[Pontevedra] Cartaz pola defensa da terra e en solidariedade coas presas anarquistas de longa condena

Recibimos este cartaz dun compañeiro de Pontevedra que, segundo nos informa, “estivo a ser espallado pola cidade últimamente e pretende ser unha contribución (tardía) á solidariedade coas presas anarquistas de longa condena, tras un novo 11 de xuño”.

Para descargar en PDF para imprimir facede click aquí. O tamaño axeitado é A-3.

ECOTERRORISTA É QUEN DEVASTA A NATUREZA E A VIDA SALVAXE!

Eucaliptización dos montes, causa da desaparición de especies autóctonas, e incendios forestais provocados para especular cos terreos…

Minas a ceo aberto e pozos de Fractura Hidráulica, matando o chan fértil e envelenando ou esnaquizando cada acuífero…

Autoestradas e Alta Velocidade para asegurar a movilidade frenética de escraves e mercadorías, a costa da seguridade e benestar de todes…

Explotación e mercantilización dos animais, gasto absurdo de recursos…

Cemiterios nucleares baixo terra, patentes nos alimentos, vertedoiros nos ríos…

NON QUEN LOITA PARA DEFENDELAS!

Cada día, soñadoras de todas partes conspiran contra este mundo de miseria e desolación. Acción directa, bloqueos, sabotaxes… son as súas armas para esta guerra.

Algunhas desas persoas remataron presas por negarse a vivir con resignación e desafiar á dominación.

Nós estamos con elas!

SOLIDARIEDADE CON MARIUS MASON E CON TODAS AS PRESAS ANARQUISTAS DE LONGA CONDENA.”

Deixar un comentario