Camiño cara a unha sociedade sen Estado x Miquel Amorós

portada-a52 Recibimos na nosa caixa de correos e enviado polas compas da revista Argelaga (Revista llibertària contra el desenvolupament, que por certo ven de tirar o seu nº 5 da que podedes coñecer acá a súa editorial e máis un resumo dos seus contidos) este artigo de Miquel Amorós publicado orixinalmente (en castelán) no nº 4 de dita revista e reproducido agora à íntegra no blogue de dita revista, e que colamos aquí despois de traducilo:

“Camiño cara a unha sociedade sen Estado”, de Miquel Amorós, recorda o primeiro paso a dar no inicio dun cambio revolucionario: a abolición do Estado. Como ben se desprende das ensinanzas da guerra civil española (1936-1939), nada bo pode esperarse á sombra do Estado, por máis arruinadas que se encontren as súas institucións. O proceso de desestatización non discorrerá polas mesmas canles, pois as condicións actuais son moi diferentes das de entón. A modo ilustrativo, o artigo vai acompañado da chamada ás armas da Comuna de Lyon, intento revolucionario de setembro de 1870 que Mijail Bakunin e os seus compañeiros aliancistas protagonizaron a través dun Comité para a Salvación de Francia.

“A revolución tal como a entendemos terá que destruír radical e completamente dende o primeiro día o Estado e todas as súas institucións”. Bakunin, Programa e obxecto da organización secreta revolucionaria dos Irmáns Internacionais.

Así comezan as revolucións, co derrubamento do Estado. Bakunin, inspirándose claramente na Comuna de París, describía o proceso paso a paso: organización directa da comuna insurrecta, supresión dos cultos e dos códigos xurídicos, armamento do pobo, abolición da propiedade e das institucións estatais. E seguía: proclamación da igualdade económica e política (abolición das clases), chamamento a todas as provincias, comunas e asociacións a seguir o exemplo, federación de todas elas segundo os mesmos principios, extensión do movemento a outras nacións… Como bo discípulo de Hegel, cría no traballo paciente da «vella toupa». Así, as revolucións non eran obra de vangardas, ocultas ou públicas, senón que «nacen de si mesmas, pola forza das cousas, polo movemento dos feitos e os acontecementos. Durante moito tempo incúbanse na profundidade da conciencia instintiva das masas; logo, estalan, aparentemente debido a causas fútiles». A tarefa dos revolucionarios consistía basicamente en reunir os elementos da revolución que se encontraba diseminados, algo así como en amontoar materiais combustibles para un incendio.

A abolición do Estado podía concretarse no fin do sistema de ensino, da sanidade e asistencia públicas, do aparato de xustiza, da burocracia, da policía e do exército, de cuxas funcións se farían cargo as comunas libres e as federacións. Os seus responsables serían nomeados en eleccións. Agora ben, o camiño cara a unha sociedade sen Estado, ou sexa, cara á anarquía, que, de acordo con Bakunin, non é máis que «a manifestación completa da vida popular librada a si mesma», ha de percorrer un gran treito antes de chegar ao punto en que o Estado e o Capital, dúas realidades que son só unha, se debiliten e disolvan por causas internas e externas. O devandito percorrido está marcado pola crise. Se algunha tarefa teñen de ter os que traballan en pro de tal disolución polo ben de toda a humanidade, esta non é máis que a de identificar e dar a coñecer os indicios da devandita crise, co fin de que o suxeito da historia incida nela con maior acerto e faga o que teñan que facer.

toledocnt Onde se forxa ese suxeito?

O suxeito revolucionario constitúese a partir dos antagonismos que xorden e desenvólvense dentro da sociedade capitalista Maniféstanse no terreo da política? Por suposto que non. Ese terreo é propiedade dunha casta usurpadora. Alí todos os antagonismos que xorden son falsos. E nos lugares de produción? Non exclusivamente. A extensión das condicións fabrís ao conxunto da sociedade urbanizada leva o antagonismo Capital-Traballo a manifestarse en calquera parte. O que interesará saber é o sitio onde o capitalismo resulte máis vulnerable, pero ese xa non é o taller ou a fábrica. Menos aínda o é o parlamento. O elo máis débil constitúeno as infraestruturas, os lugares de circulación. O sistema capitalista non é un réxime estático, senón que se acha en perpetuo e acelerado dinamismo. No estadio actual de desenvolvemento, o da produción mundial deslocalizada, a rapidez do intercambio determina a ganancia tanto ou máis que a produtividade. O Estado construtor é o garante e responsable directo do veloz movemento da mercadoría.

A bancarrota do Estado e do réxime económico que representa e protexe, virá pois da esfera de circulación; enténdase circulación de enerxía, persoas, mercadorías e diñeiro. A vella toupa sairá por aí á luz do día. Pero que causas obxectivas orixinarán a súa quebra? Aí entra en xogo o antagonismo que se deriva da explotación ilimitada dos recursos finitos da natureza, principalmente enerxéticos, é dicir, a oposición entre Capital e Territorio, en torno á cal ha de crearse a nova clase subversiva. A circulación, as conurbacións -e en última instancia, o capitalismo- dependen fundamentalmente do petróleo barato e do gas natural, mercadorías que vai rarificarse nos próximos decenios, encarecéndose o transporte e dificultándose o funcionamento da sociedade urbana. O consumo descenderá, xunto coa oferta de traballo; a exclusión estenderase e as áreas metropolitanas volveranse inviables. O crecemento demográfico deterase. E aí é cando entran en xogo as masas axitadas. A loita contra as infraestruturas virará á supervivencia, o que permitirá primeiro a aparición de hortos urbanos e xeradores de enerxía renovable nos edificios arruinados xunto a un esbozo de autoorganización marxinal, e logo, de forma máis xeral, determinará un movemento da poboación cara ao campo.

O antagonismo entre capitalismo e territorio -que ás veces se presenta como conflito entre a agroindustria e a soberanía alimentaria- non é único, aínda que sexa principal, senón que se reforza con outros menores. Por exemplo, o que existe entre a automatización e o emprego, ou o que hai entre as finanzas autónomas e o capital produtivo (que a miúdo se dá entre o crédito e os salarios, ou entre o consumo e a exclusión). Tamén, entre a administración partitocrática e os servizos públicos, etc. As contradicións interactuan, acentuando os efectos críticos. Para a clase dirixente non é cuestión de superalas ou disimulalas, senón de incorporalas á cotianeidade do sistema, convertendo a excepción en norma. A partir deste momento, as crises serán -xa son- a condición normal da sociedade onde reinan condicións turbocapitalistas.

O proceso triplo de exclusión/desurbanización/ruralización significará para as administracións unha diminución recadatoria, e, por conseguinte a contracción do Estado. A falta de financiamento obrigará o sistema a decretar novas taxas inasumibles, e en consecuencia, a proletarizar as clases medias e liquidar o nivel baixo da xerarquía burocrático-política, que é o máis numeroso, tratando de preservar o máis que se poida o aparato represivo. A base social da dominación irase perigosamente estreitando. A resposta histórica da burguesía á crise dos anos vinte do século pasado foi o fascismo; a da crise dos setenta foi a mundialización. A primeira esmagou o proletariado; a segunda, atomizouno. É de supoñer que a próxima teña máis de represivo que de integrador, pois o crecemento económico é bastante problemático e a submisión non está suficientemente asegurada pola masificación. A resposta será eminentemente fascista: empezará cun estado de excepción permanente, apuntalado na derrogación por lei de calquera garantía política e nun sistema punitivo de longo alcance. A mobilización popular permanente ten de volver o inoperante.

Nun contexto de crise enerxética e financeira prolongada, os Estados terán dificultades en nuclearizar e militarizar o mundo co fin de impulsar novamente a economía. A poboación sacrificada, a que queda fóra do mercado, como xa dixemos antes, terá que auto-organizarse a certa escala e, a falta de erario, recorrer a formas de supervivencia á marxe dos circuítos capitalistas. Co tempo, a desestatalización e desmonetarización da sociedade serán a consecuencia final dunha crise múltiple máis que a obra dun suxeito consciente, pero igualmente dará lugar a comunas libres para a solución de problemas inmediatos, ás que só un movemento radical de autodefensa podería consolidar. O elemento obxectivo (as comunas) impulsará á súa vez ao elemento subxectivo, é dicir, ao suxeito (o movemento social). As indicacións ao respecto apuntadas por Bakunin seguen sendo as axeitadas. Non obstante, aínda sen un Estado que moleste, o paso dun réxime capitalista a outro comunista anárquico non se realizará nun só país da noite á mañá, porque, deixando de lado a necesaria internacionalización do proceso revolucionario, fai falta un programa de transición que sería ante todo un programa de desmantelamento. Por outra parte, se as comunas non fosen capaces de organizar a súa defensa, o Estado, aínda que reducido á súa mínima expresión, non morrería, senón que trataría de recompoñerse a través de mafias, partidos armados, señores da guerra e bandas paramilitares nacidos da dispersión do poder. A loita final non será outra.

affiche_premic3a8re_commune_de_lyon_archives_municipales_de_lyon_6fi_6833 FEDERACIÓN COMUNITARIA DAS COMUNAS
(LYON-1871)

A situación desastrosa na que se encontra o país, a impotencia do poder oficial e a indiferenza das clases privilexiadas levaron a Nación francesa ao bordo o abismo.

Se o Pobo organizado revolucionariamente non se apresura en actuar, o seu futuro perderase, a Revolución perderase, todo se perderá. Inspirándose na inmensidade do perigo e considerando que a acción desesperada do Pobo non tería que atrasarse nin un só instante, os delegados dos Comités federados de Salvación de Francia, reunidos no Comité Central, propoñen adoptar inmediatamente as seguintes resolucións:

A maquinaria administrativa e gobernamental do Estado, despois de volverse impotente, queda abolida.

O pobo de Francia entra en plena posesión de si mesmo.

Todos os tribunais do criminal e o civil quedan disoltos e substituídos pola xustiza do pobo.

Suspéndese o pagamento de impostos e hipotecas. O imposto será substituído polas contribucións das comunas federadas, recadadas entre as clases ricas, proporcionalmente ás necesidades da salvación de Francia.

O Estado, vido a menos, xa non poderá intervir no pagamento de débedas privadas.

Todas as organizacións municipais existentes se declararán nulas a todos os efectos e serán substituídas en todas as comunas federadas por comités de salvación de Francia, encargados de exercer todo o poder baixo o control inmediato do pobo.

Cada comité da capital do departamento enviará delegados para formar a Convención Revolucionaria de Salvación de Francia.

A devandita Convención haberase de reunir inmediatamente na casa consistorial de Lyon, por ser esta a segunda cidade principal de Francia e a mellor situada para ocuparse enerxicamente da defensa do País.

A Convención, apoiada por todo o pobo, salvará Francia.

¡¡Ás armas!!!

E-B Saignes, Rivière, Deville, Rajon de Tarare, François Favre, Louis Palin, B. Placeet, Blanc, G. Ch. Beauvoir, Albert Richard, J. Bischoff, Doublé, H. Bourron, M. Bakounine, Parraton, A. Guillermet, Coignet el mayor, P-J Pulliat, Latour, Guillo, Savigny, J. Germain, F. Charvet, A. Bastelica, Dupin, N. Barret.

Unha resposta to “Camiño cara a unha sociedade sen Estado x Miquel Amorós”

  1. […] “Camino hacia una sociedad sin Estado”, de Miquel Amorós, recuerda el primer paso a dar en el inicio de un cambio revolucionario: la abolición del Estado. Como bien se desprende de las enseñanzas de la guerra civil española (1936-1939), nada bueno puede esperarse a la sombra del Estado, por más arruinadas que se encuentren sus instituciones. El proceso de desestatización no discurrirá por los mismos cauces, pues las condiciones actuales son muy diferentes de las de entonces. A modo ilustrativo, el artículo va acompañado de la llamada a las armas de la Comuna de Lyon, intentona revolucionaria de septiembre de 1870 que Mijail Bakunin y sus compañeros aliancistas protagonizaron a través de un Comité para la Salvación de Francia. Publicado en Argelaga 4. En Gallego aquí. […]

Deixar un comentario