[Compostela] xoves 9 ás 19:00h. Palestra “O TTIP ou como dar aínda máis poder ás grandes empresas transnacionais” da man de Ricardo G. Zaldívar

18685_907893239262133_2131158324946292970_n Seguen as Xornadas Recuperar soberanía, desarmar o TTIP e mañán xoves 9 ás 19:00h., no Salón da Actos da Facultade de Económicas da USC (Avda. do Burgo, s/n) a sesión estará protagonizada polo presidente de ATTAC en España, Ricardo G. Zaldívar, baixo o título O TTIP ou como dar aínda máis poder ás grandes empresas transnacionais. Adxuntamos nota de prensa de Ecoar))) con toda a información:

Ricardo G. Zaldívar, presidente de ATTAC en España. Profesor na Universidade Carlos III de Madrid, Doutor en Economía pola Universidade de Bilbao e Doutor en Estudos Territoriais e Urbanos pola Universidade de Paris Sorbonne, os seus principais eidos de estudo son a ordenación ambiental, turística e sostibilidade, a ordenación territorial e o planeamento urbanístico a gran escala, as intervencións urbanas, os procesos de participación pública e a cooperación internacional para o desenvolvemento.

As xornadas “Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP”, coas que ECOAR))) pretende “crear un punto de encontro no que informarse e debater sobre os Tratados de Libre Comercio”, desenvólvense no marco das accións globais contra o TTIP que terán lugar en todo o mundo, e que culminarán o día 18 de abril co Global Action Day. Ao longo destas sesións, abertas a toda a cidadanía, analízanse polo miúdo as características, orixe, alternativas e consecuencias dos Tratados de Libre Comercio (TTIP, TISA, CETA,…).

Estes tratados son acordos comerciais internacionais negociados de costas á cidadanía cuxa aprobación suporá o establecemento definitivo dun sistema onde as multinacionais e as finanzas someterán definitivamente a soberanía popular. O TTIP, o CETA e o TISA conformarán o marco legal que blinde o expolio do común por parte do poder económico a costa do esnaquizamento das persoas, os pobos e o medioambiente.

Máis información en http://ecoarglobal.org/ttip/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: