Outra morte máis no cárcere de Puerto 3

Difundimos esta info da web do boletín tokata e tamén animamos a escoitar o seu último programa de radio de «Tokata y fuga» sobre cárceres para nenos, mortes en prisión e resistencia anticarceraria.

De fontes ben informadas, soubemos que na madrugada de onte, no módulo 10 do cárcere de «Puerto III», morreu Moisés Soto Moreno, de 24 anos, supostamente por sobredoses e, en realidade, a causa do abandono médico e a neglixencia dos carceleros. Sobre as 5, empezou a estar mal. O compañeiro de cela avisou e todo o módulo, máis de 100 persoas, empezou a picar portas e a gritar chamando aos gardas. Pero non viñeron ata pasada máis dunha hora, cando era xa demasiado tarde e o raparigo estaba vomitando sangue. Pola mañá, os presos do módulo 10, moi encabuxados, foron pedir contas aos funcionarios. Estes ameazáronlles con regresións a primeiro grao e sancións de illamento se a noticia saía publicada nalgún sitio. O compañeiro de cela do home falecido desapareceu, ninguén sabe onde o levaron.

Deixar un comentario