municipal de Teis (Camino Maceiras s/n, 36207, Vigo) a primeria das sesións que compoñen as xornadas “Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP”, da man de Susan George, activista, escritora, científica socio-política e presidenta da Xunta do Transnational Institute.
 O traballo de George vai encamiñado, nos últimos anos, cara a loita contra o modelo actual da globalización, organización do comercio mundial, as institucións financeiras internacionais e as relacións norte-sur.

George é especialista, entre outros temas, en reforma da Unión Europea, política comercial europea, débeda e institucións financeiras internacionais, alternativas á globalización empresarial, taxa sobre as transacións especulativas; seguridade alimentaria e comercio internacional. Sobre estes temas escribiu máis dunha decena de libros que foron traducidos a diversos idiomas, ademais de numerosos artigos.

As xornadas “Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP”, que pretenden ser un punto de encontro no que informarse e debater sobre os Tratados de Libre Comercio, comezarán así este xoves no marco das accións globais contra o TTIP que terán lugar en todo o mundo, e que culminarán o día 18 de abril co Global Action Day. Ao longo destas sesións, abertas a toda a cidadanía, analizaranse polo miúdo as características, orixe, alternativas e consecuencias dos Tratados de Libre Comercio (TTIP, TISA, CETA,…).

Ademais da sesión de George, o programa das xornadas é o seguinte:

– Martes 31 de marzo, 19:00h. (Biblioteca Municipal Anxel Casal, Santiago de Compostela; Salón de Graos da Facultade de Socioloxía, A Coruña; Café De Catro a Catro, Vigo)

Videoconferencia: Florent Marcellesi (investigador, político e activista ecoloxista, europarlamentario por EQUO) + Tom Kucharz (xornalista, investigador social e activista).

– Sábado 4 de Abril, 20:00h. (Salón de Actos do IES Santa Irene, Vigo)

Conferenciante: Albano Dante Fachín (activista e editor de Café amb Llet)

– Xoves 9 de Abril, 19:00h. (Salón da Actos da Facultade de Económicas, Santiago de Compostela)

Conferenciante: Ricardo García Zaldívar (activista, Doutor en Economía, profesor na Universidad Carlos III Economía e Presidente de Attac España)

– Luns 13 de Abril, 19:00h (Aula Magna da Fcaultade de Socioloxía, A Coruña)

Conferencia: Arcadi Oliveres (activista, pacifista, Doutor en Ciencias Económicas e profesor na Universitat Autònoma de Barcelona).

Máis información en http://ecoarglobal.org/ttip/

PENSA-ORGANÍZATE-ACTÚA

Deixar un comentario