[$hile] Ultima Información: Compañeiros Kevin e Joaquín en prisión preventiva

Colamos (traducido) da Publicación Refractario do resultado do xuízo aos compas acusados da explosión dun artefacto artesanal na Escola de Formación Penitenciaria de Xendarmería e, xa de paso, doutros artefactos que a fiscalía aínda non sabía a quen culpabilizar:

Joaquin e Kevin foron formalizados no 11° Xulgado nunha audiencia de máis de 6 horas onde a fiscalía acúsoulles baixo a lei de control de armas.

O compañeiro Kevin foi formalizado polo atentado explosivo contra Xendarmería onde foi detido, a tenencia de 629 gramos de pólvora atopada supostamente no seu domicilio en San Bernardo e o ataque frustrado á 12° Comisaria

Joaquín pola súa banda foi acusado soamente do atentado frustrado á 12° Comisaria, acción reivindicada por Conspiración Internacional pola vinganza/Célula deflagrante Gerasimos Tsakalos o pasado 29 de Outubro.

Os bastardos da fiscalía sinalaron que a proba para acusar a Joaquín, é que o celular usado como activador da carga explosiva no atentado contra a 12° Comisaria, pertencería nalgún momento a un familiar do compañeiro.

Na audiencia tamén se mostraron cámaras de seguridade de días anteriores onde só podíanse recoñecer siluetas percorrendo o sector, que a ollos da fiscalía serian recoñecementos previos e utilizáronse as visitas que Kevin realizaba ao compañeiro Ignacio, como probas na investigación.

A Fiscalía extasiada armando un novo caso que buscaría involucrar a Kevin, Joaquín e Ignacio solicita un prazo de 10 meses de investigación, finalmente o tribunal outorgou 5 meses.

O indigno fiscal Claudio Orellana, sinalou: “Imos tratar de ter nese prazo, bastante curto consideramos nós, é de esperar unha investigación senón esgotada, o suficientemente avanzada e, evidentemente, se fose do caso e necesario, (imos a) ter que pedir un prazo adicional de investigación”

Os compañeiros serían levados á Sección de Máxima Seguridade do Cárcere de Alta Seguridade.

Solidariedade insurrecta cos compañeiros en prisión!

Nin lei antiterrorista nin lei de control de armas: Abaixo o Estado policial e todas as súas leis!

Deixar un comentario