[Vigo] Hoxe vennres 3 ás 19:30′.- Roteiro guiado polo Barrio do Cura

Damos pulo a esta convocatoria que nos enviaron dende a plataforma ECOAR))), as organizadoras deste Roteiro Guiado polo emblemático barrio, no marco da campaña Recuperar os Barrios, pola recuperación do patrimonio histórico, arquitectónico e identitario de diversas zonas da contorna.
Dibujo
Hoxe, venres 3 de outubro, partindo desde a Oliveira de Vigo ás 19:30h, terá lugar este roteiro, por suposto aberto á cidadanía, que pretende amosar ás persoas asistentes os tesouros patrimoniais ocultos (ou mellor dito, silenciados) neste barrio, así como as súas posibilidades, deixando tamén claro cales son os plans previstos para o futuro e as consecuencias que este proceso de especulación no que se atopa poderían ter, no tocante á perda de patrimonio, empeoramento da calidade de vida da veciñanza e eliminación de zonas verdes.

Ao remate do roteiro, terá lugar unha actuación das músicas Bea Laborda (cello) e Elena Vázquez (violín).

Esta actividade ten lugar no marco de Recuperar Os Barrios, unha nova campaña de acción e sensibilización cidadá en defensa de distintos barrios e espazos da contorna viguesa. A iniciativa, promovida por ECOAR))), pretende protexer e recuperar o patrimonio cultural, histórico, artístico e natural da comunidade actualmente ameazado por procesos especulativos, así como dignificar a memoria colectiva e as diferentes persoas que o constrúen e o habitan. A campaña terá como protagonistas, nesta primeira fase, o Barrio do Cura e a Panificadora de Vigo, dous referentes da cidade que actualmente son vítimas do abandono, o deterioro e o afán de lucro.

Toda a información sobre esta campaña en www.recuperarosbarrios.eu

Máis información sobre esta plataforma en www.ecoar.eu

PENSA-ORGANÍZATE-ACTÚA

Unha resposta to “[Vigo] Hoxe vennres 3 ás 19:30′.- Roteiro guiado polo Barrio do Cura”

  1. […] ABORDAXE. VENRES 3 DE OUTUBRO DE 2014 […]

Deixar un comentario