Continúan os ataques da Iniciativa da Mocidade Apoísta contra os intereses do Estado turco en Europa

A Iniciativa da Mocidade Apoísta é unha proposta de acción informal lanzada por mozos e mozas residentes en Alemaña pero de orixe kurda ou solidarias coa loita dos pobos kurdos contra o Estado fascista e xenocida do ditador Erdogan en Turquía. Ata agora realizaron diversos ataques en distintos puntos de Alemaña e dous en Londres contra símbolos, colaboradores, intereses e representantes do Estado turco en Europa. A continuación traducimos e difundimos un pequeno recopilado destes ataques, tomado de La Rebelión de las Palabras (que realizou traduccións ao castelán dende o inglés):

Nós, a Iniciativa da Mocidade Apoísta – Equipo de Vinganza Çekdar Botan (Kassel), Equipo de Vinganza Lecvan Munzur (Munich) e Equipo de Vinganza Lecvan Munzur (Colonia), levamos a cabo ataques incendiarios en Munich, Colonia (20.08.16) e Kassel (23.09.16). Todos os coches queimados eran propiedade de fascistas turcos.

Esta acción é en represalia ao cativerio desde hai 17 anos do noso líder Rêber Apo (Abdullah Öcalan), e é unha acción de vinganza por todxs xs nosxs mártires da resistencia que caeron no Kurdistán do Norte, en Rojava e nas montañas de Qandil. Continuaremos as nosas accións ata que Rêber Apo sexa liberado e Kurdistán reciba o status de recoñecemento. Advertimos á BRD en contra de apoiar ao Estado turco na guerra contra o noso pobo e contra as nosas forzas democráticas. Mentres a BRD apoie esta política de guerra, a Mocidade Apoísta continuaremos a nosa resistencia nas rúas de Alemaña. Todxs xs fascistas, todas as institucións do Estado turco (UETD, DITIB, ADD, AYTK) e as súas redes de apoio alemás/europeas, todos representan obxectivos de ataque para nós. Ninguén debería pedirnos que rematemos con estas accións. Nós pola presente chamamos a toda a mocidade revolucionaria, especialmente á mocidade revolucionaria kurda, a actuar.

Con saúdos revolucionarios

Equipo de Vinganza/Intikam Timi Sehid Lecvan Munzur (Munich)
Equipo de Vinganza/Intikam Timi Sehid Çekdar Botan (Kassel)
Equipo de Vinganza/Intikam Timi Sehid Lecvan Munzur (Cologne)

Iniciativa da Mocidade Apoísta 03.10.16.

uetd-300x169Nós, a Iniciativa da Mocidade Apoísta NRW – Equipo de Vinganza Sehîd Alîsêr Firat, reivindicamos o ataque contra a oficina da UETD (Unión de Demócratas Europeos e Turcos) en Grevenbroich o 28.10.2016. Este ataque foi unha vinganza pola execución de dúas guerrilleiras de YJA-Star. Foron executadas polo exército turco tras ser capturadas.

A execución das dúas guerrilleiras é simbólica de todos os ataques en marcha polo Estado turco contra a vontade das mulleres libres en Kurdistán. A través da publicación do vídeo da súa execución, a identidade das mulleres libres é avergoñada e humillada. No vídeo é claramente visible que os soldados están a usar rifles G3 alemáns. Todo o mundo pode ver claramente neste vídeo que o Estado alemán está ao lado do Estado turco na guerra contra a democracia en Oriente Medio, na guerra contra as mulleres libres.

Repetímolo outra vez: Continuaremos atacando todas as institucións do Estado turco ata que o ditador Erdogan sexa derrocado, Kurdistán sexa liberado e as mulleres obteñan a súa liberdade. Estamos a avisar a todos os defensores alemáns do Estado turco unha última vez: Se non deixades de apoiar ao fascismo en Turquía, tamén vos atacaremos a vós.

Jin Jiyan Azadî!
Bijî Serok Apo!
Longa vida á solidariedade internacional!

Iniciativa da Mocidade Apoísta – NRW
Equipo de Vinganza Sehîd Alîsêr Firat

1 de novembro, 2016

smash

Durante meses, o Estado turco continuou o seu exterminio de todos os pobos libres, especialmente kurdos e alevíes, mulleres e mocidade, demócratas, revolucionarixs e socialistas. Co apoio de Occidente, especialmente Alemaña, Recep Tayip Erdogan está a construír gradualmente a súa ditadura fascista. O arresto, despedimento e tortura de políticxs, xornalistas, profesorxs e estudantes de orixe kurda móstranos a todxs nós que as políticas de paz en Turquía e Europa xa non existen.

Durante a noite do 3 ao 4 de novembro, nós, a Iniciativa da Mocidade Apoísta NRW (Equipo de Vinganza Sehîd Cekdar Botan) atacamos a “Asociación Cultural Turca” en Bad Oeynhausen. Este ataque é en vinganza polxs guerrilleirxs caídxs en Dersim, quen morreu o 22 de outubro de 2016 nun ataque aéreo.

A “Asociación Cultural Turca” en Bad Oeynhausen é unha organización que apoia a construción do fascismo en Turquía. Levan a cabo traballo ideolóxico en Alemaña.

Como a Iniciativa da Mocidade Apoísta NRW, continuaremos as nosas accións ata que o último club fascista estea pechado, Erdogan sexa derrocado e os pobos de Oriente Medio sexan liberados. Con este fin facemos un chamado a todxs xs revolucionarixs, internacionalistas e socialistas para levar a cabo acciones militantes contra as persoas e as institucións do Estado turco, así como os seus partidarios alemáns.

Tamén saudamos á mocidade kurda en Francia que levou a cabo ataques sorpresa contra representantes do Estado turco en París.

Saúdos revolucionarios,

Iniciativa da Mocidade Apoísta NRW
Equipo de Vinganza Sehîd Cekdar Botan

6 de novembro, 2016

ayiA Iniciativa da Mocidade Apoísta reivindica a responsabilidade polo ataque á asociación de Lobos Grises así como ao coche dun fascista turco en Kassel.

O mundo enteiro está a contemplar os ataques do Estado turco contra xs kurdxs. Non só xs kurdxs, senón todos os pobos están ameazadxs polo fascismo do Estado turco en Turquía, Kurdistán e todo Oriente Medio.

Co apoio de Alemaña, o ditador Erdogan é un gran perigo para todos os pobos en Oriente Medio. Especialmente en Alemaña, o Estado turco espallou a súa ideoloxía por medio de varias asociacións tales como a DITIB, a ATIB e a UETD. Campañas contra os negocios kurdos están a ser organizadas tamén.

Como Iniciativa da Mocidade Apoísta Hessen – Equipo de Vinganza Sehîd Tîjda Ekecik, levamos a cabo varios ataques contra persoas e organizacións fascistas durante a noite do 3 ao 4 de novembro en Kassel:

  • Contra o vehículo dun fascista turco en Oberzwehren, que chamou ao boicot de negocios kurdos.
  • Contra o Ülkü Ocagi (Club) dos Lobos Grises.

Estes ataques son un acto de vinganza polxs combatentes caídxs das YPG/YPJ que foron asasinadxs polos ataques do Estado turco en Rojava. Os nosos ataques non pararán e expandiranse ata que Recep Tayip Erdogan remate como Saddam Hussein ou Adolf Hitler.

Chamamos a toda a mocidade revolucionaria, especialmente á mocidade kurda, a levar a cabo accións militantes onde queira que estean.

Slav û rêzên soresgerî
6.11.16.

Iniciativa da Mocidade Apoísta Hessen
Equipo de Vinganza Sehîd Tîjda Ekecik

A Iniciativa da Mocidade Apoísta atacou a unha organización baseada en Londres que está preto da Diyanet İşleri Başkanlığı (Presidencia de Asuntos Relixiosos) e da Sociedade Islámica Turca en Newington Green/Londres.

Xs 30 mozxs que atacaron a estas dúas organizacións fascistas declararon que as facían obxectivo polas súas sucias políticas contra o movemento de liberación kurdo.

Ambas organizacións foron bombardeadas con pirotecnia, as xanelas foron rebentadas e “TURQUÍA = ISIS (DAESH)” foi pintado con spray nas paredes.

Xs rapazxs declararon que accións similares continuarán.

Deixar un comentario