[Bolivia] Novo fanzine anarquista.- Despertando la Memoria #1

Recollemos de Irakunditxs e publicamos (traducida) esta súa nota; alén colamos (traducido) este texto publicado no fanzine: “Palabras do compañeiro Henry Zegarrundo: Algunhas letras logo de tres anos do golpe represivo en Bolivia”

Despertando la Memoria.pdfRecibimos esta publicación de escritos de compañeiros de diferentes épocas neste territorio, este traballo súmase ás diferentes manifestacións de rebeldía ácrata como mostra de insubmisión malia o golpe represivo.

Despertando la Memoria é unha publicación (a)periódica, situada no presente, pero en conxunción á recuperación das loitas do pasado. O propósito desta publicación é a difusión das experiencias expresadas en loitas visibles e coherentes, construíndo dende eses elementos aportantes a palabra e a acción, o día a día como unha creación e unha práctica individual e colectiva. Ao editar o primeiro número desta sinxela publicación neste 29 de maio de 2015, sostemos a nosa creatividade, imaxinación, loita e vida rebeldes con bríos de non nos render ante os opresores e en solidariedade cos que loitan dende dentro e fóra as prisións.

Neste número (clica acá para descargar publicación):

-29 de Maio
-Palabras do compañeiro Henry Zegarrundo: Algunhas letras logo de tres anos do golpe represivo en Bolivia
-En defensa do TIPNIS: fragmentos dun manifesto indíxena
-Anarquía, Cesáreo Capriles 1922
-Apuntamentos do pensamento de Lisandro Rodas 1930

Palabras do compañeiro Henry Zegarrundo: Algunhas letras logo de tres anos do golpe represivo en Bolivia

Logo de tres anos con días longos e escuros, outros intensos e reconfortantes en diferentes momentos, na prisión, no arresto domiciliario, esa reconfortancia é o nacemento de novas experiencias que axudan a emerxer, a non se afogar no vómito do Poder, experiencias que axudan a que as salpicaduras da democracia non me convertan nun obediente máis.

Pasado o medio día do 29 de maio de 2012, camiñando pola rúa intercéptanme para “facerme unhas preguntas”, alfís de civil dun taboleiro de xadrez no que nunca deixarán de ser os defensores do sistema establecido ao cal pregoan e renden servidume, en nome da opresión e o deber, gardiáns da democracia burguesa coa alma e a mente apresada pola obediencia, a inmutabilidade, a represión, ao final só serán instrumentos de dominación para perpetuar a escravitude nas súas míseras almas. Estou seguro que hai peores que estes, algúns din confrontar o Poder, pero cando están en mans deste, convértense nos seus parvos útiles, outros fan o papel de infiltrados, outros iniciaron unha cazaría de bruxas, tratando de encontrar “responsables” do acontecido, perseguiron, vixiaron domicilios de familiares e próximos de compañeiros, o golpe represivo non só veu de parte do Poder, tamén veu de parte de todos estes infames que se converteron en policías ad honórem. Agora todos estes encóntranse ao outro lado da barricada. Logo da interceptación tratan de “facerme falar”, non me presto para iso, se que non existe posibilidade ningunha de proclamarse en contra do Poder e ao mesmo tempo ser un dos seus lacaios.

A loita segue no encerro, a 9ª Marcha polo TIPNIS chega a La Paz no mes de xullo de 2012, unha pelexa que se confrontou contra as moitas estratexias do Estado/Capital por impoñer a súa mentalidade extractivista, a represión continúa, pero non se retrocede. A vida cotiá muda a unha batalla pola sobrevivencia dos anhelos máis intensos pola destrución do repudiable que se chama autoridade, cada acto de desobediencia, cada momento no que se repoñen as forzas para seguir, cada acto solidario é o hálito que me conecta coa ofensiva mentres a guerra social continúa.

Trasladáronme do cárcere social a esa outra, máis pequena, máis vixiada, máis impositiva, igual de autoritaria, pero ao final ambos os dous cárceres existen, se deixamos que esa existencia se perpetúe nos mesmxs estámonos a poñer os grifóns. Os que estamos en calquera delas podemos optar por someternos ou por rebelarnos.

No encerro tes moi poucas armas para continuar o camiño, pero esas poucas deben ser ben utilizadas, motíns, folgas de fame, comunicados, escritos, a negación a colaborar, calquera achega sempre será unha demostración de insubmisión, de coraxe, de ganas de non caer na normalidade alleante da sociedade. En momentos tan complicados, cando estamos atrapados ao igual que calquera outro animal capturado polo home civilizado, só queda elixir entre ou ser unha infame ou unha anarquista, a convicción é un respiro de aire puro, a derrota é o sometemento que obriga a resignarse á polución, prefiro elixir a primeira, non existen puntos intermedios, a agrisada incerteza sempre levará a actuar de xeito convinte e nada revolucionaria.

Momentos que foron interminables, horas que se detiñan e se poñían contrarias ao desexo de que o tempo transcorra fugazmente, cambia a gaiola, saio ao arresto domiciliario, o castigo ten diferentes matices, fante crer que o sistema xurídico é xusto e benévolo, pero só é o seu xogo, ao final sigo de refén, os cárceres seguen existindo, o Capital segue arrasando. Esa xustiza histriónica protectora da clase explotadora e acomodada segue a súa lenta dirección sen rumbo, pero co obxectivo claro de castigar a quen non se somete, nauseabundos argumentos sérvenlle de soporte, isto está fóra do meu mundo.

Todo Estado é terrorista, porque utiliza a represión para manter o seu estado de dereito, as súas leis, as súas normas, a súa educación, as súas relixións, para advertir que é omnipotente, considéranos o inimigo público, porque o normal é que os cidadáns obedezan amoucados e fieis ás súas normativas, o terror infundido polo Poder está esvaído no pelello das persoas. O inimigo noso non é o ciudano cotián, malia ser obediente e servil, o inimigo é quen intenta arrebatarnos a liberdade de existir sen a súa presenza. Debaixo de todos os entullos causados pola represión é inevitable que sufoquen o lume dos rebrotes que silenciosamente xerminan, é inevitable que rematen coa loita pola liberdade absoluta, é inevitable que nos absolvan da nosa identidade ácrata.

Pola destrución das gaiolas de humanos e animais
Henry Z.A.

Pd. Saúdos indomables a todos os que se manteñen en guerra contra a autoridade e o Poder dende fóra e dentro do presidio, dende a digna clandestinidade. Un abrazo forte para ti compañeira en fuga, esteas onde esteas espero te abracen estas palabras.

Deixar un comentario