Para o debate: “Que facer cando as voluntarias se tornan en lacaias das autoridades?”, por Colectivo Shoufu

Recollemos e traducimos ao galego este texto a partir da tradución realizada polo compañeiro de La Rebelión de las Palabras, que traduciu do inglés desde Enough Is Enough!. Trátase dunha reflexión dun colectivo de persoas que traballan como voluntarias en campos de refuxiadas e pasos de fronteira por toda Europa, e que decatáronse do colaboracionismo tácito existente entre as autoridades represoras, as ONG e algunhas voluntarias independentes e das consecuencias desa colaboración.


Nota previa de Are You Syrious: As nosas amigas do colectivo Shoufu pedíronnos que publiquemos este artigo de opinión, agardando que poida comezar un diálogo moi necesario sobre os cambios dentro da comunidade de voluntarias. Xa que as súas preocupacións son similares ás preocupacións de moitas outras voluntarias coas que falamos, incluíndo algunhas membros do noso propio persoal, agardamos oír o que pensades.

Pasaron máis de dous anos desde que un número sen precedentes de voluntarias internacionais descendeu sobre Grecia, os Balcáns, Francia e outros lugares que foron afectados por esta catástrofe humanitaria causada polo home. Calais, unha vez un refuxio para miles, está reducido a cinzas; As súas prisioneiras condenadas aos bosques e ás rúas de París. En todos os Balcáns están a construírse valos máis grandes e celas máis pequenas para todas aquelas que se atrevan a cruzar estas fronteiras “pechadas”. A brutalidade policial foi constantemente reportada na fronteira serbohúngara. En Grecia, a desesperanza de miles de persoas, atrapadas en campamentos nas illas e o continente, está a dar lugar á violencia e ao aumento dos suicidios. As voluntarias internacionais fixeron moito para documentar e reportar desde o terreo estas atrocidades e violacións flagrantes dos dereitos humanos cometidas contra as nosas semellantes.

Colectivamente, estivemos sobre o terreo desde que o corpo do pequeno Aylan foi arrastrado á beira do mar. Non podemos facer que Europa abra as súas fronteiras pero marcamos pequenas diferenzas para as vidas de moita xente, e nalgúns casos, salvámoslles do mar, mostrando humanidade no seu máximo esplendor. O movemento de solidariedade foi un exemplo remarcable do poder das persoas e do triunfo da sociedade civil, de ti e de min, cidadás ordinarias.

Con todo, non foi ata a nosa recente viaxe a Quíos (Grecia) que fomos deixadas cunha sensación de desgusto. Non só polas condicións inhumanas impostas por Europa senón por nós mesmas, polo noso propio rol como voluntarias.

É para todas nós que estamos a escribir estas palabras.

Fomos a miúdo animadas a cooperar coas autoridades co obxectivo de continuar fornecendo axuda básica. Con todo, mentres enchemos os baleiros deixados polos actores humanitarios e asumimos as responsabilidades do Estado, a cooperación coas autoridades pode deslizarse sen que o pareza cara á complicidade nas violacións de dereitos humanos. Por exemplo, cando acordamos distribuír mantas e lonas durante o inverno, non estabamos a permitir ás autoridades manter ás persoas nas fráxiles tendas de verán sen electricidade nin calefacción? Cando gastamos en artigos que as ONG internacionais suponse que deben fornecernos, estamos a utilizar mellor o diñeiro de volta a casa que nos confiaron amigas e familiares?

No canto de tomar unha postura colectivamente contra a resposta inhumana e degradante, permitímonos a nós mesmas convertinos en lacaias das ONG e as autoridades.

Como testemuñas de repetidas infraccións dos dereitos humanos, cremos na responsabilidade de documentar e de pronunciarnos contra os malos tratos e a neglixencia da que somos testemuñas continuamente pero que a miúdo rexeitamos expoñer por medo a perder a nosa presenza. Pero permanecer en silencio está en conflito directo con todo o que viñemos a facer aquí e só perpetúa o clima actual de impunidade.

As nosas voces están a ser silenciadas. Non só polas autoridades que quixeron e seguen querendo arrestarnos senón por compañeiras voluntarias, que están a emular lentamente e absorbendo a outras ao interior das moi xerárquicas estruturas e formas operativas das ONG que unha vez afirmaron detestar. Temen falar, conténtanse simplemente con dar axuda básica, celebrando o seu traballo, competindo polas doazóns, pero descoidando a súa responsabilidade como testemuñas.

Esa mesma xente rexeitou repetidamente facer un posicionamento colectivo e parecen máis interesadas en anunciar o seu traballo que as malas prácticas e infraccións que ocorren a diario. Quen como testemuñas do día a día teñen o poder de documentar pero descoidan completamente a súa responsabilidade como observadoras da crise. É máis, estamos a ver argumentos arraigados na cuestión de pronunciarse culminando na profesionalidade sendo sacrificada, mentres o formato xerárquico permite decisións que non benefician da mellor maneira a aquelas que estamos aquí para apoiar.

Ás veces parece coma se esquecésemos que o noso permiso para actuar deriva do consentimento da xente á que viñemos a axudar. Con todo, rara vez involucramos ás refuxiadas nas eleccións que facemos e nas nosas interaccións elas son reducidas a recipientes pasivos da nosa “asistencia”. Distanciarnos a nós mesmas da xente impídenos entender a súa vontade. Con todo, entre os selfies riseiros con nenos orfos e as patadas nas costas, oímos con demasiada frecuencia ás voluntarias celebrar a súa “asombrosa experiencia”. Non é unha medalla de honra social para colgar na roupa ou no teu Facebook cando volves a casa. Non se trata das abraiantes voluntarias. Isto non é abraiante, nunca será abraiante… É unha traxedia. E nós somos parte dela.

Non afirmamos ter as respostas. Pero a ausencia dunha conversa pon en perigo a esencia mesma do que fai ás voluntarias diferentes deses actores que constantemente fallan en cumprir o seu mandato humanitario. É a nosa flexibilidade, a nosa independencia, a nosa creatividade, e sobre todo un sentido da inxustiza o que nos permitiu construír equipos de rescate, escolas, cociñas, cabanas para mulleres ou equipos de defensa legal; fornecer apoio inmediato e efectivo a persoas vulnerables abandonadas na miseria dos campos, e aínda máis importante, establecer un rexistro de responsabilidades. En resumo, pon en perigo o traballo único das voluntarias independentes.

As nosas mans non están atadas se non queremos que o estean.

Nesta traxedia todas somos actores políticos inadvertidamente. Ao estar disposta a axudar, tomaches xa unha postura política. Non debemos esquecer que moitas das refuxiadas que se converteron nas nosas amigas, en moitos casos nas nosas co-voluntarias, chegaron aquí porque dixeron a verdade, loitaron pola liberdade, contra a represión. Para nós, non facer o mesmo é simplemente unha deshonra para elas.

Este é un chamado para todas as voluntarias involucradas na crise das refuxiadas a recuperar o espírito de cuestionamento, o que nos levou a apoiar a aquelas que Europa excluíu. Ás veces, as respostas poida que sexan incómodas, lévennos a cambiar fundamentalmente como traballamos, ou mesmo cuestionen a nosa propia existencia como voluntarias.

Chegou a hora de esixir responsabilidade ás autoridades e apoiar os proxectos mediáticos, de defensa legal ou psicosociais de integración que verdadeiramente empoderan á comunidade refuxiada.

Shoufu – Voluntarias a longo prazo e retornadas desde 2015

“Abaixo a Fortaleza Europa!”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: