Novo blog «La religión esclaviza»

Aquí a dirección: https://lareligionesclaviza.noblogs.org/.

religionescaviza

A relixión escraviza

Coa apertura deste blogue, preténdese crear un espazo de crítica cara a unha das opresións que pretendeu someter a nosa alma e o noso corpo durante séculos: a relixión. Calquera deus non é senón un gobernador absolutista, un xuíz que beneficia aos poderosos e a nós condénanos, un pai autoritario que esixe que nos humillemos; é dicir, un tirano que ordena o que debemos ser e facer e a quen, por tanto, debemos destruír. Do mesmo xeito, a igrexa é a súa sucursal terrestre encargada de facer cumprir a súa lei e a súa moral; sendo historicamente un centro de corruptelas, abusos, violacións, etc.

No nome dun deus leváronse a cabo sen escrúpulos guerras, asasinatos, secuestros, torturas e demais atrocidades contra as persoas. Que todo o seu anterior poder repartiuse entre distintas autoridades estatais non implica que deixase de existir como elemeto represor nin que deixe de influír nos poderes fácticos e de servir como lexitimador aos mesmos.

Un exemplo diso é o caso dos nosos compañeiros Mónica e Francisco, en prisión preventiva (sen xuízo) desde hai máis de dous anos, e cunha petición fiscal de 44 anos de prisión a cada un polas acusacións de pertenza a organización terrorista, estragos, lesións e conspiración; virando todas estas acusacións ao redor da colocación dun artefacto explosivo na Basílica do Pilar. Cando saíu a petición fiscal, hai uns meses, apareceron dúas acusacións particulares, unha delas, como non, do Cabildo de Zaragoza. Fiscal e Cabildo, Estado e Igrexa, man a man coma sempre, nesta ocasión para defender este mundo de miseria, para tentar eliminar calquera loita por un mundo novo. Eles usarán todas as súas armas para defenderse atacando aquilo que non poida asimilar, neste caso, as ideas e prácticas anarquistas. Non caeremos nas súas dinámicas nin linguaxe, superando o binomio inocente-culpable. Encaixaremos os golpes e seguiremos na loita, non deixaremos a ningún compañeiro só nas garras do Estado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: