[Turquía] Sobre Berkin Elvan e as accións armadas do DHKC

Colamos (e traducimos) esta moi interesante reflexión sobre os últimos acontecementos represivos na Turquía contra membros do DHKC (Fronte Revolucionaria de Liberación do Pobo), polos mediáticos casos que sairon à luz en todos os falsimedios con unha manipulación sesgada e interesada. Por iso a recollemos do blog “Rojava no está sola, Anarquistas en Solidaridad con Rojava”, onde as compas denuncian o estado policial turco e apontan que “ainda que non compartimos a ideoloxía marxista do DHKC, valoramos a historia dos comunistas en Turquía e das súas accións”:

CBa6oRdVAAAYEqF.jpg-large A continuación deixamos un resumo dos últimos acontecementos que se viviron en Turquía. Mentres as eleccións se achegan no país, o goberno de AKP aprobou hai unhas semanas unha nova lei que converte a Turquía nun estado policial (aínda que xa o era, pero agora legalmente) xa que outorga maior poder aínda á policía e impunidade total no caso da morte dun manifestante. O caso de Berkin Elvan é un deles, e despois de dous anos dende que un policía lle disparase cun bote de gas na cabeza cando ía comprar o pan nun barrio de Istanbul, despois de innumerables disturbios e manifestacións, mobilizacións por parte de moitos colectivos, familiaries e asociacións para pedir xustiza contra os asasinos de Berkin; a investigación segue paralizada. Non só iso, como Berkin se converteu nun símbolo da revolta e da xustiza, o goberno de AKP levou a termo unha política de represión contra todo aquel que critique ou difunda o caso. Por exemplo, centos de persoas foron detidas e procesadas por participar en manifestacións e mesmo aos presos turcos (tanto en Turquía coma noutros países) se lles prohibe ter libros e documentais que se fixeron en memoria de Berkin. Cando aquelló pasou non existía esta lei e os policías quedaron igualmente impunes.

Neste contexto e fartos do fascismo do goberno do AKP e a súa impunidade, varios militantes do DHKC levaron a cabo o 31 de Marzo varias accións armadas en menos de 24 h, incluíndo o secuestro do fiscal do caso de Berkin e esixindo así xustiza. Seguidamente produciuse unha ondada represiva do Estado contra o DHKC e miles de persoas saíron á rúa pedindo xustiza para Berkin e solidarizándose cos militantes; creando enfrontamentos coa policia.

Tamén deixamos a tradución da interesante entrevista que un xornal realizou os militantes que tomaron como refén o fiscal mentres estaban antrincheirados, así como un resumo da manifestación do primeiro aniversario da morte de Berkin o pasado 11 de Marzo e a crónica dalgunhas accións levadas nese día por anarquistas turcos.

Aínda que non compartimos a ideoloxía marxista do DHKC, valoramos a historia dos comunistas en Turquía e das súas accións; así como nos solidarizamos con aqueles que despois destas accións foron detidos e encarcerados tras a caza de bruxas do estado turco contra os militantes do DHKC e os seus simpatizantes.

O pasado 31 de Marzo, no pazo de xustiza Çalayan de Istanbul dous membros de DHKC (Fronte Revolucionaria de Liberación do Pobo) – organización marxista-leninista considerada terrorista en Turquía, EUA e a UE – secuestraron o fiscal do caso de Berkin Elvan durante seis horas e cuxas demandas incluían a confesión en público do policía que matou a Berkin, xuízo popular aos policías involucrados no caso e a eliminación dos cargos a todas as persoas detidas e procesadas durante as protestas en solidariedade con Berkin. Berkin era un neno de 14 anos asasinado pola policía turca durante as protestas de Gezi Park, recibiu un disparo na cabeza cun bote de gas e permaneceu en coma 9 meses antes de morrer o 11 de Marzo de 2014. Dende entón o proceso xudicial non fixo case ningún progreso en case dous anos. Mentres os militantes estiveron na oficina do fiscal, publicaron capturas de pantalla dos documentos do caso, incluíndo fotografías e números de placa dos policías sospeitosos. Tras seis horas de negociación, tanto os militantes coma o fiscal morreron durante a intervención da policía SWAT no edificio, a cal foi descrita como todo un éxito polo presidente Erdoan.

Ademais, nas seguintes 24 h ao secuestro, tiveron lugar dous asaltos armados máis na cidade:

Dúas persoas asaltaron o cuartel xeral da policía de Istanbul disparando, desatando un tiroteo coa policía no que un dos asaltantes morreu e o seu compañeiro escapou e foi posteriormente capturado. A muller estaba armada con dúas granadas de man, un rifle e unha pistola. (http://www.wsj.com/articles/gunmen-attack-istanbuls-police-headquarters-1427906697)

Dous homes armados entraron nas oficinas do partido do goberno AKP, supostamente só un puido ser detido. (http://news.sky.com/story/1456682/gunman-arrested-at-turkey-ruling-party-office)

A crise desatada polo secuestro establece o ambiente necesario para que o goberno poña en acción a polémica nova lei de seguridade que foi aprobada hai unhas semanas. Esta nova lei outorga á policía un incrible poder, incluíndo rexistros corporais, 48 h de detención e o uso de armas de fogo, que de feito constitúe a base xurídica, das prácticas xa adoptadas pola policía.

Comezando polas persoas que esperaban fronte ao pazo de xustiza, a policía arrestou montóns de persoas en toda Turquía durante os dous días seguintes. O día despois do secuestro, a policía comezou a realizar redadas en diferentes cidades, así como a atacar manifestantes.

A policía detivo máis de 140 persoas en 48 horas – a maioría estudantes universitarios – acusados de ser membros ou apoiar o DHKC. Segundo algúns medios de información a policía detivo xente en Istanbul (102), Antalya (22), Karabük (10), Eskiehir (5) e zmir (5).

A policía bateu un novo record detendo os estudantes que esperaban os seus amigos fóra da comisaria, protestando contra a detención dos seus compañeiros que protestaron contra a violencia policial na universidade de Istanbul.

CBkY39OUsAAmWxh Esta foto compartida nas redes sociais mostra os estudantes sendo forzados a tombarse boca abaixo no chan na comisaría de Vatan durante case unha hora. A policía ameazounos con matalos se se movían, segundo dixo un dos estudantes máis tarde.

Os medios de comuncación tamén se levaron a súa parte do estado de emerxencia creado polo goberno. O fiscal público de Istanbul abriu unha investigación aos xornais Hürriyet, Cumhuriyet, Posta e Bugün por “propaganda terrorista” por publicar a fotografía do fiscal durante o secuestro despois de que o presidente Erdoan emitise unha orde de prohibición de informar nada relacionado co secuestro. Ademais twitter, facebook e youtube foron censurados en Turquía por mostrar imaxes do acontecido.

Istanbul-today-1A mesma noite do 31 de Marzo e os días seguintes houbo moitas protestas en apoio aos militantes do DHKC e de recordo a Berkin Elvan así como enfrontamentos coa policía nas rúas de Istanbul, que foron fortemente reprimidos especialmente no barrio de onde era Berkin, Okmeydan, onde simpatizantes e membros do DHKC saíron ás rúas armados.

Entrevista cos militantes: “Os nosos canóns farán xustiza”

fft107_mf3985369 O 31 de Marzo de 2015 sobre as 12 da mañá, dous militantes do DHKC (Fronte Revolucionaria de Liberación do Pobo) asaltaran o pazo de xustiza Caglayan en Istanbul e tomaran como refén a Mehmet Selim Kiraz, o fiscal do caso de Berkin Elvan. Debaixo publicamos unha entrevista realizada por Ahmet k, un xornalista do xornal Cumhuriyet, aos militantes sobre as 16 h, 3-4 antes de que fosen executados polos equipos SWAT.

Ides rematar a vosa acción? Podeis contarme sober as negociacións que se están a levar a cabo?

A través da nosa conta de Twitter, publicamos os números de rexistro dos policías que apareceron nos arquivos da investigación. Segundo o documento, a Oficina Penal de Seguridade identificou estes tres policías entre os 21 sospeitosos. Comprendemos que estes tres policías pode que sexan os que dispararon a Berkin. O fiscal xa nos deu esta información. Nas negociacións, esiximos que as identidades destes tres oficiais de policía sexan reveladas en emisión en vivo por televisión. Os membros da delegación da negociación dixéronnos que é 99% probable que Berkin fose asasinado por estes policías. Por iso, esiximos que se fagan públicos os seus nomes nunha emisión en vivo por televisión. Examinamos os documentos. Vimos as fotos dos policías sospeitosos. As fotos destes tres policías foron marcadas en vermello de acordo co documento da Oficina Penal. Un ten iniciais G.T. Co número de placa 35… tamén publicamos os números dos outros policías e esiximos a publicación dos seus nomes.

Creeis que se van cumprir as vosas demandas?

Os nomes dos autores eran coñecidos ata agora, pero non foron publicados. Eles serán anunciados e serán levados a xuízo despois do noso intento. Os nomes dos asasinos nos casos de Ali Ismail Korkmaz e Ethem Sarsülük tambien eran coñecidos. Pero xa vistes os resusltados dos xuízos. Os asasinos nunca reciben o castigo necesario. Por iso esiximos que os asasinos deben ir a xuízo e enfrontarse a un xurado popular. E esa é a nosa segunda demanda.

Que pasará se as vosas demandas non se cumpren?

A nosa demanda esta clara. Os nomes deben de facerse públicos nunha emisión en vivo por televisión. Os negociadores deben de cumprir os seus compromisos. Revelade a identidade dos madeiros. E estes oficiais deben de admitir que eles son os culpables. Podemos negociar outras das demandas previamente anunciadas despois de que se cumpra esta. Se as nosas demandas non se cumpren faremos o que dixemos que fariamos. Nós proporcionamos os números de placa dos policías. Queremos que os seus nomes sexan publicados. Podemos rematar con isto despois dos seus nomes sexan revelados. Agora estamos a facer unha entrevista final e dámoslles media hora (ás 19:40). Se non confesan os seus crimes nunha emisión en directo, as negociacións rematarán. Remataremos coa comunicación telefónica e castigaremos o fiscal.

Tamén habeis esixido ao Xefe de Policía e ao substituto de Fiscal Xefe facer un comunicado ao mediodía?

Se, ese comunicado se fixo segundo a nosa demanda. Ao principio deramos 3 horas. Conseguimos contactar coa delegación de negociacións xusto antes do límite. Cando as autoridades prometeron que publicarían os asasinos, dixémoslles que as negociacións continuarían se así o fan. Entón o Xefe de Políca e o substituto a Fiscal Xefe fixeron un comunicado en directo. Ampliamos o tempo. Non tería habido ampliación se non se tivese feito o comunicado.

Hai rumores de que usastes unha identificación de avogado para entrar no edificio e que un de vós é avogado. Como entrastes no Pazo de Xustiza con armas?

Non imos dar explicacións de como entramos aquí. Saberase co tempo, teno seguro. Nese momento, non obstante, non faremos ningún comunicado. Ese tipo de rumores afecta aos avogados. Por outro lado, os avogados xa son un obxectivo en si. Os avogados foron o obxectivo moitas veces neste país. Foron encarcerados e mesmo asasinados só porque defendían os seus clientes. Neste país calquera que está en contra de AKP e do establecido é xa un obxectivo. Non somos avogados senón loitadores de DHKC. Decidimos facer esta acción e intentamos todos os métodos. Vímonos forzados a levar este tipo de acción.

Traerá unha acción armada xustiza?

Os revolucionarios fixeron todo o posible para garantir a xustiza neste país. Ata agora, fixéronse moitos intentos. Os revolucionarios manifestáronse, os avogados premeron. Pero detiveron os activistas en vez de aos asasinos. Lanzáronse investigacións contra eles. Foron torturados. A xustiza só aparece cando os intereses do sistema establecido están en xogo e detén aqueles que esixen xustiza real. Estamos aquí para traer xustiza. Os métodos que usamos e a nosa acción son lexítimos.

Dicides que matareís ao fiscal se as vosas demandas non se cumpren. É isto lexítimo?

Estamos a tratar de ver que isto non suceda. Depende deles o que se cumpran as nosas demandas e se salve o fiscal. Son o seu fiscal e as súas policías. Eses fiscais e policías que protexen o seu sistema. Se os queren ilesos, deberían de cumprir as nosas demandas. Non cremos que o sistema valora a súa propia xente. Son utilizados, desgastados e desbotados. De todos os xeitos, o descanso é a súa preocupación. Non negociaremos mais alá dese punto.

Como está a saúde do fiscal? Podo falar con el?

Non podes falar con el. Pero está en boa condición de saúde. Xa falou con outro fiscal que traballa con el e con outro policía. Dixo que estaba ben.

Tivestedes algunha discusión co fiscal? Hai algúns documentos novos que mostran que fixo algún esforzo en encontrar os autores do caso de Berkin Elvan?

Se, falamos con el. O fiscal trata de defenderse a si mesmo. Cando comprobas o documento, non obstante, só ves as solicitudes dos avogados. Non ves ningún esforzo do fiscal para avanzar na investigación. Coñecemos o progreso do documento ata aquí. Ata agora, os fiscais non o tocaron. Os avogados e as familias buscaron as imaxes das CCTV. Os revolucionarios manifestáronse innumerables veces por iso. Foron detidos. Foron torturados. Non hai nin un só paso dado neste documentos por parte do fiscal. Tamén é obvio de casos similares que a xudicatura non fai nada. O que fan é protexer o estado e os seus criminais. E aquí está o fiscal público que é responsable de que os policías non sexan castigados. Isto tamén llo dixemos a el.

Moitas partes da sociedade xa reaccionaron contra o asasinato de Berkin Elvan. Centos de miles de persoas rebeláronse contra esta inxustiza. Non creeis que a vosa acción quebranta esta base lexítima?

Berkin Elvan era unha persoa normal, pero era o noso neno. Coñeciamos a Berkin. Persoalmente, coñeciámolo do barrio. Criamos a Berkin. Era noso amado, irmán e compañeiro. Non é que millóns de persoas acudisen ao seu funeral por se soas. Revolucionarios manifestáronse durante 360 n días para facer visible esta inxustiza e para crear opinión pública. Houbo moitos mártires durante o levantamento de xuño pero ningún deles tivo un funeral igual. Por suposto, foi importante que Berkin fose un neno, pero tanta xente reuniuse por Berkin grazas ás demandas de xustiza. Como dixemos ao comezo, decidimos levar a bo termo esta acción porque ata agora non se fixo nada. Usamos as canles democráticas para forzar avances. Pero xa que non se fixo xustiza, dixemos que os nosos canóns farán xustiza. A nosa ideoloxía é a nosa lexitimidade.

Turquía, manifestacións e enfrontamentos no aniversario da morte de Berkin Elvan

O 11 de Marzo fixéronse marchas e protestas en toda Turquía, para conmemorar o primeiro aniversario da morte de Berkin Elvan, o mozo de 14 anos asasinado pola policía turca – que o golpeou na cabeza cun bote de gas lacrimóxeno de 850 gramos cando ía comprar pan – durante o levantamento de Gezi Park en xuño de 2013. Berkin permaneceu en coma durante nove meses antes da súa morte o 11 de marzo, cando a noticia provocou unha nova onda de protestas duramente reprimidas pola policía de Erdoan.

Decenas de miles de persoas saíron o 11 de Marzo ás rúas, incluíndo estudantes que organizaron boicots, protestas, sentadas e marchas conmemorativas en moitas universidades e escolas secundarias en Istanbul (onde varias persoas foron detidas mentres mantiñan unha protesta fronte a Gezi Park), Ankara (onde a policía utilizou canóns de auga para dispersar centos de persoas que protestaban contra a violencia policial e detiveron a 11), Eskisehir, Esmirna e Tekirda.

aniversario-berkin-8Enfrontamentos entre a policía e os manifestantes estalaron en varios lugares das provincias de Ankara e Istanbul. A policía utilizou canóns de auga e gas lacrimóxeno para dispersar os manifestantes, arrestando e ferindo varias persoas; os manifestantes responderon con tirafondas, barricadas e lumes artificiais. No distrito de Okmeydani, en Istanbul, onde Berkin Elvan viviu e foi asasinado, os manifestantes romperon as cámaras de vixilancia e as milicias armadas da Fronte Popular manifestáronse nas rúas atacando ás forzas de seguridade con cócteles molotov e balas de lume.

Berkin Elvan foi a vítima máis nova da brutalidade policial nas protestas de Gezi, e pronto se converteu nun símbolo da sublevación de 2013. Ata a data, ninguén saíu culpable nin responsable do asasinato, a excepción do Presidente – entón primeiro ministro – Recep Tayyip Erdogan, ao que se lle recorda por declarar a súa responsabilidade con estas palabras: “Preguntan quen está a dar ordes á policía. Deinas eu mesmo”. Erdoan despois, logo acusou a nai do mozo, Gülsüm Elvan, por deixar bólas na tumba do seu fillo, alegando que se trataba dunha clara evidencia de que Berkin Elvan era un “terrorista”.

DAF: ‘Acción Anarquista Revolucionaria’ – Manifestación en memoria de Berkin Elvan

Berkin Elvan era un rapaz turco de 15 anos que foi golpeado na cabeza cun bote de gas lacrimóxeno lanzado por un policía en Istanbul, mentres o rapaz saía a comprar pan para a súa familia durante as protestas de Gezi Park en Xuño de 2013 en Turquía. Morreu o 11 de Marzo de 2014. As manifestacións estalaron e estendéronse tras a morte de Berkin. Gezi Park continúa fortemente vixiado por policía secreta.

O seguinte é un informe de DAF sobre unha acción levada a cabo para conmemorar a Berkin. Neste video dunha rede social, pódese ver e oir pequenos explosivos e lumes artificiais que se usan contra a policía e crear unha ruptura na cidade.

Este é o seu comunicado:

Acción de DAF por Berkin Elvan

Hai un ano, os asasinos da policía mataron ao noso irmán Berkin Elvan que tiña 15 anos. DAF saíu á rúa no primeiro aniversario da súa morte. Non temos medo dos asasinos. Continuaremos loitando. Policías asasinos, estado terrorista, pagaredes por estes masacres.

Berkin está aquí, nós estamos aquí!

DAF

11037347_815373568498306_7487627062795606522_n No primeiro aniversario da morte de Berkin Elvan, os compañeiros de LAF (Acción Anarquista de Escola Secundaria) tambien despregaron unha pancarta nas escaleiras de Gezi Park. Nela estaba escrito a frase “Berkin presente”. Tiraron pintura vermella nas escaleiras cara ao Gezi Park, berrando “Se o goberno está sedento de sangue, entón tómao”. Os 8 compañeiros foron entón asaltados, atacados e detidos, alxemados ás súas costas.

Deixar un comentario