[Rep Centroafricana] Así son as Forzas da Paz da ONU: Soldados franceses e xeorxianos intercambiaron felacións por galletas con nenas de 7 anos

Colamos (traducido) da web La república:

160129224527_sp_french_soldier_central_african_republic_624x351_afp_nocredit O escándalo sexual que afecta as misións militares internacionais na República Centroafricana vai en aumento. Este venres pasado, o Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos informou de que hai probas de que os abusos foron cometidos polas tropas xeorxianas e francesas.

O Alto Comisionado dixo que ten firmes sospeitas dos abusos tras falar con seis nenas que identificaron aos seus agresores como membros dos continxentes de Xeorxia e Francia da forza de paz europea mandatada pola ONU, que estaba no país en 2014.

En xaneiro, saltou o escándalo coa noticia de que catro soldados de paz pagarían para ter relacións sexuais con nenos de 13 anos nun campo de desprazados preto de Bangui, a cidade máis grande da República Centroafricana, no suroeste do país.

Os novos datos dan máis detalles do que estaba a suceder neste campo. Os investigadores falaron con dous irmáns, un neno e unha nena, de nove e sete anos respectivamente. A pequena relatou que realizou sexo oral a soldados franceses a cambio de auga e un paquete de galletas. Os militares eran membros da misión “Sangaris” despregada en decembro de 2013 tras golpe de estado de marzo dese ano na nación africana.

Outro equipo de investigadores falou con nenas de 14 a 16 anos, que tamén dixeron ser vítimas de abusos sexuais por homes que pertencían á forza de paz europea. Dous delas dixeron que foron violadas, mentres outras dúas menores aseguraron que recibiron diñeiro a cambio de manter relacións sexuais cos militares. Os abusos cometéronse nas inmediacións dun campamento para desprazados nas proximidades do aeroporto da capital, Bangui.

Este país arrasado por conflitos sucesivos, deixou de ser unha colonia francesa en 1960; agora o país atópase baixo supervisión da ONU e da misión francesa. A pesar de ser un territorio rico en diamantes, ouro, uranio e petróleo, a súa poboación é unha dos pobres do mundo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: