Unha breve historia (radiada) de violencia institucional
Tirado da web sobre saúde mental e revolta, Primera vocal.
Na peza sonora que vos enlazamos a continuación, emitida no programa «En primera persona» de Radio Nacional de España o día 16 de febreiro de 2015, escoitamos a un médico forense e a unha xuíza durante o exercicio da súa valoración da legalidade dos internamentos psiquiátricos que se fan sen o consentimento das persoas ingresadas. Ejemplifica o modo habitual de proceder á hora de efectuar a peritación médico-forense e a audiencia do interesado ante o xuíz que require a lei para xustificar a aplicación desta medida de privación de liberdade.
Audio: «Muchos son pacientes no tienen conciencia de enfermedad»
Estes 19 minutos parécennos un perfecto testemuño do razoamento e a ideoloxía que subxacen ao xuízo sobre a xustificación da medida, a saber:
Que é posible vulnerar o dereito fundamental á liberdade se se fai porque se cre que se están impoñendo unhas medidas (o internamento psiquiátrico e a medicación forzosa) supostamente terapéuticas.
E que a vontade dunha persoa pode ser legalmente vulnerada se se entende que a denominada «falta de conciencia de enfermidade» é un sinónimo da capacidade de decidir sobre a necesidade de recibir ou non tratamento.
O médico forense cuxo percorrido acompañamos no programa de radio teno claro: baseándose nunha teoría máis que refutada pola investigación, a do Déficit Cognitivo na esquizofrenia[1], que defende que as persoas con este padecimiento van perdendo capacidades cognitivas de maneira progresiva tras cada crise, asume a necesidade de medicación e de ingreso hospitalario para evitar «que as persoas non se vaian dexenerando»(minuto 10:10).
Nunha das entrevistas que podemos escoitar (minuto 3:42), o forense pregunta a unha das persoas ás que está a valorar se cre que é necesario o tratamento farmacolóxico que está a recibir. A resposta de que a multitude de fármacos que recibiu non lle serven para evitar que teña as ideas que lle fan sufrir, non é suficiente para o forense: «É o psiquiatra o que cho ten que dicir», exponlle. «A medicación é necesaria para que esteas o máis estable posible», ditamina. E con estes dous argumentos de autoridade sentencia a incompetencia do diagnosticado para decidir sobre o que lle vén ben, en virtude do suposto da súa nula conciencia de enfermidade, que considera inherente ao trastorno que lle etiqueta.
Ante este panorama, no que se xustifica a violación dos dereitos humanos fundamentais baseándose en supostos e feitos indemostrados, non podemos máis que esixir, unha vez máis, que desapareza da legalidade vixente a posibilidade de internar forzosamente a unha persoa.
[1] Unha revisión que refuta esta teoría é a de Miguel A. Valverde, titulada «Unha crítica á teoría do déficit cognitivo na esquizofrenia», publicada na revista da Asociación Española de Neuropsiquiatría
Deixar unha resposta