[Vigo] Nota de Prensa e Comunicado de Ecoar))) para a MOBILIZACIÓN: Galiza, contra os tratados de libre comercio

As compas de ECOAR))) remítennos un seu correo onde dan conte que “con motivo da mobilización central contra o TTIP que terá lugar este sábado en Vigo, no marco da Semana de Acción Global, adxuntamos unha breve nota de prensa con toda a información, e un comunicado un pouco máis amplo, por se o considerárades interesante para unha posible publicación”. Ao que acedemos gostosas:
11065605_998439743540815_5905707576411945307_n
NOTA DE PRENSA
GALIZA, CONTRA OS TRATADOS DE LIBRE COMERCIO
Unha nova mobilización global contra os tratados de libre comercio e inversións.

A cidade de Vigo encabezará, o vindeiro 10 de outubro, as mobilizacións en contra dos tratados de libre comercio que se celebrarán en Galicia, no marco da Semana de Acción Global que terá lugar do 10 ao 17 de outubro en centos de cidades de todo o mundo. Baixo o lema Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais, a manifestación partirá da Praza da Independencia ás 20.00h., e pasará pola Praza de América ata o Parque de Castrelos, onde se rematará coa lectura dun manifesto.

Esta nova movilización terá lugar, simultáneamente, en diferentes cidades de distintos países do mundo, nas que a cidadanía sairá á rúa para mobilizarse en contra do TTIP, CETA, TISA e TPP, e en prol da igualdade, os dereitos sociais e laborais, a defensa ambiental e a democracia real.

Toda a información sobre esta movilización, e sobre a campaña Non ao TTIP Galiza, está disponible na páxina web http://nonaottip.96.lt/, na que quedarán recollidos os principais eventos e datos da campaña, así como os colectivos asinantes da mesma.

COMUNICADO
TRAS O TTIP… O TPP

Esta semana iniciouse co anuncio da aprobación do Acordo Transpacífico de Cooperación Económica (o TPP, polas súas siglas en inglés). Este Acordo abranguerá o 40% da economía mundial e suporá un novo paso á fronte para as grandes multinacionais que pasarán a estar legalmente por riba dos estados.

O TPP, como o TTIP, o CETA e o TISA, forma parte dunha nova xeración de tratados de libre comercio e inversión que se caracterizan fundamentalmente por dous aspectos: dan un poder case ilimitado ás empresas á hora de desenvolver a súa actividade e negócianse de xeito segredo fóra dos marcos de control democrático.

Estes tratados presentan a cara dun capitalismo desbocado ao que todo se lle permite con tal de obter un beneficio económico. Con estes tratados as grandes empresas someten completamente a soberanía popular a través dun marco legal paralelo (os tribunais de arbitraxe inversor-estado, ISDS) no que só poden ser denunciados os estados pero non as multinacionais. Con estes tratados créase un marco onde os dereitos das persoas e o medio ambiente non teñen por que ser respectados se é que poñen algún freo ao beneficio económico.

Pero fronte a estes tratados estamos a ver como se está a artellar un bloque capaz de responder nos distintos eidos a través de diferentes mecanismos e iniciativas, que teñen cada vez máis forza e empezan a dar os seus froitos. A Iniciativa Cidadá Europea Autoorganizada pechouse coa sinatura de máis de 3 millóns de europeos e europeas dicindo “Non ao TTIP nin ao CETA”; o pasado 18 de Abril organizáronse accións descentralizadas e mobilizacións en máis de 700 localidades de todo o mundo en contra dos tratados de libre comercio e inversións; e ademais, a nivel europeo, estanse a organizar unha rede que suma xa máis de 200 concellos que se declaran en contra do TTIP.  Seguindo nesta liña o próximo paso será vindeiro sábado 10 de outubro onde haberá novas mobilizacións en diferentes localidades de todo o mundo nas que se esixirá “Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais”. A esta seguiralle unha semana de accións descentralizadas que terán como colofón final unha gran mobilización en Bruxelas onde confluirán as Euromarchas para presionar ás institucións e poñer sobre a mesa políticas contra o TTIP, a débeda, as medidas de austeridade e a pobreza, así como a favor dos servizos públicos.

Opoñerse aos tratados de libre comercio e inversións, implica continuar facendo fronte ás ideas e formulacións da Organización Mundial do Comercio, que pretende esganar esa parte inalienable das persoas como son os dereitos e a dignidade. Opoñerse aos tratados de libre comercio e inversións supón confrontar radicalmente á explotación insostible da natureza para obter un beneficio económico imposiblemente infinito nun mundo de recursos limitados. Opoñerse a estes tratados implica, en definitiva, apostar porque outro mundo é posible e necesario.

Más información en http://ecoarglobal.org/ttip/

PIENSA-ORGANÍZATE-ACTÚA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: