Un compañeiro preso en Teixeiro solicita apoio fronte ás represalias que está sufrindo por participar na loita colectiva nas prisións do Estado español

InstanciaSMCO compañeiro Sergio Medina Castel, preso no cárcere de Teixeiro, leva participando na proposta de loita colectiva que un pequeno grupo de compañeiros presos manteñen en diferentes cárceres do Estado español, polo menos desde novembro, cando se sumou á folga de fame que fixeron os presos en loita para apoiar axs 15 de Arteixo e ás Nais Contra a Impunidade fronte ao xuízo de represalia por denunciar a morte de Diego Viña no cuartel da garda civil de Arteixo. Xa entón, o compañeiro denunciaba que fora trasladado de cárcere cinco veces nun ano e sufrido malos tratos en todos os cárceres onde estivera e, na maior parte delas, por riba, a contradenuncia dos carcereiros, resultando condenado xa nalgunha ocasión, como di el, “por recibir unha malleira” e con varios sumarios pendentes  por situacións parecidas. Agora, da conta dunha folga de fame de 10 días, do 10 ao 20 de marzo, que realizou en apoio da proposta de loita colectiva e dos principais puntos da súa táboa reivindicativa, enviando as instancias cursadas para comunicala á dirección do cárcere, a Institucións Penais, ao Ministerio de Xustiza, ao Congreso dos Deputados e ao xulgado de vixilancia penal. Tamén nos avisa de que sufriu unha malleira en represalia, un parte disciplinario amañado para xustificala e unha contradenuncia dos boqueras que pode traer consigo unha nova condena; manda o parte de lesións e a notificación do procedemento disciplinario e fai un chamamento de axuda para facer fronte a tan difícil situación. Pide así mesmo que se lle escriba e se lle envíe algo de letura. Non podemos deixar sós aos presos en loita! Defendamos ao noso compañeiro que está a sufrir represalias por reivindicar a dignidade de todas!. Para escribir ao compañeiro:

Sergio Medina Castel

Centro Penitenciario de Teixeiro

Ctra. de Paradela, s/n

15310 Teixeiro-Curtis (A Coruña)

A seguir reproducimos a súa comunicación:

12-III-2017

Estimadxs compañeirxs, o outro día, 8 de marzo de 2017, recibín a vosa carta, e o máis triste de todo é que só sexamos dez presos en loita a activa. Eu aquí mándovos a miña folga e proposta de reivindicacións referentes á ditadura que sufrimos nestes campos de exterminio. Xa van de mans, foi entregar a proposta de folga de fame e, sen xeito nin dereito, sácanme da miña escura cela para meterme outra malleira entre catro carceleros, aplicarme un artigo 72 e, claro, cubríndose as súas costas de que non lles grave ningunha cámara. Pero seguirei a loitar, a protestar ata a última pinga de suor! Resistente! Mándovos as instancias. Tamén quero que publiquedes o que me está pasando: Que non queden impunes! Tamén me gustaría que axudásedes coas dúas denuncias, tanto a de León, que xa vos pasei os papeis orixinais, como a última malleira que sufrín en Teixeiro só por manifestarme nunha folga de fame. Non son máis que catro matóns a soldo do Estado, aguantei patadas, insultos, coaccións… pero non me quitarán as forzas, para o próximo mes volver loitar. Mándovos o parte médico de Galicia, e estou ata os ovos de que, cando me quedan dúas semanas para progresar de fase, métanme malleiras, en todos os campos de exterminio polos que pasei sempre sufrín as súas garras nas miñas costas, pero non me quitarán a ilusión para loitar, reivindicar e propoñer as nosas armas, que non son máis que un boli e un papel. Tamén me gustaría ter a alguén ao meu lado que me poida vir ver, xa que á miña familia téñoa a 600 quilómetros, e non lles conto estas cousas que me están ocorrendo, é máis, só teño aos meus avós por teléfono e como que non é plan contarlles estas cousas. Se me podedes axudar con calquera cousa, agradeceríavolo, só me escribo convosco e estou a pé de canón, son Ácrata, Antitodo, loitador e valente. Poderiádesme pasar algunha dirección da Coruña para escribirme con alguén e ter máis apoio? Grazas, compañeirxs.

Un abrazo libertario e solidario. Estou moi afundido e sen ganas de nada, levo dúas semanas sen falar cos meus avós e a única familia coa que debato estas situacións sodes vosotrxs. Pasade o meu nome e dirección a todxs lxs que me queiran axudar. Agradecido por todo. Saúde e liberdade.

Isto escribino o mesmo día que me quitaron o artigo 72. Volvín á miña cela feito un cascallo, sen ganas de nada. Os compañeiros que viven comigo na miña galería como que non pasara nada e a situación é a seguinte: un mozo en primeira fase xa un ano longo, rulando por varios campos de exterminio, sempre no máis escuro, só, mentindo aos meus aitas (avós) e dicindo que todo vai ben, que pronto estarei fóra do Illamento, agora con outro carceleiro que, despois da malleira, colle a baixa, denúnciame e suma e segue a puta condena. Necesito a alguén que me apoie coa denuncia, xa que me enfronto a outro xuízo con carceleiro. En fin, estou raiadísimo, só, illado, todo o que me poidades axudar agradeceréivolo ao máximo. Na seguinte que vos envíe espero estar algo máis animado e debater algo máis grupal e menos egoísta, pero agora na miña mente rula outra vez a angustia, dor, malleira, soidade, dobre condena… En fin, todo o que fagades levareino no meu corazón oxidado. Eskerrik Asko.

A miña solidariedade con todxs xs que loitan. Sede fortes, romperemos as barreiras, a soidade, só nos queda a liberdade. Ánimo, saúde e abrazos libertarios a todxs xs que loitan nestas duras condicións. Saúdos a todas as organizacións libertarias.

22-III-2017

Despois da malleira que me deron, entréganme un parte disciplinario contando mentiras que eu non fixen, envíovolo. Pero, a verdade, foi escribir a miña proposta de loita e reivindicación (…), o certo é que ás 9:00 do día 10 de marzo entrego ditas instancias e ás 10:00 veñen e sácanme da miña cela: “Salga, Castell”; saio e dinme: “Quen é “carcelero”…? E eu contesto: “No dicionario “carcelero” significa persoa que fai o seu oficio no cárcere”. E empézanme a dar de hostias entre catro, e eu calado, sen queixarme nin dicir “Ah, ah, ah!”, para demostrarlles que o seu golpes de matóns non me desbasten, aínda que, no fondo, si me doían. O caso é que estiven desde o 13 ata o 23 de marzo tomando relaxantes musculares (…), botándome diclofenaco, tirado na cama todo o día das dores que tiña en fin, apalizado pola puta cara, ou chamémoslle “ditadura fascista” onde non cabe a miña liberdade de expresión.

Bo, o día 18 vén a psicóloga, que nunca falou comigo nestes 8 meses que levo, e dime que non podo poñerme en folga de fame con esas cousas, que vou conseguir o que me pasou. Eu non lle falo en ningún momento e dime que por que non falo. Contéstolle que con equipos terapeúticos que non veñen ao búnker en 8 meses, pasamos por xunta e aplícannos o mesmo artigo e vanme a pedir a cunda por recibir unha malleira… “non quero nada de vostede, grazas”. Dígolle se me podo ir, xa que me van a cundar a outro cárcere. Dime: “Vale, pois vete, pero logo non te queixes”. En fin, todo é un puto elo da cadea fascista carceleira.

Vanme a cundar a outro cárcere só por queixarme por escrito, non facer nada e recibir unha malleira.

Gustaríame que me axudásedes coa denuncia neste centro de exterminio chamado Teixeiro.

Durante a folga, non veu o médico nin un día, non me pesaron, non me tomaron a tensión. Estiven 10 días de xaxún polos meus compañeiros, só somos dez, que pena! (…). A vida miña é ler, gústame moito George Orwell – “Rebelión na granxa”, “1984”-, Errico Malatesta, Proudhon, Kropotkin, Bakunin… en fin, teño algo de cultura, pero a pena me entristece vendo ao Bertín, Sálvame e todas esas merdas que absorben o cerebro.

Por certo, sabedes dalgunha asociación que envíe libros aos presos? Mandáronme unha vez un moi guapo que se chama “La hoja áKRAta”, de Madrid. Se sabedes de alguén que mande libros, dicídeme, porque no talego, e máis onde estou, pedín o catálogo e coma se falase coa parede.

Bo, vou despedindo. Calquera proposta grupal, contade comigo. O devandito, vanme a cundar, pero non sei onde, cando chegue, mándovos a miña dirección. Publicade as miñas cousas, grazas.

Mándovos un forte abrazo libertario.

Loita, resistencia, solidariedade, saúde e anarquía!

Fonte: tokata.info

Unha resposta to “Un compañeiro preso en Teixeiro solicita apoio fronte ás represalias que está sufrindo por participar na loita colectiva nas prisións do Estado español”

  1. Una Represalia Más Para El Preso En Lucha Que Denunciaba Malos Tratos En Teixeiro: Tiene Pedida La Conducción A Sevilla
    Publicado por boletintokata el 14 Abr, 2017

    http://tokata.info/una-represalia-mas-para-el-preso-en-lucha-que-denunciaba-malos-tratos-en-teixeiro-tiene-pedida-la-conduccion-a-sevilla/

    Hemos recibido otra carta del Sergio Medina Castel, donde nos dice que ya tiene la conducción pedida a Sevilla y que no le escribamos a Teixeiro, sino que él avisará cuando llegue al sur. Sin embargo, no estaría de más alguna carta dándole ánimos. Aún podría llegarle, si se envía pronto y, si no llega, siempre se puede guardar copia y reenviarla después a Sevilla. En todo caso, no nos olvidemos del compañero Sergio.

    Teixeiro, 6-IV-2017

    ¡¡Estimadxs compañerxs!!

    Recibi vuestra carta el dia 30/3/2017, os he mandado hace poco una carta poniendo mi situación personal, enviándoos las instancias de mi ayuno y tabla reivindicativa, no se si lo hice bien así o dichas instancias hay que enviarlas a algún lado. Bueno, referente a mi situación personal, estoy jodido. Ahora me llevan a Sevilla 2, manteniéndome en primera fase, currándosela de que yo he pegado a dos carceleros. Pero la historia fue que por hacer la huelga y la tabla reivindicativa me dieron un palizón, articulándome en 72. Dos días, tirado como una colilla sin mantas, ni nada, y, despues, con 42 días de aislamiento en celda por esa movida, conducción o dispersión a 800 km de mi familia. Pero seguiré luchando y estaré en contacto con vosotrxs, (…). No me mandéis carta hasta que llegue a Sevilla 2, yo ya os escribo cuando llegue allí, como os mandé una dirección en la anterior carta para que me escribiera la gente, no se la deis, porque es la de Teixeiro y, como os cuento, estaré en Sevilla 2 en una semana o dos como mucho, (…).

    Quiero que publiqueis en el boletin lo que os conte de mi punyo y letra en la anterior carta, las palizas, las torturas, las dispersiones, todo. No quiero que esta puta gente que me llevan apalizando toda la condena queden impunes, quiero denunciar al centro de exterminio de lLeón, tenéis los papeles médicos y, como me pasoó la paliza que me dieron ahora en el agujero de Teixeiro, he estado 15 días sin poderme mover de las ostias que me dieron, tambien os he mandado el parte médico del médico carcelero que me vio. Estoy a tope con vosotrxs iy siempre LUCHA Y RESISTENCIA. No me escribáis más a Teixerio, cuando llegue a Sevilla 2, os escribo una carta diciendo que ya estoy en ese bunker y me mandáis el uúltimo boletín, lo que estáis debatiendo, las direcciones de mis compas. Me voy despidiendo con un fuerte abrazo libertario. Salud.

    Gracias por todo compañerxs, ayudadme con las denuncias de León y Teixeiro. Un abrazo, ya os escribo cuando llegue al sur.

Deixar un comentario