[Vigo] ODS-Coia valora a Campaña da ILP pola Renda Básica

Colamos correo enviado pola xente da Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia):

15224587732_3b2602abee_mRematamos en Vigo a campaña estatal da Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica (RB). A xente da Oficina de Dereitos Sociais de Coia participamos desde o comezo nesta ILP con varios obxectivos:

– Recoller as sinaturas necesarias para que a proposta chegara ao congreso.

– Visualizar a loita polos dereitos sociais fronte á terrible situación social que está a provocar o sistema capitalista para a maioría da poboación.
– Fortalecer dinámicas comunitarias e resistencias desde as que ir construíndo aquí e agora outras formas de vida.

Con estas premisas tirámonos ás rúas desde o mes de abril de 2014 até o 14 de marzo deste ano. Xunto á comunidade parroquial do Cristo da Vitoria e a xente do Grupo de Axitación Social (G.A.S.) organizamos varias mesas de recollida de firmas e actos de difusión da ILP. Os barrios populares de Coia e o Calvario, o centro da cidade, a delegación de facenda, o “derbi galego”… foron algúns dos lugares onde recollemos sinaturas até chegar as 2557. En todo o estado a cifra de firmas recollidas estivo próxima ás 90.000.

Porén malia non chegarmos ao medio millón necesario para levar a proposta da Renda Básica ao congreso, a valoración que realizamos os diferentes grupos que participamos nesta iniciativa é moi satisfactoria. Fomos quen de introducir no debate público cuestións como: o desastre das políticas sociais agora duramente recortadas, o colapso dos servizos sociais, a necesidade/urxencia de pasar das rendas de inserción á renda básica, a privatización dos bens comúns, o enriquecemento por desposuimento dunha minoría… Sen dúbida nestes meses a Renda Básica, esta ferramenta ao servizo da transformación social, deu un pulo. Á vista do acontecido temos claro que cada día máis persoas ollan nas diferentes propostas de RB vieiros desde os que camiñar cara outros modos de organizar a vida que sexan máis respectuosos coas necesidades de todas as persoas.

Desde Galiza, e tomando palabras das xentes de Canarias, seguiremos a traballar en lóxicas de reivindicación e denuncia, ocupando as rúas como espazos de loita e visualización da exclusión social e a pobreza e esixindo o fin do sistema capitalista que nos oprime e nos rouba a posibilidade de vivir con dignidade. Seguiremos denunciando que a nosa pobreza é produto dos privilexios dunhas e que o reparto da riqueza que todas as persoas que aquí vivimos producimos, é só cuestión de vontade política e de presión social.

Vigo, 23 de marzo de 2015

ODS-Coia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: