[Italia] Onte 23, Vista preliminar do xuízo a Billy, Silvia e Costa .- Relanzaremos a Loita contra a Nocividade

Un compa do blog Anónimos Libertarios fainos chegar o texto en castelán (que traduciron xunto á xente de “Matar o Morir ediciones” do orixinal en italiano) asinado por Billy, Silvia e Costa escrito en febreiro, pero de tremenda actualidade dado que a vista preliminar foi ontem e ai se determinará se hai lugar a xuízo no que se lles procesará por terrorismo por loitar contra as nano-biotecnoloxías (de momento descoñecemos o resultado da vista):
cropped-HEADER2 Relanzaremos a loita contra a nocividade

Pasaron cinco anos dende que fomos arrestadxs en Suíza cando a policía nun posto de control no paso Albis, cantón de Zürich, encontraron no noso auto explosivos, latas de gas propano, bidóns de gasolina e varias copias dunha reivindicación por parte da Fronte de Liberación da Terra Suíza. O obxectivo do ataque era “Binning and Rohrer Nanotechology Center”, unha estrutura que nese momento estaba en construción, propiedade de IBM en colaboración con ETH, a Escola Politécnica Federal de Zúrich.

O xuízo tivo lugar un ano e medio máis tarde, onde se nos acusou de: preparación de incendio intencional, ocultar e transportar material explosivo e comercio non autorizado (importación) de explosivos. O fiscal federal Hansjörg Stadler esixiu penas de 3 anos e 4 a 8 meses, amplamente aceptados polo xuíz federal Walter Wütrich. O tribunal confirmou todos os cargos, agás o de tráfico ilícito (importación) de explosivos, do que fomos absoltxs.

Paralelo a isto, o fiscal de Torino iniciara unha investigación a fondo dos cartuchos de explosivos que as autoridades suízas nos encontraran para descubrir de onde proviña o material. Cando se completou a investigación, o fiscal Enrico Arnaldi Di Balme emitiu tres cargos máis contra nós: actividade terrorista involucrando dispositivos explosivos letais, posesión e transporte de explosivos en espazo público e recepción de bens roubados (explosivos), todos os cargos con agravantes de “fins terroristas”.

Nestes últimos 5 anos, a nosa análise do presente reconfirmouse, e polo tanto as nosas crenzas anarquistas e ecoloxistas simplemente fortalecéronse. As nano-biotecnoloxías son a última ruta marcada polo sistema tecno-industrial capitalista no saqueo e devastación da Terra. Estes camiños, como todos os anteriores (acordémonos da era industrial), están presentados como milagres que podemos imaxinar doadamente destinados a converterse nun pesadelo. Estas tecnoloxías xorden do cambio de visión do mundo que a era da informática trouxo consigo, suplantando a visión mecanicista das pancas e engrenaxes cunha visión matemática feitas de bits de información na que a realidade debe ser capaz de encaixar nun algoritmo. Esta nova visión arraigouse xa que se adapta mellor ás esixencias do presente sistema. Afirmando que abriu posibilidades insospeitadas ata agora pola ciencia para levar a cabo o que o tempo e o auto-canibalismo do sistema están a premer con urxencia a facer: todo o apropiado no universo descompoñelo nos seus máis pequenos compoñentes infinitesimais, en “bits”.

Noutras palabras, lograr algunha unidade básica universal coa que os científicos poidan reducir a totalidade do existente a un nivel de intercambiabilidade e equivalencia de maneira que a través da enxeñaría desta nova (inaccesible ata agora) materia prima sexa capaz de facer calquera cousa no universo utilizable para as necesidades de enerxía. Estas tecnoloxías son, polo tanto, os piares sobre os que o sistema será capaz de volver organizar os procesos de produción e subministración que son vitais para o seu crecemento, un crecemento infinito nun planeta que xa foi saqueado máis alá dos límites das súas posibilidades. E, como no caso dos OMG (Organismos Genéticamente Modificados), a converxencia das ciencias é a última promesa dunha tendencia de desenvolvemento que se supón facer fronte á crise ecolóxica á que o mesmo progreso ecocida nos levou.

Como escribimos antes, Binning and Rohrer Nanotechology Center fíxose operativa inaugurándose un par de meses antes do noso xuízo en Suíza. Durante case tres anos estivo a ofrecer 950 metros cadrados á colaboración na investigación básica de novos materiais e elementos de construción nanométrica. Este sitio permitirá aos investigadores de IBM, ETH e os seus socios impulsar o coñecemento e sobre todo as posibilidades de aplicación da nanotecnoloxía que van máis alá, moito máis alá, que o uso actual alcanzado entre os cosméticos, pneumáticos ou a nanotecnoloxía en aerosol. Isto é o que o director da estrutura, Matthias Kaiserswerth, promete. Para nós, aínda que IBM ou ETH se compracen de ter nas mans un laboratorio único no mundo – e en certo modo teñen razón – a realidade é que os lugares onde se están a alentar á enxeñaría e á manipulación da vida e o planeta son moitos, e o máis importante, que son un pouco en todas as partes. Dende os centros de investigación das empresas multinacionais ás universidades, dende centros científicos ata as institucións de investigación científica internacionais: este mundo móvese en paralelo á realidade que coñecemos, planificando e construíndo un futuro que se nos impón, algúns de cuxos aspectos xa podemos ver a noso arredor. Este mundo ten un nome e unha dirección.

A través dos anos sentimos cada vez máis a necesidade de tratar de construír loitas contra este desenvolvemento, a partir da comprensión de como a bio e a nanotecnoloxía son indispensables para o sistema e o seu potencial dano. Cabe aclarar que esta nocividade non é tan daniña para a saúde humana ou o medio como a relación entre o poder e a tecnoloxía que se traduce na remodelación/substitución/destrución dos ecosistemas e a vida. É un concepto moito máis amplo de nocividade directamente vinculado a nocividade no seu conxunto: o propio sistema. Sentimos esta urxencia e dado o avance do sistema tecnolóxico industrial, estamos convencidxs de que esta debe traducirse nunha crítica radical, que non pode ignorar o contexto económico e social da que estas nocividades son tanto un produto coma unha necesidade. Á súa vez, esta crítica debe ser capaz de transformar os océanos de tinta e palabras necesarias para expresar e desenvolver unha loita e acción directa. Así que seguimos convencidxs da necesidade de desenvolver loitas ecolóxicas radicais contra este sistema tecno-industrial mortifero, pero queremos sinalar que a loita ten que ser vista como unha posibilidade real de poñer todo en dúbida, e non un espazo no que encontrar un rol no teatro político ou ofrecer alternativas “eco-sustentables” ao sistema.

O que vemos é como os lugares de poder tecno-científico están descentralizados e molecularizados nunha constelación de intereses e proxectos ultra específicos, aínda que todos estes seguen estando necesariamente interconectados. Intervir e golpear onde máis doia é menos evidente e doado de entender. Unha fonte continua de inspiración neste sentido está representado por aquelxs que no mundo segue sentindo a urxencia da loita, levando adiante proxectos, campañas e mobilizacións en defensa do que se senten parte, e a sabotaxe e ataque contra esas engrenaxes que compoñen o sistema industrial capitalista e tecno-científico patriarcal.

Sabemos que posicionarse no camiño da loita probablemente signifique ter que facer fronte á represión, tarde ou cedo, e non hai escape diso. O que se pode e debe evitar é deixar sós a xs que foron golpeadxs pola represión. O apoio a xs presxs é algo que non se pode esquecer, e ademais da solidariedade e o apoio básico que é tan importante e fundamental para levar a cabo as loitas polas que xs compañeirxs están a pagar. No que a nós respecta, agora fora destes muros, realmente apreciamos os esforzos de tantas persoas que organizaron eventos e iniciativas nos últimos meses. Así como a calor do apoio inmediato necesario que lle deron espazo ao noso caso, sobre todo en cuestións sobre as que queremos discutir e expresar os nosos sentimentos. Isto para nós é fundamental.

O 23 de abril fixouse a data para a audiencia preliminar, onde se decidirá se este xuízo “déjà vu” se levará a cabo. Pola nosa banda, non estamos tan interesadxs en chamar a atención sobre o noso caso concreto e o xuízo contra nós, senón máis ben desexamos ser capaces de converter este momento nunha oportunidade, mesmo para a mobilización, para formular estas cuestións que sentimos e temos en común.

Non poñer a represión no centro das cousas, pero actuar sen delegar en outrxs, en contra da bio e a nanotecnoloxía, a enerxía nuclear e todas as demais formas de nocividade producida por este sistema de morte, contra o actual momento de aniquilación e devastación.

Pola Liberación da Terra, pola Liberación Animal.
Billy, Costa e Silvia.
Febreiro de 2015

Tendo en conta os gastos legais do xuízo que enfrontamos, pedimos a todxs o seu apoio através de iniciativas benéficas e doazóns á conta postal a nome de:

Marta Cattaneo
IBAN: IT11A0760111100001022596116
Razón de pagamento: Solidariedade con Silvia, Billy e Costa

Para contactar: info@resistenzealnanomondo.org
http://www.resistenzealnanomondo.org
http://www.silviabillycostaliberi.noblogs.org

……………….
*NOTA de A.L.:
Matar o Morir ediciones colaborou coa tradución do texto aclarando que sosteñen certas diferenzas teórico-prácticas co contido deste.
A tradución fíxose do inglés e o italiano.

Unha resposta to “[Italia] Onte 23, Vista preliminar do xuízo a Billy, Silvia e Costa .- Relanzaremos a Loita contra a Nocividade”

Deixar un comentario