Campaña NON ao TTIP: Asina, Ciberactua,…

Dende ECOAR Vigo fanos chegar por correo o contido desta Campaña cibernética à que damos pulo:

Dibujo3Este xoves 11 de decembro a campaña #NOaoTTIP vai dar un empurrón para conseguir aumentar o número de firmas contra o TTIP en Europa e no Estado español. O xoves 4 de decembro alcanzamos 1000000 de firmas (si, un millón) contra o #TTIP en Europa e regalámosllas ao Jean-Claude Juncker, presidente da Comisión Europea. A campaña de firmas busca ademais conseguir que 7 países superen o 100% da cota asignada de firmas para levar a cabo unha Iniciativa Cidadá Europea (unha especie de ILP europea). Finlandia, Austria, Alemania, Reino Unido e Eslovenia xa o conseguiron. Francia, Holanda, Luxemburgo e Francia están preto de alcanzalas. No Estado español conseguimos o 67% da cota e estamos a unhas 13200 firmas do 100%. Por iso hoxe imos facernos soar as redes, para dar outro paso adiante dicindo alto e claro: NON ao TTIP nin ao resto de tratados antisociais e inxustos que nos queren impoñer dende a Unión Europea, como o CETA ou o TISA

É por iso que vos animamos a participar na recolla de sinaturas que se está a levar ao cabo e á que podedes acceder no seguinte enlace. Porque dende ECOAR))) xunto con outras organizacións, queremos apelar ás institucións da Unión Europea e seus estados membros a que suspendan as negociacións do TTIP e que non asinen o Acordo Económico e Comercial Global (CETA) co Canadá.

A Unión Europea e Estados Unidos, en absoluto segredo e de forma urxente, están negociando un tratado de libre comercio chamado TTIP (siglas en inglés de “Tratado Transatlántico de Comercio e Investimento”)

Que queren conseguir con este tratado secreto?

O principal obxectivo deste tratado é a eliminación das barreiras regulatorias que limitan os beneficios económicos das empresas transnacionais aos dous lados do Atlántico.

Con todo, estas ‘barreiras’ son as que protexen e regulan os nosos dereitos sociais e ambientais.

Que está en xogo?

-Restrición de transxénicos.

-Regulacións sobre o uso de sustancias químicas tóxicas no agricultura.

-Fracking.

-Leis de proteción da privacidade en Internet e a protección dos nosos datos.

-Liberalización dos servizos públicos como sanidade, educación, seguridade e auga.

Que vai pasar?

A menos que presionemos para parar este tratado, a súa ratificación conlevaría a perda de importantes dereitos adquiridos nas longas loitas democráticas e dos intereses sociais da cidadanía da Unión Europea e os Estados Unidos, así como do resto do mundo.

E que podo facer eu?
Podes actuar contra o TTIP de varios xeitos: de forma virtual, presencial e/ou ambas.

Dibujo

Dibujo2

Deixar un comentario