[Ucraína] Solidariedade co anarquista e eco-activista Taras Bogay, acusado por unha pelexa con neonazis. Necesítase apoio económico!
Recollemos de La Rebelión de las Palabras e traducimos este comunicado da Cruz Negra Anarquista de Ucraína, que o compañeiro traduciu desde 325 e que informa da necesidade urxente de apoio económico para o compañeiro Taras Bogay, acusado por unha pelexa cun grupo de nazis que atacárono cando el intercedeu a favor dun grupo de persoas migrantes que os fascistas estaban a acosar na rúa. O compañeiro está agora acusado de atacar a un grupo de “persoas inocentes” (os medios e a policía evitaron en todo momento mencionar a ideoloxía neonazi e racista desas coitadas “persoas inocentes”, que sorpresa, verdade? que raro!) e de acoitelar a un deles, por unha ferida que o compañeiro teríalle causado a un dos nazis mentras se estaba a defender da malleira.
19 de marzo, 2017
O 19 de febreiro, Taras Bogay, un anarquista e eco-activista de Lviv, Ucraína, foi asaltado por un grupo de 20-30 neonazis bébedos das organizacións de extrema dereita Pravy Sektor (Sector Dereita) e da milicia neonazi chamada batallón Azov. Eles atacaron a Taras despois de que el tentase protexer a un grupo de estranxeiros que o grupo de nazis estaba a acosar con insultos racistas e ameazas.
Durante a pelexa, os atacantes ameazaron con matar a Taras. Foi deixado inconsciente e sufriu unha forte contusión cerebral e numerosos cortes resultando case na perda dun dos seus dedos. Mentres se defendía a si mesmo e aos estranxeiros, Taras cortou lixeiramente a un dos atacantes sen feridas serias. Taras loitou ben, pero as forzas eran desiguais.
A pesar de que Taras foi atopado cuberto no seu propio sangue, a comisaría de policía de Lviv emitiu novas sobre o incidente máis tarde ese día sen mencionar as feridas de Taras. As noticias afirmaban: “A policía arrestou a un home de 27 anos que acoitelou a un rapaz de 18 anos nunha pelexa”.
Uns días despois do incidente unha falsa “testemuña” declarou que Taras atacou de súpeto ao grupo de “persoas inocentes”, logo cortouse el mesmo e escapou. Aínda que cada palabra desta evidencia é unha clara mentira, podería ser considerada como unha proba da culpabilidade de Taras no xuízo. O caso demostra claramente que a policía ucraína ten unha forte afiliación coas organizacións de extrema dereita. Actualmente, Taras está a ser tratado polas súas feridas, e facendo rehabilitación da súa contusión cerebral. Taras está a recuperarse gradualmente e a súa condición mellora aos poucos. Con todo, segue sen poder traballar.
Taras está a experimentar varios problemas financeiros. Primeiro, non pode traballar debido ás feridas e ten que pagar facturas médicas. Segundo, para protexerse a si mesmo dos cargos falsos, Taras necesita un avogado que custa polo menos 900 € (concluiu o contrato cun avogado para o período de investigación, aproximadamente a metade dun ano).
Sen un bo avogado, Taras podería afrontar unha sentenza de entre 5 e 7 anos de cárcere (os cargos son conduta desordenada e lesións corporais graves).
Comezamos unha campaña de recadación de fondos en firefund.net/ukraine para reunir os 900 € que nos permitirán fornecerlle a Taras un bo avogado e axudarlle a sobrevivir durante o período de desemprego. A loita contra as políticas da extrema dereita baséase na solidariedade global e o apoio mutuo.
Tamén podedes doar ao moedeiro de bitcoin da Anarchist Black Cross: 39pQm5RxArsFZEBt4MPvMFuHEuyY1oG18k
Paremos á escoria fascista! Solidariedade con Taras Bogay!
Grazas polo voso apoiyo!
Viva a anarquía!
Deixar unha resposta