[Audio] Entrevista axs compañeirxs Elisa Di Bernardo e Gabriel Pombo da Silva no programa antirrepresivo e anticarcelario Anarkustika (Radio RSK, Barcelona)
As compas de Radio RSK (Nou Barris, Barcelona) veñen de publicar na rede a entrevista que fixeron no seu programa anticarcelario e antirrepresivo Anarkustika o 1 de novembro ás compas Gabriel Pombo da Silva (anarquista galego que pasou máis de 30 anos no cárcere, incluíndo 8 anos na prisión de Aachen, en Alemaña) e Elisa di Bernardo (anarquista italiana que participaba no blogue anarquista de contrainformación Culmine e que foi represaliada durante a Operación Ousadía anos atrás xunto a outrxs compañeirxs), aproveitando a palestra que ambxs compañeirxs deron dentro do Tattoo Circus de Barcelona (realizado no CSO L’ Astilla entre o 28 e o 30 de outubro).
Velaquí vos deixamos o arquivo para escoitalo. Para descargar, clickade aquí e a continuación, premede o botón dereito do rato e seleccionade “Gardar como”.
Deixar unha resposta