[Vigo] Sábado 18 Día de Acción Global contra os Tratados de Libre Comercio e Investimentos.

Informa ECOAR)))

Baner Evento 18 abril “As persoas e o Planeta antes que o Capital!” será o lema baixo o cal se mobilizará a cidade olívica o vindeiro 18 de Abril. Será a mobilización central de Galiza.

A campaña Non ao TTIP, da que forma parte ECOAR))), e na que se integran ademais ADEGA, A Cova dos Ratos, ACOUGA, ANOVA Vigo-Mos, Asemblea de Movementos Sociais de Vigo, BNG, CIG, Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, Democracia Real Xa-Vigo, DesPensa, Entremos na Panificadora, EQUO Galiza, Esquerda Unida, Horta Comunal de Donas, Moeda Social Val Miñor, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Podemos Vigo, RSP-Vigo e TANKOllectif, convoca a toda a cidadanía e organizacións a mobilizarse o vindeiro 18 de Abril. Vigo sumarase aos millóns de voces que sairán ás rúas en decenas de países de catro continentes no Día de Acción Global Contra os Tratados de Libre Comercio e Investimentos baixo o lema “As persoas e o Planeta antes que o Capital!”.

As diferentes accións e mobilizacións son a resposta unitaria e coordinada dunha cidadanía que sente que ten problemas e solucións semellantes perante unha situación actual insostible. Os Tratados de Libre Comercio e Inversións, impulsados pola empresas transnacionais e os gobernos de costas á cidadanía, vulneran os dereitos das persoas e o medio ambiente.

Todas as persoas e organizacións están chamadas a participar na xornada para organizar accións descentralizadas en cada recuncho do planeta baseadas na diversidade táctica das mesmas. As accións buscarán informar, sensibilizar, fomentar a participación e fortalecer a mobilización da xente rumbo a un novo movelo económico e de comercio que funcione para o beneficio de todas as persoas e o planeta.

En Vigo a saída efectuarase ás 20:00 dende a Farola de Urzáiz, descenderá por esta, pasará por Policarpo Sanz e rematará na Porta do Sol coa lectura dun manifesto.

Contacto: nonaottip@gmail.com

Más información en http://ecoarglobal.org/ttip/

PIENSA-ORGANÍZATE-ACTÚA

Unha resposta to “[Vigo] Sábado 18 Día de Acción Global contra os Tratados de Libre Comercio e Investimentos.”

  1. […] [Vigo] Sábado 18 Día de Acción Global contra os Tratados de Libre Comercio e Investimentos. […]

Deixar un comentario