Un touro embiste e mata a un gandeiro no seu cortello de Cospeito

“Desde que teño memoria vexo sempre aos animais
ser tratados como obxectos á nosa disposición;
eu non quero obedecer nin que ninguén me obedeza,
iso marca os meus principios, a miña máis firme convicción

Ver que é a nosa posición, que somos un máis,
que non ten sentido subirse a un altar,
que por honestidade hai que recoñecer
que non somos os únicos en querer…
Querer a liberdade, querer a liberdade,
unha vida e vivir en liberdade.
Querer a liberdade, querer a liberdade,
unha vida e morrer en liberdade.”

  • Estracto (traducido) da letra da canción “Querer la libertad” da banda madrileña de hardcore-punk melódico Duelo.

Segundo informaban hoxe algúns falsimedios da prensa comercial (eu atopei a nova en La Coz), un gandeiro de 31 anos morreu embestido esta mañá por un touro na súa granxa da localidade de Cospeito, en Lugo. O gandeiro estaría cos terneiros (facendo vaite ti a saber que) e o touro, o único exemplar macho adulto da granxa, embestiu por detrás, estampando ao gandeiro contra a parede e causándolle graves feridas. Debido a que, afortunadamente, os servizos médicos tardaron en chegar, o gandeiro non puido salvarse e morría pasadas as 12:00 da mañá.

O gandeiro morto pensaba, segundo o seu pai, mercar pronto outra granxa con outras 40 vacas (que se sumarían ás 30 que xa tiña escravizadas na granxa onde sufriu o ataque). Unha mágoa que agora o diñeiro teña que ir para pagar o funeral.

O pai do falecido, tamén gandeiro, xa informou de que pensa “sacrificar” (asasinar) ao touro. Un desquite típico nestes casos, coma cando, despois de sufrir malos tratos, un can decide morder ao seu “amo”, e o condenado a morte é el. Polo menos, o touro morrerá tendo levado por diante a un dos responsables que lle arrincou a felicidade dunha vida libre a el e á súa familia.

Pola miña parte, só podo alegrarme desta nova e celebrar que por unha vez, un dos moitos asasinos especistas que se refuxian na moral e a cultura antropocentristas para continuar aproveitándose da explotación e sufrimento de individuos doutras especies probase un anaco da súa propia menciña. Xa era hora…

Quen sabe, se cadra agora o pai do falecido se replantea a súa profesión. E se non o fai, só podo desexar sinceiramente que outros touros tomen exemplo.

Agora haberá quen continúe afirmando que os animais non-humanos non poden valorar a súa liberdade e a súa vida e loitar por vingarse daqueles que lles fan dano ou que identifican coma responsables da súa non-vida de encerro e lamento. Dirán que “todo é instinto”, que é “unha reacción inconsciente”, que os animais “non poden pensar ou razonar”. Con todo, o certo é que son moitos os casos en que animais non-humanos loitaron. Animais que se fugan de circos e zoolóxicos, granxas e criadeiros; animais que atacan a domadores, gandeiros, “coidadores”, matarifes e vixilantes; animais que traballan xuntos para liberarse. De feito, ao respecto disto aconsello a lectura do fanzine “Querer la libertad: De fugas y otras negaciones no-humanas contra el encierro” editado pola Distribuidora Anarquista Polaris e que contén unha transcripción da última parte dun traballo máis amplo, o libro “En ese sitio maldito donde reina la tristeza… Reflexiones sobre las cárceles de animales humanos y no-humanos”, escrito e publicado pola Asamblea Antiespecista de Madrid, e que no seu capítulo final recolle varios episodios reais de autodefensa dos animais contra os seus captores. Tamén aconsello botar un ollo ao blogue “Querer la libertad” que precisamente fai un gran traballo recopilando e dando pulo a este tipo de acontecementos.

Polos que fuxiron e agora son libres. Polos que fuxiron e foron recapturados, castigados, asasinados. Polos que se vingaron, polos que morderon, atacaron, golpearon antes de deixarse matar e reducir dócilmente. Polos que deixaron de ser bestias de carga e fixeron da súa raiba unha ameaza.

Ningunha bágoa pola morte dos explotadores!

boi1

A única víctima real e o único heroe desta historia

Deixar un comentario